Blogging tips

26 abr 2011

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

O 23 de Abril celebramos o DÍA DO LIBRO a nivel internacional. A orixe deste día remóntase a 1930. O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes e Shakespeare. Tamén nesta data naceron ou morreron outros escritores eminentes como Maurice Druon, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, é unha data tan simbólica para a literatura universal e foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a irreemplazable contribución dos creadores ao progreso social e cultural.
Hoxe Martes, día 26, en que voltamos ás aulas despois das vacacións de Semana Santa, todos os ciclos participamos en distintas actividades na biblioteca do cole para rendir a nosa particular homenaxe ao LIBRO.



13 abr 2011

UNS CONTACONTOS MOI ESPECIAIS...

Todas as semanas, cada neno e nena de 4º de Primaria prepara un conto para contárllelo a un nen@ de Infantil na biblioteca do cole. Fano con moita ilusión e póñenlle moitas ganas.
Ós nenos/as pequenos encántalles este momento de lectura e agradéceno moitísimo.
Mirade que ben o pasan!

Mirade que ben o pasan!

INAUGURAMOS A NOSA BIBLIOTECA!

O 11 de Decembro de 2009 fixemos unha gran festa, xa que inauguramos a nova BIBLIOTECA do noso cole! Por fin puidemos dispor dun servizo de empréstito informatizado co programa Meiga e fixéronnos entrega a todos os nenos e nenas dun carné chulísimo persoalizado.
A biblioteca, dende aquela, mudou moito e pronto poderedes ver o bonita que está quedando e todas as actividades que se levan a cabo nela.
Non deixedes de visitarnos!