Blogging tips

26 oct 2011

HORA DE LER

Tódolos días, despois do recreo adicamos 20 minutos á lectura silenciosa. Collemos os nosos libros favoritos e disfrutamos lendo os libros que máis nos gustan. Sempre cumprimos a norma de ler en silencio, e por si alguén se despista, colgamos na porta este cartel.



Algunhas clases na hora de ler

24 oct 2011

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas Escolares. As bibliotecas son lugares de encontros e convivencia, espazos de aprendizaxe e contacto gozoso coa cultura escrita, oportunidades para soñar e imaxinar, apoio para a addquisición de competencias básicas e construción de coñecementos de calquera tipo...e moitísimas cousas máis.
No noso centro fixemos unha especie de concurso de marcapáxinas con slogans basados na educación para a Paz e a Tolerancia (tema a tratar este ano), no que cada aula elixiu os dous mellores marcapáxinas feitos polos seus alumnos e alumnas. De todos os seleccionados sairá  o slogan deste curso académico.
Nas seguintes imaxes pódense ver algúns deles, e moi en breve xa os poderemos ver todos.