Blogging tips

19 dic 2012

COMO PREPARAMOS "RECITANDOCELSOEMILIO"


Homenaxe Celso Emilio Ferreiro avi from ceip sobrada on Vimeo.

Resultou moi enriquecedor o traballo conxunto de todo o colexio. O video é unha montaxe que recolle a preparación da homenaxe por parte de cada un dos niveis educativos do noso centro.

Escollemos a seguinte frase como desexo dun bo aninovo, dende os equipos da Biblioteca Escolar e de Normalización e Dinamización Lingüística:


PORQUE ME GUSTA DICIR:

FALAR, LINGUA, GALEGA...

14 dic 2012

CENTENARIO DE CELSO EMILIO FERREIRO

Co gallo do centenario de Celso Emilio Ferreiro, o 12 do 12 do 2012 e ás 12 horas, o alumnado do noso cole homenaxeou ó escritor galego recitando.





CENTENARIO DE CELSO EMILIO FERREIRO from ceip sobrada on Vimeo.

BOLETÍN ESPECIAL DE DECEMBRO



COMO NON SÓ SE TRATA DE ALIMENTAR O CORPO, NESTAS DATAS RECOMENDAMOS UNHA CESTA DA COMPRA LITERARIA.

"CONSUMIR CULTURA É SAUDABLE" 



10 dic 2012

TRABALLOS DO ALUMNADO SOBRE POEMAS DE CELSO EMILIO

Aquí vos deixamos dous videos, nos que o noso alumnado traballou dous poemas: "AGARDAREI" e "MORAIMA", que amosan a carga de afectividade da obra de Celso Emilio Ferreiro.






6 dic 2012

O CEIP DE SOBRADA SE SUMA A HOMENAXE "RECITANDOCELSOEMILIO" CONVOCADO POLA COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÖN E DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

O 12 do 12 do 2012, a través das actividades programadas e elaboradas conxuntamente polos ENDL e Biblioteca, levaremos a cabo unha homenaxe a Celso Emilio Ferreiro, que neste ano que está a finalizar cumpliría 100 anos.
Esta actividade ten moitos centros de interese:


  •  Achegar ó alumnado a personalidade e a obra deste grande escritor galego do S.XX.
  •  Darnos conta da vixencia do seu legado literario, xa que nestes momentos que vivimos, a súa obra se
  •  revitaliza dotandoa dunha realidade extrema.
  •  Traballar de xeito cooperativo, aportando entre todos os niveis educativos aquelo que podemos.
  •  Sumarnos a un acto da comunidade educativa de toda Galicia, que plantexa o tipo de modelo  educativo que queremos.





4 dic 2012

DE CONSUMIR A CONSUMIDOR RESPONSABLE

Aquí vos deixo este divertido vídeo para que todos e todas reflexionemos un pouco sobre a importancia de ser consumidores responsables.


23 nov 2012

MOCHILAS VIAXEIRAS

XA ESTÁN EN MARCHA AS MOCHILAS VIAXEIRAS

           Con material bibliográfico e audiovisual para toda a   familia.
                Quince días para compartir xogos, pelis e lecturas.
                     Tamén para o profesorado.

       Espero os vosos comentarios e suxerencias.
     
             
                                                    Vista previa 
         
 

21 nov 2012

MUTCH BETTER NOW, UNHA CURTA DE ANIMACIÓN

Esta preciosa curta de animación conta a historia dun marcapáxinas que se libera dun libro e descubre...


Adiante! Dalle o play se queres saber que pasa e non perdas ningún detalle do que acontece.


20 nov 2012

DÍA UNIVERSAL DO NENO E DA NENA

O día 20 de novembro de 1959 a Asamblea Xeral de Nacións Unidas aprobou a DECLARACIÓN DOS DEREITOS DO NENO. Ningún goberno ou nación pode negar estes dereitos e ninguén pode atentar contra eles en ningunha circunstancia...

19 nov 2012

Comeza a andaina do boletín "Fálao"

Neste curso iniciamos a elaboración dun boletín mensual ó que lle puxemos por título FÁLAO!.
Tratamos de fomentar o uso do galego e aumentar o vocabulario do tema transversal no noso idioma.
Este mes como podedes ler, o vocabulario trata das comidas do día.


16 nov 2012

BOLETÍN DE NOVEMBRO

 Este é o segundo boletín.
Continuamos coa formación de usuarios. Este mes, para poder traballar na búsqueda de información, imos coñecer un pouco mellor como están catalogados os libros e a súa ubicación.
Esperamos que vos sirva de axuda!



6 nov 2012

SESIÓN DE CONTACONTOS o día das bibliotecas

O pasado 24 de outubro todos os ciclos visitamos a nosa biblioteca e disfrutamos escoitando un conto moi especial, titulado: "LA BIBLIOTECARIA DE BASORA", baseado nunha historia real que sucedeu en Irak: A historia de Alia Muhammad Baker, unha bibliotecaria que loitou por salvar o valioso fondo da biblioteca durante a invasión de Irak e que nos lembra que, no mundo enteiro, o amor pola literatura e polos libros non teñen fronteiras.

Ademáis, o AXEXO, mascota da nosa biblio, agasallounos cunha carpeta para que teñamos sempre presente información sobre a nosa biblioteca.

Aquí tedes algunhas fotos da conmemoración deste día: 

5 nov 2012

DÍA DA CIENCIA

     


Este martes 6 de novembro, convírtese no día central da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego.

É importante dar visibilidade a este tipo de eventos para que o alumnado sexa quen de usar e de escoitar o uso do noso idioma en diferentes ámbitos.

Si vos metedes na páxina da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, poderedes dispor de moitos enlaces a recursos que vos poden servir neste día, ou noutro calquera no momento en que o necesitedes e dispoñades de tempo, que xa sabemos que andamos todos un pouquiño apretados.

Para non ter que buscar moito aquí vos mando un enlace que pensó vos pode gustar, porque é moi fácil de realizar. Tamén para pensar sobre a ciencia e a tecnoloxía:


Tamén este fantástico blog, feito por alumnado de secundaria:



Como podedes ler no cartaz, este ano académico adícase a Leonardo da Vinci e ó galego Ramón Verea.

Do primeirop pouco hai xa que dicir, porque era un  “auténtico home do Renacemento” que andaba á procura da unidade no saber.

Do segundo, increíble, un auténtico precursor da calculadora e sí galego, se tedes un ratiño lede, lede e na clase de matemáticas lle podedes contar algo sobre este “GALEGO” entre tantos outros xenios da NOSA TERRA.


No segundo ciclo de E.P, aproveitando unha saída a unha adega, ímos realizar un par de experimentos co alumnado. Contamos de gravalos, fotografíalos e compartilos con vos, por se poden ser de utilidade

Bueno, todas son suxerencias, porque para mín, o traballo dun ENDL é “PROPOÑER EN GALEGO”.

Espero que vos teñamos axudado con esta pequena aportación:

                               ENDL do CEIP DE SOBRADA
                                                      

A noite das mudanzas, outro dos libros liberado


Acabamos de recibir outro correo dun libro liberado. Chega dende Vigo e dí así:

Bos días:


O meu nome é Lía. Son una nena de 5 anos que vive en Vigo. A miña tía María
deume o libro *?A noite das mudanzas?* para que os meus pais mo leran polas
noites. Xa fai uns meses que mo deu.


Quérovos pedir desculpas por telo tanto tempo na miña casa, a verdade e que
teño un montón de libros (os meus pais me leen bastante), así que o libro
estivo mesturado entre eles. E cada vez que saia a relucir, eu non quería
darllo a ninguén. A verdade é que gustoume moito, por dous motivos::


1º Porque é en galego. Só teño 3 libros en galego (agora voume quedar só
con dous), e gústame moito o galego. Os meus pais non falan Galego, pero no
cole me ensinan un montón de palabras en galego, e me parecen moi
divertidas. A que máis me gusta é bolboreta.


2º Porque é un historia divertida. Méxome de risa cada vez que vexo o
granxeiro durmindo na caseta do can.


Onte a noite leume o libro por última vez, díxome que vai levar o libro
pra filla dun compañeiro do traballo. Só espero que ela non o teña tanto
tempo coma eu, e o pase moi ben co libro.

Por último darvos as grazas polo libro, e desexo que viaxe moi loxe.

Un bico

Lía

Grazas a Lía e a súa familia por colaborar enviando esta mensaxe tan emotiva.


29 oct 2012

QUE VEN O SAMAÍN!

Nestes días nos que as cabazas saen ó camiño, faise indispensable lembrar ós rapaces e rapazas a orixe CELTA desta festividade. Era o momento no que as boas temperaturas, deixaban paso ó frío. Era o tempo da recolección e do convite ou ofrenda ós que xa non estaban entre nos. É unha boa época do ano para traballar o sentimento do medo, todos xuntos, ó carón dos maravillosos libros que nos ofrecen diversas editoriais, cunhas logradas ilustracións e incluso con animacións, ás veces profesionais e outras non tanto, pero igual de divertidas. Vos deixamos algunhas das que máis nos gustan.

CARNÉS EXTERNOS


XA PODEDES SOLICITAR O CARNÉ  DA BIBLIOTECA DO CENTRO.

                                               
Os pais/nais, irmáns maiores,  familiares, veciños… podedes disfrutar dos recursos da biblioteca ( libros, revistas, ordenadores con conexión a Internet, material
audiovisual …) tódolos luns e mércores de 16:30 a 18:00.

Podedes solicitalo entregando no centro esta ficha e unha FOTO tamaño carné.

NOME..............................APELIDOS...........................................................................
DNI.............................................Data de nacemento.....................................................
Enderezo....................................................................................................CP................
Tfnos.............................................                              .....................................................

Tipo Lector :       Ex-alumnos        Pais/nais        Público externo (veciños, familiares...)
(selecciona)

27 oct 2012

De regalo, UNHA CARPETA


   O día das bibliotecas escolares deixéivos  un regalo: UNHA CARPETA para gardar os BOLETÍNS INFORMATIVOS que cada mes vou deixar a todo o alumnado do cole.

   Aprenderemos a coñecer un pouquiño mellor o funcionamento da biblioteca para formarnos como usuarios e  educarnos empregando adecuadamente os fondos documentais cos que contamos.

   A carpeta transparente podedes gardala dentro da carpeta de préstamo, para poder levala tamén a casa e a vosa familia  poida  estar informada.

Ah!!!! e de paso,  non perdela e tela sempre a man.

 Non esquezades que ten que durar moito tempo.

                                                                                                    Vista previa
O primeiro boletín


22 oct 2012

A BIBLIOTECARIA DE BASORA, UN LIBRO DE JEANETTE WINTER


                                                        

JEANETTE WINTER 
escribiu moitos libros ilustrados
que foron eloxiados, tanto polos seus textos, baseados moitos en temas comprometidos da vida real, como polas  ilustracións.


                                        

Os seus pais emigraron de Suecia aos Estados Unidos e establéronse en Chicago, onde naceu.
Agora vive en  Nova York.

Ademais de "A BIBLIOTECARIA DE BASORA" tamén é autora e ilustradora destes libros, todos inspirados en historias reais de distintos lugares do mundo.

Fixádevos ben, seguro que coñecedes algún....


                  la escuela secreta de nasreen, una historia real de afganistan-jeanette winter-9788426138088                   



 JEANETTE WINTER pensa que o impulso para escribir, para pintar, para bailar ou para cantar ven do mesmo lugar e que só temos que atopar o camiño para cumplir o noso soño.


Con Alia Muhammad Baker, a bibliotecaria de Basora

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES



Este mércores día 24 é O DÍA DAS BIBLIOTECAS. Con este motivo realizaremos unha actividade de contacontos para todos os nenos e nenas do centro. O libro escollido é "A bibliotecaria de Basora". É unha fermosa historia basada nun feito real acontecido durante a guerra de Irak.

Cando escoitedes o conto e vexades o video que o acompaña nos esquezades esta frase:

 "As bibliotecas e os libros estreitan lazos de amor e amizade ata nos momentos máis difíciles"







17 oct 2012

KALANDRAKA


                                                          

Kalandraka acaba de obter o PREMIO NACIONAL AO MELLOR LABOR EDITORIAL 2012, concedido polo Ministerio de Educación e Cultura.

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte vén de concederlle a KALANDRAKA o Premio Nacional á Mellor Labor Editorial Cultural 2012 polo “compromiso coa literatura infantil, destacando o coidado dos textos, xunto coa calidade da ilustración e a adicación a xéneros máis complexos como a poesía”, calificando a editorial como “un referente en España e no estranxeiro”. É a primeira vez que unha editorial especializada en Literatura Infantil e Xuvenil recibe este galardón.



8 oct 2012

LIBRO LIBERADO

Estes días chegou ao correo electrónico do cole unha mensaxe EMOCIONANTE, moi EMOCIONANTE. 

Enterámonos de que Isabel de Salamanca atopara un libro nun lugar moi especial.

Pola información que levaba descubriu que saira da biblioteca do noso cole cando fixemos a actividade do libro liberado. 

Se queredes saber como viviu esta aventura lede a mensaxe que nos enviou.

Hola!
Me llamo Isabel y soy de Salamanca. Por casualidad encontré un libro llamado "El viaje de Babar" en La Honfría, un bosque de castaños y acebos que hay en la provincia de Salamanca.

Y a pesar de que no hablo gallego, entendí más o menos lo que decía en la
portada, así que lo llevé a casa y se lo leí a mis dos niñitas pequeñas,
que disfrutaron mucho con las aventuras de Babar y su mujer y que
además se quedaron alucinadas por el hecho de que nos hubieramos
encontrado un libro de aquella manera tan mágica.
Con el verano por el medio, olvidé el libro y el otro día colocando cosas
en casa lo volví a encontrar, así que después de leerlo una vez más,
decidimos que era hora de entregarlo a otra persona.

Por eso, hoy cuando fui a trabajar, lo dejé en la mesa del centro donde
trabajo, un IES de Plasencia, en la provincia de Cáceres, y mirando de
reojo ya vi que alguien lo recogió.

¡Espero que lo disfrute como lo hemos hecho en mi familia!

Un saludo y muchas gracias por una iniciativa tan simpática.

Isabel
                                              
Grazas Isabel pola túa mensaxe e por permitir que este libro siga viaxando.

CURSO 2012/2013

EDUCACIÓN PARA A SAÚDE E O CONSUMO

Ola amigas e amigos!!!
Comezamos un novo curso e con él, de novo queremos que veñades moito á biblio e "cosumades" moitos contos e historias... xa que devorar libros, xa sabedes que sempre é bó para a saúde, sobre todo para a saúde do cerebro e para o crecemento como persoas.

Aquí vos deixo unha pequena historia:"Argine", un exemplo do importante que son os libros para que os nen@s incentiven a súa imaxinación creando mundos novos...

          
                          



11 jun 2012

URUGUAI

Desta vez aprendemos de Uruguai. Silvia Olivero é uruguaia e nai dun alumno do noso cole. 
Falounos do seu país, da súa gastronomía, costumes, música, etc. 
Co alumnado de 2º ciclo fixo uns Alfajores coa súa posterior degustación. 
No apartado musical, todo o alumnado de 2º ciclo construiu unha especie de tamborciño co que tentaron imitar un tipo de música tradicional uruguaia, o Candombé.

DÍA DOS AVÓS

Outra actividade das xornadas culturais deste ano foi a visita dos avós e avoas do alumnado do colexio. Previamente os nenos e nenas fixéronlles un debuxo e escribiron uns textos nos que dicían o que significaban para eles os seus avós e avoas. O alumnado de 5º e 2º realizaron unha obra de teatro conxunta para esta visita. Como remate, todo o colexio cantou e representou a canción "Me gustaría enseñar al mundo a cantar". Podedes ver algunhas fotos do evento facendo clic en FOTOS.
OS NETOS ÓS AVOS por ceipsobrada Canción representada e cantada por todo o colexio.

CONTANDO CONTOS NA LINGUAXE DE SIGNOS

O martes 29 tivemos a visita de Toño e Raquel que viñeron a ensinarnos como se comunica a xente con problemas de audición. Ó alumnado de infantil e 1º ciclo contáronlles o conto da "Xoaniña Rosmona", e ó alumnado do terceiro ciclo contáronlles o "Camaleón camaleónico". Foi un pracer disfrutar con vós.
MOI AGRADECIDOS. O camaleón camaleónico. A xoaniña rosmona.

COLOMBIA

Desta vez o alumnado de 1º e 3º ciclo recibiu a visita dun familiar de Colombia. 
Ensinounos como era o seu país, falounos de persoas importantes colombianas e, como non, conotounos un pouquiño como eran as súas costumes e a súa cultura. 
Estámoslle moi agradecidos por poder compartila con nós.

28 may 2012

CANTACONTOS SUSA HERRERA



O mércores 23 o alumnado de infantil e primeiro ciclo tivo a sorte de asistir a unha sesión de CANTACONTOS de Edelvives levada a cabo por Susa Herrera. Actividade programada dentro das Xornadas Culturais deste ano.


SUSA HERRERA-Cantacontos por ceipsobrada

CONTACONTOS KALANDRAKA

O pasado mércores día dezaseis o alumnado de infantil e primeiro ciclo tiveron a visita de Olaia e Marc, contacontos e ilustrador da editorial Kalandraka. Esta actividade enmárcase dentro das Xornadas Culturais deste ano.

17 may 2012

VALENTÍN PAZ ANDRADE

Este curso investigamos a vida e a obra de
Valentín Paz Andrade,
escritor homenaxeado este ano nas Letras Galegas.

Os carteis que aparecen neste vídeo foron elaborados polo alumnado e profesorado deste centro para participar no concurso de Normalización Lingüística da Consellería de Educación.

Esta presentación resume en imaxes a vida e obra deste home polifacético que ademais de literato e xornalista, foi empresario, político e poeta.




Coa documentación que atopamos elaboramos esta guía didáctica para afondar na traxectoria de Valentín Paz Andrade.


14 may 2012

IV feira do libro usado



O mércores 16 de maio inauguramos a FEIRA DO LIBRO USADO.
Se estades interesados/as nalgún libro, xa sabedes, podedes mercalo en horario de recreo.
Os prezos non están nada mal, así que..., se tedes algún céntimo aforrado xa podedes empezar a busca dalgún libro interesante.

HAI LIBROS PARA TODAS AS IDADES E GUSTOS!

FAMILIAS: ANIMÁDEVOS A VISITALA!

Os encargados da BIBLIOTECA estarán preparados para atendervos.

5 may 2012

O BIBLIOBURRO, UNHA HISTORIA DE CONTO NA BIBLIOTECA

Celebramos o día do libro cunha actividade de animación á lectura, co libro O BILIOBURRO

Para que entenderamos ben a historia achegámonos a América e a Colombia, que é donde se desenvolve esta actividade SOLIDARIA.


A profe Esperanza fixo de CONTACONTOS e dramatizou esta maravillosa historia utilizando como soporte unha  paisaxe cun longo camiño que percorrían dous burros que son os protagonistas animais deste conto: ALFA e BETO.



Tamén puidemos ver unha reportaxe de Youtube que nos falaba do protagonista desta historia: Luis Soriano, un mestre preocupado polos nenos e a cultura.



Para rematar descubrimos outros tipos de bibliotecas ambulantes:

BIBLIOCICLETA EN INDONESIA


BIBLIOBARCO EN BANGLADESH



 BIBLIOCAMELLO EN KENIA


ARMA DE INSTRUCIÓN MASIVA EN BUENOS AIRES



O TEMPO QUE DUROU A SESIÓN NON DEIXAMOS DE SORPRENDERNOS