28 may 2012
CANTACONTOS SUSA HERRERA
O mércores 23 o alumnado de infantil e primeiro ciclo tivo a sorte de asistir a unha sesión de CANTACONTOS de Edelvives levada a cabo por Susa Herrera. Actividade programada dentro das Xornadas Culturais deste ano.
SUSA HERRERA-Cantacontos por ceipsobrada
CONTACONTOS KALANDRAKA
O pasado mércores día dezaseis o alumnado de infantil e primeiro ciclo tiveron a visita de Olaia e Marc, contacontos e ilustrador da editorial Kalandraka. Esta actividade enmárcase dentro das Xornadas Culturais deste ano.
17 may 2012
VALENTÍN PAZ ANDRADE
Este curso investigamos a vida e a obra de
Valentín Paz Andrade,
escritor homenaxeado este ano nas Letras Galegas.
Os carteis que aparecen neste vídeo foron elaborados polo alumnado e profesorado deste centro para participar no concurso de Normalización Lingüística da Consellería de Educación.
Esta presentación resume en imaxes a vida e obra deste home polifacético que ademais de literato e xornalista, foi empresario, político e poeta.
Coa documentación que atopamos elaboramos esta guía didáctica para afondar na traxectoria de Valentín Paz Andrade.

14 may 2012
IV feira do libro usado
O mércores 16 de maio inauguramos a FEIRA DO LIBRO USADO.
Se estades interesados/as nalgún libro, xa sabedes, podedes mercalo en horario de recreo.
Os prezos non están nada mal, así que..., se tedes algún céntimo aforrado xa podedes empezar a busca dalgún libro interesante.
HAI LIBROS PARA TODAS AS IDADES E GUSTOS!
FAMILIAS: ANIMÁDEVOS A VISITALA!
Os encargados da BIBLIOTECA estarán preparados para atendervos.
5 may 2012
O BIBLIOBURRO, UNHA HISTORIA DE CONTO NA BIBLIOTECA
Celebramos o día do libro cunha actividade de animación á lectura, co libro O BILIOBURRO
Para que entenderamos ben a historia achegámonos a América e a Colombia, que é donde se desenvolve esta actividade SOLIDARIA.
A profe Esperanza fixo de CONTACONTOS e dramatizou esta maravillosa historia utilizando como soporte unha paisaxe cun longo camiño que percorrían dous burros que son os protagonistas animais deste conto: ALFA e BETO.

Tamén puidemos ver unha reportaxe de Youtube que nos falaba do protagonista desta historia: Luis Soriano, un mestre preocupado polos nenos e a cultura.
Para rematar descubrimos outros tipos de bibliotecas ambulantes:
BIBLIOCICLETA EN INDONESIA
BIBLIOBARCO EN BANGLADESH
BIBLIOCAMELLO EN KENIA
ARMA DE INSTRUCIÓN MASIVA EN BUENOS AIRES
O TEMPO QUE DUROU A SESIÓN NON DEIXAMOS DE SORPRENDERNOS
LIBROS PARA COMPARTIR
O DÍA DO LIBRO TIVEMOS A PRESENTACIÓN DE MOITAS NOVIDADES.
Ao rematar a sesión do contacontos, todo o alumnado puido seleccionar un libro das novidades para levar á aula e facer unha lectura compartida.
Este espectacular cartel explicaba o proceso.
"Temos libros de moitos lugares, de moitas cores, de moitas xentes, de moitas cousas, de moitas emocións, de moitos xeitos, de moitos casos..."
NON HAI DÚBIDA DE VOS GUSTA LER, OS LIBROS DESAPARECERON COMO POR ARTE DE MAXIA !!!!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)