Blogging tips

11 jun 2012

URUGUAI

Desta vez aprendemos de Uruguai. Silvia Olivero é uruguaia e nai dun alumno do noso cole. 
Falounos do seu país, da súa gastronomía, costumes, música, etc. 
Co alumnado de 2º ciclo fixo uns Alfajores coa súa posterior degustación. 
No apartado musical, todo o alumnado de 2º ciclo construiu unha especie de tamborciño co que tentaron imitar un tipo de música tradicional uruguaia, o Candombé.

DÍA DOS AVÓS

Outra actividade das xornadas culturais deste ano foi a visita dos avós e avoas do alumnado do colexio. Previamente os nenos e nenas fixéronlles un debuxo e escribiron uns textos nos que dicían o que significaban para eles os seus avós e avoas. O alumnado de 5º e 2º realizaron unha obra de teatro conxunta para esta visita. Como remate, todo o colexio cantou e representou a canción "Me gustaría enseñar al mundo a cantar". Podedes ver algunhas fotos do evento facendo clic en FOTOS.
OS NETOS ÓS AVOS por ceipsobrada Canción representada e cantada por todo o colexio.

CONTANDO CONTOS NA LINGUAXE DE SIGNOS

O martes 29 tivemos a visita de Toño e Raquel que viñeron a ensinarnos como se comunica a xente con problemas de audición. Ó alumnado de infantil e 1º ciclo contáronlles o conto da "Xoaniña Rosmona", e ó alumnado do terceiro ciclo contáronlles o "Camaleón camaleónico". Foi un pracer disfrutar con vós.
MOI AGRADECIDOS. O camaleón camaleónico. A xoaniña rosmona.

COLOMBIA

Desta vez o alumnado de 1º e 3º ciclo recibiu a visita dun familiar de Colombia. 
Ensinounos como era o seu país, falounos de persoas importantes colombianas e, como non, conotounos un pouquiño como eran as súas costumes e a súa cultura. 
Estámoslle moi agradecidos por poder compartila con nós.