Blogging tips

12 dic 2013

Nelson Mandela: Un ser humano excepcional que soubo sementar conciencia colectiva

Nestes días, nos que estamos a traballar nas aulas "OS DEREITOS HUMANOS",tamen estamos a coñecer a historia, a vida e o pensamento de Nelson Mandela. No acto que tivo lugar no colexio o día 10 DE DECEMBRO, ademais de facer visible a conmemoración do "DÍA DOS DEREITOS HUMANOS UNIVERSAIS", tamen homenaxeamos a "MADIVA", xa que faleceu o pasado xoves día 5 de decembro. El personifica os valores que todos temos que perseguir na vida para acadar as nosas metas: ESFORZO, CONSTANCIA, INTEGRIDADE, SINXELEZA...A lista sería tan longa... Vos deixamos estes videos para que o coñezades un pouquiño mais e a partir deles podades investigar.

9 dic 2013

"Todos e todas somos persoas con dereitos"

Canción sobre os dereitos humanos da infancia da banda sonora orixinal da película de animación "EL EXTRAORDINARIO VIAJE DE LUCIUS DUMB". dirixida por Maite Ruiz de Austri e producida por Iñigo Silva. Os autores da canción son Mili Vizcaíno e Pedro Calero, e todos os artistas, músicos, cantantes e técnicos son extremeños.

3 dic 2013

Decembro: ENFIANDO EMOCIÓNS DENDE A BIBLIOTECA. Contos que poden axudar a comprender mellor os dereitos humanos

O día dez de decembro é o escollido no mundo enteiro para facer visibles os dereitos humanos. E cales son estes?...É certo que os temos?...Son respectados en todo o mundo?...Que podemos facer nós para que sexan reais no noso contorno?...
Ó longo destes días iremos colgando entradas para que vaiades investigando e tendo información.
De momento vos mostramos un interesante conto, para facervos pensar sobre cales son "OS DEREITOS QUE TODO SER HUMANO TEN QUE TER".

CONTO 1: "EL PUEBLO QUE NO QUERÍA SER GRIS"

Nun pobo de mil cores cheo de alegría, todos os habitantes falaban de paz, de liberdade...Pero sen saber como nin por que, apareceu alguen que dixo BASTA! e todas as cores comezaron a perderse ata chegar á cor gris... 



E si preferides escoitar o conto...

ARTIGO 1º: Tódolos seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia, débense comportar fraternalmente uns cos outros.

CONTO 2: "EL CAZO DE LORENZO" Todos e todas arrastramos o noso cazo, e que máis da?...É o bo do mundo, que todos e todas somos diferentes.
CONTO 3: "LAMBERT, LEÓN CORDERO" Todos e todas temos dereito a unha familia. Todas as familias son diferentes.

CONTO 4: "LA LÍNEA" Todos e todas somos responsables do que acontece ó noso arredor.

1 dic 2013

O próximo xoves 5 de decembro SESIÓN DE CONTACONTOS DE "AS SEMENTES LECTORAS"

Esta sesión tivemos que retrasala un chisquiño, parece que xa nos tarda ver a biblioteca tan animada como é costume nos contacontos da tarde.

Aquí vos deixamos a información e os horarios. Lembrade que vos esperamos a todos e todas.

E quenes son Beatrice Dourmec e Ayax Barnes?...

Ayax era un ilustrador que entrou no mundo da literatura para nenos e nenas grazas á invitación de Beatriz, a súa compañeira, que escribía historias. Así esta parella publicou moitos libros, entre eles alguns que axudaron a pensar, crear e imaxinar: Una pluma con historia, El pueblo que no quería ser gris, La línea...

Estes libros estimulan o crecemento dos lectores, porque lles plantexan interrogantes, para poder ser activos e curiosos. Aínda que pareza mentira, moi poucos anos despois da creación destes libros (aproximadamente en 1976), Beatriz e Ayax tiveron que marchar do seu país, Arxentina, xa que os seus libros foron prohibidos porque según as autoridades estes textos poderían iniciar ós nenos e nenas no camiño da liberdade, a creatividade e a autonomía. Increíble verdade?...Xusto o que hoxe en día tratamos de facer os mestres e mestras na escola. 



Este é o motivo polo que queremos recuperalos. Beatrice e Ayax, tiveron que percorrer varios países, buscando un novo lugar para vivir, pero sin perder o humor, a imaxinación e a sensibilidade, XUNTOS E IGUAIS. E un día chegaron a Barcelona, e alí quedaron a vivir, como a bolboreta de “Casos y cosas de gusano y mariposa”. Continuaron pintando e escribindo e publicaron moitos libros máis para nós.

                                                    
http://lamemoriayelsol.wordpress.com/2009/08/20/la-linea-de-beatriz-doumerc-y-ayax-barnes/

http://darabuc.wordpress.com/2008/04/13/una-pluma-con-historia-de-beatriz-doumerc-y-ayax-barnes/

http://blog.eternacadencia.com.ar/archives/2009/1784

28 nov 2013

Os nen@s de 3º cóntanlles contos aos de 5 anos na HORA DE LER!

Neste trimestre, os nenos e nenas de 3º, por grupos, contárolles contos aos nenos e nenas de 5 anos na HORA DE LER! Unhas veces na biblioteca, outras na aula de cociña e outras na aula de 5 anos. Aos pequenos gústanlles moito estes contacontos porque o fan FENOMENAL!A súa posta en escena e a súa boísima disposición son inmellorables! Aquí tedes algunhas fotos das súas visitas!
GRACIÑAS, NEN@S POR PREPARAR ESTES CONTOS PARA NÓS!
MOITÍSIMAS GRAZAS POR FACERNOS ESTE AGASALLO, CHICAS!
PASÁMOLO PIPA COA VOSA VISITA!!!

26 nov 2013

"Viaxe á semente". Fina Casalderrey mestra e escritora membro da Real Academia da Lingua Galega

Que Fina Casalderrey sexa a nova membro numerario da Real Academia Galega énchenos de ledicia por moitos motivos.
O primeiro, que adicou a súa vida profesional á docencia, dun xeito comprometido, naqueles anos nos que agromaba o ensino en galego para que a nosa lingua e tradicións formaran parte do imaxinario infantil que axudaría a reconstruir a identidade dun pobo.


Tamén o feito de ser desas mestras pioneiras, que dende as experiencias na aula decatáronse do imprescindible dunha literatura infantil e xuvenil de calidade en lingua galega.
Porque forma parte dos escritores en lingua galega que foron galardoados co Premio Nacional de Literatura Infantil, que por certo, todos son mestres e mestras.

Porque foi unha mestra rural, que dende a sinxeleza das súas aulas soubo mostrar un mundo infinito, cheo de posibilidades, como é a literatura.
Porque formou parte do ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE PARA TODOS E TODAS E EN GALEGO e nestes tempos de "reforma" ten que servirnos de inspiración.
Imáxe dinamizacióncarballeira.blogspot.com








Porque non esquecendo que ademais dunha grande escritora con recoñecemento, adicou grande parte da súa vida ás aulas, o eixe vertebrador do seu discurso de ingreso na Real Academia Galega é a importancia dos nenos e nenas, mozos e mozas lectores, de ahí o título que empregou "VIAXE Á SEMENTE". Aquí vos deixamos unha mostra chea de emocións:
"Unha viaxe á semente da literatura será sempre unha peregrinación posto que a vida enteira cabe na memoria da nenez. É nela onde están representadas as cousas onde habita a nosa capacidade fabuladora, ese xerme...".
 
E non esquezamos que con ela son CINCO as         mulleres que forman parte desta institución.Esperamos de corazón que pronto o número medre, xa que hai escritoras e investigadoras con meritos dabondo para que esto aconteza. O enlace que vos deixamos a continuación é para que analicedes o título desta nova: 
http://galicia24horas.es/2013/01/a-escritora-fina-casalderey-nova-academica-da-galega/ 


        PARA SABER MAIS DESTA AUTORA
http://culturagalega.org/buscassemana.php?termo=casal 
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2013/11/22/fina-casalderrey-os-pequenos-lectores-mais-novos-ca-nos-non-listos/0003_201311G22P52993.htm 
http://www.realacademiagalega.org/novas/



17 nov 2013

Un conto para comprender UN BO TRATO É...

Estes contos son para todos e todas: pequenos, maiores, altos, baixos, loiros, morenos...porque NO MUNDO CABEMOS TODOS E O BO TRATO COMEZA E APRENDESE DENDE PEQUENIÑOS E PEQUENIÑAS:

         TODOS E TODAS SOMOS DIFERENTES PERO IGUAIS
 TODOS E TODAS AS DIFERENCIAS DEBEMOS RESPECTAR
                     E NUNCA A NINGUEN DESPRECIAR
PARA NUN MUNDO CHEO DE AMOR MEDRAR
E SABER E COMPRENDER QUE O BO TRATO NON TEN XÉNERO NIN NÚMERO, QUE PODE SER MASCULINO, FEMININO, SINGULAR, PLURAL...QUE SI É BO TRATO DE VERDADE, NON ME PODE FACER SENTIR MAL
                                          

15 nov 2013

25 de novembro: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Propostas para comprender mellor unha realidade

Durante esta semana queremos aportarvos recursos que vos axuden a comprender mellor esta conmemoración, tan importante para medrar en igualdade de oportunidades.
Hai moitos aspectos sobre os que podedes investigar. Podedes facervos as seguintes preguntas:

Por que foi elixida esta data?
Por que é tan importante (imprescindible) facer visible este día?
Que situación viven as mulleres no mundo?
Que...?
Que...?
Que...? Pfff, hai un monton de cuestións que plantexar, CAL É A TUA?

Estes enlaces poden axudarte:
http://www.un.org/es/events/endviolenceday/

E con estes videos comprenderás moito mellor: ABRE OS OLLOS E ESCOITA CON ATENCIÓN.

                               HISTORIA DUNHA CONMEMORACIÓN
                                         
             A IMPORTANCIA DE VIVIR EN IGUALDADE

14 nov 2013

Contade con nós


O equipo de responsables contan moito e por iso organizan sesións de contacontos na hora de ler.
Aquí vos deixamos unhas imaxes das dúas primeiras sesións.

REPETIMOS?





8 nov 2013

A precursora do e-book

Agora que tanto resona nas bibliotecas e outros espazos educativos e de lecer o nome deste "trebello"...Sabías que a precursora deste aparato tecnolóxico foi unha mestra medio leonesa, medio galega?...Pois si Ángela Ruiz Robles, nada en León, exerceu grande parte da súa carreira docente en Galicia.
Era, pola documentación que se ten dela, unha docente entusiasta e, por este motivo, sempre estaba a inventar e a argallar métodos polos cales o seu alumnado aprendera mellor.
Escribíu moitos libros, pero o máis curioso traballo que realizou foi: A MÁQUINA TAQUIMECANOGRÁFICA que consistía nun mapa e atlas lingüÍstico gramatical e unha enciclopedia mecánica.

Aquí tes unha imaxe de como era:

Imáxe procedente do xornal "El País"

Imáxe procedente de http://grupolipo.blogspot.com.es

Bueno, agora esperamos que vos pille o gusanillo e vos apeteza buscar mais información interesante. Aquí vos deixamos un enlace que vos axudará nas vosas pesquisas. Si sodes observadores e observadoras...TAMÉN PODEDES EMPREGAR OS ENLACES DE PE DE FOTO.


                               http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=87

Para aprender a buscar mellor sobre o noso proxecto documental: WIKIMUJERES


Si, non vos confundíchedes ó ler o título da entrada. Non...non é a wikipedia coa que xa ídes estando familiarizados, trátase doutra, dunha "especializada" en mulleres. Por que?...Porque son tantas ó longo da historia que fixeron todo tipo de cousas ou que o intentaron pese ó recelo da sociedade na que lles tocou vivir...que é unha lástima que non nos dé para coñecer a todas, pero si ás que por calquera razón nos apeteza investigar.
WIKIMUJERES, encárgase de darnos información sobre mulleres que fixeron historia, pero tamén de facer visibles a aquelas que no seu tempo non o conseguiron, pero que non se rendiron.
É interesante que unha vez que estades dentro da páxina, vos levará a distinos recunchos. Un deles adicado ós e ás máis novos e novas: DIDÁCTICA WIKIMUJERES.
Como esta semana o día 10 está adicado á ciencia, aquí vos deixamos unha proposta sobre este tema para traballar diferentes tipos de textos.

               AGNÓDICE E TRÓTULA
                                 
http://www.pedrostrukelj.com/2011/05/temas-griegos_3039.html (Blog do autor da imáxe de Agnódice.









http://wikimujeres.net/sites/default/files/proyecto_escritura_contraste.pdf 

Este primeiro enlace é a proposta de investigación
http://wikimujeres.net/search/node/agn%C3%B3dice    ESTES DOUS SON UNHA AXUDIÑA...
http://wikimujeres.net/search/node/tr%C3%B3tula

Este é o resultado da investigación. Si chegaches aquí é que te rendiste moi pronto. Tamén pode ser que tiveras tanta curiosidade que non pudeches evitalo

E si xa estás empregando o enlace de abaixo...XA NOS CONTARÁS TODO O QUE APRENDICHES.
Podedes aportarnos as vosas investigacións e as subiremos ó blog, co voso nome e apelidos, por suposto.

4 nov 2013

MULLERES NA ARTE E A ARTE DAS MULLERES



Como estamos de cheo recompilando información para as nosas investigacións sobre o tema transversal, atopamos este fermoso video que fai un percorrido sobre como foi a muller retratada ó longo da historia e dos diferentes períodos e tendencias artísticas no campo da pintura.
Pero tamén queremos aproveitar esta entrada, para facer visibles ás mulleres como autoras, como creadoras, renovadoras de conceptos e técnicas artísticas, non só coma modelos estéticos ou motivos de obras de arte.
Para que investiguedes mais, vos deixamos este enlace, que ademais de estar moi ben elaborado porque motiva ó descubrimento, fai un percorrido polos distintos campos da creación e de creadoras de diferentes épocas.

24 oct 2013

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO DESTE ANO ACADÉMICO: ENFÍA QUE ENFIARÁS...



ASI COMO una transversal temática do Curso anterior foi un "EDUCACIÓN PARA UN CONSUMO SAÚDE EO" e eliximos COMO temática de Investigación en Alimentación a Galicia, un Través do título
"TREBOADA NO MIÑO PAN e Vino", neste ano Académico no Que nos adicamos á coeducación, un cabeceira da nosa Investigación leva porción título "ENFÍA QUE ENFIARÁS".
OBXECTIVOS:
·  Facer mais visible o noso Tema transversal ano neste Académico: Educación para a 
   Sexos os empre Igualdade.
·  Mostrar ó alumnado COMO ainda habendo obstaculos como las Personas Podemos conseguir o
   Que nos propoñemos.
·  Dar una coñecer una constancia, tesón o ea ilusión de COMO Valores Importantes párr medrar.
·  Valorar ás persoas de Que nep axudan a conseguir os nosos Logros.
·  Coñecer de Como foi a vida das Mulleres ó longo da istoria eo seu plu na sociedade.
·  Actitudes Positivas Recoñecer como e Negativas Cara como persoas en Relación ó xénero.
·  Concienciar ó alumnado da importância Que diez Que Medren en Igualdade.
·  Dar a coñecer Diferentes períodos da HISTORIA coas suas PECULIARIDADES.
·  Recoñecer OSU e costumes das Distintas Épocas.

Escollemos sin nobelo De la DE como Símbolo, en Recordo de Penélope Que Tecia Esperando, Pero sen desexar o seu Destino, sabedora de TODO O que podia facer e "salpicadero". Un punto deste partir, "Enfía Que enfiarás", desfará sin nobelo co pensamento posto en Distintas Actividades nas Que como Mulleres temos traballado e continuamos un facelo párrafo ter na sociedade Visibilidade: na cultura, na Ciencia, na transmission de Pensamentos ... TODO Relacionado cos Meses hacen Curso e como conmemoracións un Celebrar.



Outubro: "ENFIANDO FiOS". Conmemoración hacer 'Día das Bibliotecas Escolares.

Novembro: "ENFIANDO A CIENCIA". Conmemoración do dia da Ciencia e do dia contra la Violencia de xénero. Magosto.

Decembro: "ENFIANDO emocions". Exposición de inverno. Conmemoración do dia da constitución. Dereitos dos nenos e como nenas.

Xaneiro: "ENFIANDO saberes DA VIDA". Conmemoración Día da Paz.

Febreiro: "ENFIANDO AVENTURAS". Entroido.

Marzo: "ENFIANDO O MUNDO ENTRE CULTURAS". Conmemoración Día da muller e
Día da poesía.

Abril: "ENFIANDO PALABRAS". Día do Libro. XORNADAS Culturais.

Maio: "ENFIANDO CORES". Día das Letras Galegas

Sinalar tamen Que o homenaxeado no Día das Letras Galegas no 2014 é Xosé Díaz Castro. Poeta e tradutor, o seu Libro "Nimbos" conten fermosos poemas Entre-os-Que DESTACA quizais coma o mais coñecido "Penélope". Nesta Ocasión Penélope é una terra do poeta una cola desexa Regresar, punto de partida e Punto Final


                                                                 Un paso adiante i outro Atrás, Galiza,
                                                                 ia té dos teus Sonos no sí movimiento.
                                                                 A espranza nos teus ollos sí esperguiza.
                                                                 bois os Aran e chove.                                                                  Un Bruar de Navios moi lonxanos                                                                  che estrolla o sono mol coma uva unha.                                                                  envólveste Pro ti en Sabas de mil anos Presentación,                                                                  i en Sonos involucra un Escoitar un Chuva




.


No mes das bibliotecas escolares: anímate a investigar sobre bibliotecarias exemplares

Publicamos nomes e imaxes de bibliotecarias sobre as que vale a pena saber máis. Unha mais coñecidas que outras, pero todas fascinantes

           JUANA QUILEZ                   GABRIELA MISTRAL             MARÍA MOLINER




   JUANA CAPDEVIELLE                          TERESA ANDRÉS            ALIA MUHAMMAD BAKER


Non existirían bibliotecas se non houbera persoas que amasen os libros

As bibliotecas toman vida e sentido, a través dos lectores e lectoras que entran nelas na busqueda de coñecemento, aventuras, novas experiencias...
Pero para que os libros esten neses andeis que para os lectores son máxicos, para axudar ós novos lectores e lectoras a procurar o libro que os inicie nunha viaxe sen fin, para eso necesitamos as bibliotecarias e bibliotecarios.
Neste ano no que a proposta de fomento das Bibliotecas Escolares queda plasmada na ciencia, parécenos moi necesario visibilizar ás persoas que mantiveron vivo o espírito de investigación e se centraron na elaboración de novos métodos para achegar os libros e a cultura a toda a sociedade.
Moitos deses homes e mulleres eran mestres e mestras que creían nunha escola PÚBLICA, GRATUÍTA, LAICA, DE CALIDADE E CERCANA A TODA A SOCIEDADE.

A inclusión deste vídeo vai por eles e son a nosa fonte de inspiración, porque eles e elas xa fai anos (non tantos...) comprendían a IMPORTANCIA E NECESIDADE DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.


Contos sobre a coeducación

 Neste enlace atoparedes tres contos premiados no "VIII concurso de cuento no sexista - Carmen Laforet"


Publicaciones - 8º Concurso de Cuento No-sexista. Carmen Laforet

Tamén podedes consultar esta páxina con moreas de recursos sobre coeducación para todos os niveis:

http://educarenigualdad.org/