Blogging tips

28 ene 2013

ESTE XOVES TEDES UNHA CITA NA BIBLIOTECA!


Este xoves 31 de xaneiro pola tarde, de catro e media a seis, terá lugar a primeira sesión de contacontos na biblioteca do colexio.

NON VOS TEDES QUE APUNTAR, só vir con gana de pasar un bo rato en compaña dos libros e os vos@s fill@s.
Tamén queremos fomentar o uso da biblioteca en horario extraescolar. ESPERAMOS QUE VOS ANIMEDES!

Aquí tedes o conto desta primeira sesión:


É unha historia entrañable, chea de tolerancia e amor ós animais. O respecto ás diferencias é o fío condutor desta narración que xa é un clásico da literatura infantil en lingua galega. Carlos Casares publicou este conto no ano 1968, cando case non existían títulos para cativos e cativas no noso idioma. Como mestre que foi, decatouse da importancia e necesidade dunha literatura infantil no noso idioma, porque o futuro dunha lingua está nos nenos e as nenas. Dende a súa publicación, foi reeditado en catro ocasións: 1978, 1988, 1991 e 2007. Hai temas que nunca cansan!. Ten publicados moitos outros contos infantís, que tamen acadaron grande éxito:
Carlos Casares ten unha obra literaria moi persoal e recoñecida. Foi membro da Real Academia Galega, director da editorial Galaxia e presidente do Consello da Cultura Galega. Escribíu excelentes artigos periodísticos, interesantes novelas, traballos de investigación e crítica...Vos convidamos a que entredes na páxina web da súa fundación para que coñezades máis cousas sobre el:



   

No hay comentarios:

Publicar un comentario