Blogging tips

27 feb 2013

sesión de contacontos "O espantallo amigo"

A segunda sesión de contacontos foi de novo un éxito de asistencia.
Agradecemos a participación de todos, grandes e pequenos e convidámosvos para o mes de marzo. 

Recibiredes unha nota coa data da vindeira sesión.

Unha pequena mostra en vídeo...


 
O espantallo amigo, presentación from ceip sobrada on Vimeo
Presentación "O Espantallo amigo" from


"O espantallo amigo" 2 from ceip sobrada on Vimeo.
"O espantallo amigo" 2 from ceip sobrada on Vimeo.

26 feb 2013

BOLETÍN DO MES DE FEBREIRO


ESPERO QUE VOS SIRVA DE AXUDA!!!!!!
Vista previa

Unha camelia no noso poema

Fai uns días incluímos no noso blog unha versión do poema PASA, RÍO, PASA, RÍO con ilustracións do noso alumnado. Agora queremos ensinarvos ós nen@s recitando nunha pequena montaxe. Esperamos que vos guste.
movie 2 from Esperanza Vázquez López on Vimeo.

24 feb 2013

NÚMERO 3 do boletín mensual FÁLAO!

Aquí vos deixamos este novo número. Quixemos deixalo antes, pero non puido ser, esperamos que non chegue tarde, porque aínda se escoitan aires de troula.

Xosé Neira Vilas


Para todos e todas que teñades interese aquí vos deixamos unha pequena mostra da calidade humana de Xosé Neira Vilas, autor do "O espantallo amigo", conto do que poidemos disfrutar na segunda sesión do proxecto "As sementes lectoras".

21 feb 2013

21 de febreiro: DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

A UNESCO sinalou este día co fin de promover a diversidade lingüística e cultural.
As linguas son os instrumentos mais poderosos para a preservación  e desenvolvemento do noso patrimonio cultural tanxible e intanxible. Toda iniciativa para promover a difusión das linguas maternas servirá non só para incentivar a diversidade lingüística e a educación multilingüe, senon tamén para crear maior conciencia sobre as tradicions lingüísticas e culturais do mundo e inspirar á solidariedade baseada no entendemento, a tolerancia e o diálogo. 
Ademais, este ano o lema da celebración é moi significativo para nós, polo tipo de actividades que estamos a fomentar dende os Equipos de Biblioteca e de Normalización e Dinamización Lingüística do noso colexio:

                        O LIBRO, EIXE DA EDUCACIÓN EN LINGUA MATERNA

Con el pretende chamar a atención sobre a importancia do material escrito e lembrar que o apoio á lingua materna consiste tamén en fomentar a produción de libros –tamén de manuais escolares e de publicacións en formato dixital- nas linguas locais.


18 feb 2013

Así estamos a traballar co poema de Rosalía de Castro


Aquí tedes o noso primeiro traballo sobre o poema Pasa, río, pasa, río. Xurdíu cando comezamos a ler o texto, os nenos e nenas fixeron un debuxo sobre o que interpretaron, ó día seguinte cada un recitou dous versos. É unha boa práctica, que xa comezaramos o curso pasado cando recitamos outro poema da autora, esta vez pertencente a "Follas Novas", "Tecin soia a miña tea..."




Pasa,río poema ilustrado from Esperanza Vázquez López on Vimeo.

Nova sesión de contacontos na biblioteca!

Este venres día 22 de febreiro de 16h30' a 18h terá lugar unha nova sesión de contacontos na biblioteca.
Temos moita ilusión, en boa medida grazas á estupenda acollida que houbo por parte de todos na primeira sesión.
Que conto vos ofreceremos?...Mirade, mirade...
 Conta unha historia na que un ser moi especial, trata de mellorar a vida dos que lle rodean. Quere facerlles comprender a importancia que ten poñerse no lugar do outro e compartir o lugar que habitan felizmente.
Neira Vilas ten unha dilatada traxectoria, de feito é un dos escritores máis importantes das letras galegas actuais, pero non só eso, é un dos grandes impulsores da publicación literaria galega. No ano 1957 funda en Bos Aires, xunto a súa esposa Anisia Miranda, a editorial Follas Novas, que levará a cabo unha laboura de difusión do libro galego no exterior. No ano 1961 publica o que será o libro máis lido en galego: "Memorias dun neno labrego", cal é o motivo do éxito?...Pois probablemente a cercanía coa que escribe sobre a súa realidade na nenez e a de moitos que coma el, atópanse vivindo fora da súa terra. Estes son algúns dos seus títulos:
 
 Para saber mais do autor podedes visitar o espazo web da súa fundación:

 

17 feb 2013

No colexio nos sumamos á celebración do "DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO"

A actividade proposta pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, consiste en escoller un poema do libro "Cantares Gallegos", recitalo e crear un vídeo co traballo realizado. Despois deste proceso o compartiremos con eles para que poda ser visionado dende a súa páxina, ó igual que os outros traballos do resto dos centros educativos e outras entidades que se suman a esta estupenda iniciativa.
Esta semana, pasada a resaca do entroido, comezamos a traballar o poema escollido: PASA, RÍO, PASA, RÍO.
Dende o ENDL escollimos este poema, porque o río e o seu transcurso é unha constante na nosa paisaxe, nas nosas vidas, nos costumes...
Rosalía emprega o río e a súa marcha como similitude da realidade de Galicia e dos galegos que lle tocou vivir. A marcha constante de emigrantes buscando un futuro e un traballo...máis aló do mar, onde van parar os ríos.
Aquí vos deixamos o poema e unha visión dos nen@s da imáxe de Rosalía:

15 feb 2013

24 de febreiro, día de Rosalía

Esta data está marcada no calendario de conmemoracións como o dia de Rosalía de Castro.
A AELG (Asociación de escritores en lingua galega), quere dar maior visibilidade social cultural e educativa a esta celebración dada a relevancia que a autora ten para as nosas letras e a nosa identidade.

Deste xeito pensaron en implicar á comunidade educativa, mediante a lectura do libro" Cantares gallegos", do que neste ano se cumplen os 150 anos da súa publicación (saiu da imprenta o 17 de maio de 1863).




http://www.aelg.org

http://gl.wikipedia.org/wiki/Rosal%C3%ADa_de_Castro

http://gl.wikipedia.org/wiki/Cantares_gallegos

3 feb 2013

XA TEMOS A LISTA DE PREMIADOS E PREMIADAS NO CERTAME LITERARIO!

Antes de nada queremos darvos as grazas a todos e todas @s participantes, dende os máis pequechiñ@s ata os grandullóns e grandullonas do cole, pola ilusión coa que escribíchedes e ilustráchedes os vosos poemas, narracións...e ata teatro, xénero que incluímos nesta convocatoria. Pero todo certame ten os seus premiados, e os deste X  CERTAME LITERARIO do CEIP de SOBRADA son os seguintes. Os premios e diplomas entregaranse o día 7 de febreiro. Parabéns para o alumnado premiado.
                       

1 feb 2013

XA ESTAMOS DE CHEO NO ENTROIDO

O curso vai voando, aínda non temos dixerido o turrón e xa toca amasar as orellas de entroido.
Dende a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística queren facernos as cousas máis fáciles. No seguinte enlace hai recursos moi chulos e suxerencias para traballar nas clases ou en familia. XA PODE CHEGAR DON CARNAL!

http://www.coordinadoraendl.org/2013entroido/

                                            
                      Imáxe tomada do blog O MURMURIO DAS PALABRAS (EDNL e BIBLIOTECA do CEIP A CARBALLEIRA , Lourizán)                                 

Contacontos: "AS SEMENTES LECTORAS"

Este xoves comezamos coa actividade do CONTACONTOS. 
O conto protagonista foi A GALIÑA AZUL de CARLOS CASARES, un libro que algúns lembraban dos seus tempos na escola de Sobrada.

Foron moitas as familias que se achegaron á biblioteca para participar desta primeira sesión de historias compartidas, que comeza a súa andaina e que promete ter continuidade grazas a todos os asistentes e a profe Esperanza que é unha magnífica contacontos.

As imaxes desta sesión falan por sí mesmas