Blogging tips

17 mar 2013

Sesión do mes de marzo de "AS SEMENTES LECTORAS"

Xa van tres!, parece mentira. O próximo xoves día 21 de marzo ás 16h 30', terá lugar na biblioteca do colexio unha nova sesión de contacontos. Vai ser moi especial, porque coincide co "DÍA DA POESÍA", por este motivo o ímos adicar a achegar ós nenos e nenas a figura de Rosalía de Castro e os seus poemas.
A montaxe que temos preparada leva por título "Té con Rosalía" e cremos que vai estar chea de sorpresas.
Ademais, queremos que serva de homenaxe de toda a comunidade educativa a esta poetisa, que tanto significou para as nosas letras, no ano no que se conmemora o 150 aniversario dunha obra clave na literatura galega "CANTARES GALLEGOS".
Vos convidamos a vir e participar, porque coma sempre, trataremos de que sexa o máis interactiva posible.
Vos esperamos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario