Blogging tips

14 abr 2013

Sesión de contacontos do mes de abril

Chegamos á nosa cuarta sesión de contacontos en xornada extraescolar. Neste mes de festa para a lectura, os libros, as bibliotecas...non podían faltar as nosas "SEMENTES LECTORAS".

Terá lugar na BIBLIOTECA DO COLEXIO, este VENRES día 19 de ABRIL de 16h 30' a 18h, non o podedes perder!.
A nosa elección é unha reivindicación e homenaxe a un autor que, ó longo da súa obra, tivo sempre presente as súas orixes e o legado que "o pai Miño" ten na nosa terra.

Pepiño conta a historia dun rapaz soñador que un día...Misterio, intriga e emoción.

Eliseo Alonso naceu en Goián no ano 1924. Moi novo emigrou a Bos Aires, colaborou e traballou na prensa galega na diáspora americana: fundou Mundo Gallego, dirixiu Airiños (órgano da Casa de Galicia) e elaborou o suplemento "Aquí Buenos Aires" de El Pueblo Gallego de Vigo. Á volta a Galicia seguiu colaborando na prensa americana, na española e na galega.

OBRA
Narrativa:
Contos do Miño (1955, Ediciones Mundo Gallego, Bos Aires)
A rúa do noxo (1977, Galaxia, Vigo) 
Reiciñeira (1981, Ediciós do Castro, Sada). 
Tres flores, tres pastoras, alla lejos (1987, Deputación de Pontevedra)

Ensaio: 
Viños do Rosal e do Condado (1992)
La pintura de Antonio Fernández (1959), 
Los ríos de Pontevedra (1966)
Bajo Miño y costa sur (1967)
Xoán Piñeiro (1981),
Gamelas y marineros (1987).
Poesía:
Cantos de cotovía (1950, Colección Benito Soto, Pontevedra)
Seara de romances (1952, Ed. Botella al mar, Bos Aires).
A fronteira comunicante (2002, Ed. Espiral Maior, A Coruña)
Tiempo y camino (1974, Colección Álamo, Salamanca) 

Nunca fixemos unha referencia tan extensa á obra dos autores ós que adicamos ás nosas sesións de contacontos, pero neste caso faise indispensable, xa que aínda que pareza imposible, neste caso non hai unha fundación ou institución: parroquial, municipal, provincial, autonómica... que protexa o seu legado.
Está a súa filla Alicia Alonso Rivas, que dende a súa casa exerce de "institución independente" e que moi pacientemente recibe a aqueles que desexamos saber algo máis deste importante autor.
De feito, a maioría dos documentais e publicacións que estan sendo editadas e publicadas nos últimos anos, beben das fontes deste "arquivo casero" que con tanto cariño e dilixencia é xestionado.
Lembrades o documental "O Lanzo dais imáxes" que tan bo rato fixo pasar a todos e todas as veciñas?, canta información lle debemos a Eliseo de Ghoian así como a letra da cantiga que aparece nela, a cal é un poema do libro Seara de romances: O vello capitán, con música de Antonio Campos.

GRAZAS ALICIA POR TANTA INFORMACIÓN E XENEROSIDADE. 
(Algunha información contida nestes datos, pertence á galipedia, pero boa parte dela a fumos coñecendo por investigación e por legado familiar). 

No hay comentarios:

Publicar un comentario