Blogging tips

28 abr 2013

Web CONTOS SOLIDARIOS, unha iniciativa de Anxo Moure

Contos para construir un mundo mellor, entrade nesta páxina e veredes
http://www.contosolidarios.org/

Contos Solidarios é un proxecto cultural, medioambiental e de solidariedade promovido polo contacontos galego Anxo Moure, que dende o ano 1989 percorre as terras de Galiza, Asturias, Portugal, O Bierzo..., contando historias solidarias coa terra e coas persoas que a habitan.

Contos Solidarios defende o conto como ferramenta educativa, de sensibilización e loita para construír un mundo en harmonía co ecosistema e garante da xustiza social.

Contos Solidarios leva xa máis de 6.600 sesións de contacontos en perto de 1.200 centros escolares, bibliotecas, e tamén en espazos abertos como bosques, parques, prazas, ríos... superando xa os 300.000 participantes, dende nenas e nenos de 0 a 3 anos ata os nenos maiores de ata 100 anos.

Contos Solidarios transforma o conto en bosque coa plantación de miles de árbores autóctonas ao longo destes anos e transforma o conto en solidariedade coa entrega de bicicletas e material escolar en proxectos de cooperación en máis de 30 países de America Latina, Asia e Africa.
Contos Solidarios é unha proposta aberta a todas e todos os que queirades participar a través dun feixe de actividades diversas, dende achegarvos a escoitar un contiño enriba dunha árbore dentro dos Contos na Casa das Árbores, coñecer aos carballos que nacen dentro de botas vellas para transformarse en contos que lle dean vida ao bosque dentro das historias do Carballo con Botas, ata convidar á Ciclobiblioteca á vosa escola, vila, pobo ou mesmo á vosa casa para que roden contos e cantos e se espallen en liberdade.
Convidámosvos pois a que entredes no mundo dos Contos Solidarios.
( Fragmento da web "contos solidarios)

No hay comentarios:

Publicar un comentario