Blogging tips

30 may 2013

ATENCIÓN, SOMOS 11 LIBROS EN BUSCA DE LECTOR.

Boas tardes, somos un grupo de libros "moi colaboradores e cooperantes". Queremos axudar á nosa biblioteca a abrirse ó mundo exterior. Por este motivo, as nosas responsables, aproveitando que o sábado a ANPA da nosa escola organiza unha festa, van deixarnos espallados polo pavillón, a zona que o rodea...non queren que demos máis pistas, porque a maxia do descubrimento do libro perderíase.
Fixádevos canto nos queren que ata puxeron un "nome especial" á nosa viaxe:
Aquí vos deixamos os pasos a seguir en caso de atoparnos:

E unhas fotiños nosas antes da viaxe. Como vedes todos somos moi distintos: narrativa, poesía, banda deseñada, ilustrados, relato breve...Pero temos algo en común: O AMOR POR OS LECTORES E LECTORAS E A LINGUA GALEGA.

2 comentarios:

  1. EU COLLIN O LIBRO VIAXEIRO "O MONSTRUO DO SONO" NO PAVILLON O DIA DA CONVIVENCIA DA ANPA. GUSTOUME MOITO AINDA QUE ME DIU MOITA PENO O POBRE GATO. NO DIA QUE O REMATEI DE LER DEIXEINO DIANTE DO PAVILLON PARA QUE OUTRO NENO O POIDERA LEVAR. OXALA OUTRO DIA CALQUERA VOLVA ATOPAR OUTRO LIBRO VIAXEIRO NALGUN OUTRO LUGAR.
    GRACIAS POLOS LIBROS VIAXEIROS.
    UN BIQUIÑO DE NEREA C. 2º.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Nerea, grazas a tí por participar nesta actividade e por deixar que este libro viaxeiro siga a súa viaxe.
      Unha aperta moi grande do teu amigo

      Axexo

      Eliminar