A celebración de AS LETRAS GALEGAS, ten que conter unha reflexión sobre o que estamos a festexar.
Temos a ledicia dun idioma, dunha cultura, dunha historia...en definitiva, dunha identidade que non sería nada sen a nosa lingua.
Aquí vos deixamos este fermoso poema de XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN, só o seu título xa é toda unha declaración:
TERRA DE PROSEGUIR
Terra de proseguir e non dar nada,
despaciosa Galicia que nos levas
acochados en ti! Lento veleno
que pon nos ollos unha cousa verde!
Lingoa que me enche a boca enteiramente
e coma un río interno me asolaga.
Quero dicir teu nome e digo apenas
xente de terra, homes lentamente
un por un devecendo e sendo nada.
Galicia coma un río que se estiña,
terra de esmorecer, patria do vento!
Quero dicir teu nome e digo dorna
baleira, mergullada dorna negra,
grande arado sen bois, feira sen xente,
noite que vén, enorme noite fría...
Quixera alzar meu canto coma un puño
e pór na miña voz teu nome ergueito
pero non hai ninguén para escoitarme.
No hay comentarios:
Publicar un comentario