Blogging tips

20 oct. 2013

Comezan as sesións de contacontos polas tardes: "AS SEMENTES LECTORAS" contan coa "COEDUCACIÓN"

Este venres día 25 de outubro, na nosa biblioteca e ás cinco da tarde, terá lugar a primeira sesión de contacontos do proxecto "AS SEMENTES LECTORAS". Lembrades os bos ratos que pasamos o curso anterior?...Pois iso deunos folgos para comezar xa neste mes, cunha actividade que gustanos especialmente pola participación de toda a comunidade educativa. Ademáis o mes de outubro é o mes de "AS BIBLIOTECAS ESCOLARES", que para nós son o corazón da escola e vós axudades coa vosa participación a que se manteña en bo estado. Aquí vos deixamos dos carteis coa información da primeira sesión.


No hay comentarios:

Publicar un comentario