Blogging tips

28 nov 2013

Os nen@s de 3º cóntanlles contos aos de 5 anos na HORA DE LER!

Neste trimestre, os nenos e nenas de 3º, por grupos, contárolles contos aos nenos e nenas de 5 anos na HORA DE LER! Unhas veces na biblioteca, outras na aula de cociña e outras na aula de 5 anos. Aos pequenos gústanlles moito estes contacontos porque o fan FENOMENAL!A súa posta en escena e a súa boísima disposición son inmellorables! Aquí tedes algunhas fotos das súas visitas!
GRACIÑAS, NEN@S POR PREPARAR ESTES CONTOS PARA NÓS!
MOITÍSIMAS GRAZAS POR FACERNOS ESTE AGASALLO, CHICAS!
PASÁMOLO PIPA COA VOSA VISITA!!!

26 nov 2013

"Viaxe á semente". Fina Casalderrey mestra e escritora membro da Real Academia da Lingua Galega

Que Fina Casalderrey sexa a nova membro numerario da Real Academia Galega énchenos de ledicia por moitos motivos.
O primeiro, que adicou a súa vida profesional á docencia, dun xeito comprometido, naqueles anos nos que agromaba o ensino en galego para que a nosa lingua e tradicións formaran parte do imaxinario infantil que axudaría a reconstruir a identidade dun pobo.


Tamén o feito de ser desas mestras pioneiras, que dende as experiencias na aula decatáronse do imprescindible dunha literatura infantil e xuvenil de calidade en lingua galega.
Porque forma parte dos escritores en lingua galega que foron galardoados co Premio Nacional de Literatura Infantil, que por certo, todos son mestres e mestras.

Porque foi unha mestra rural, que dende a sinxeleza das súas aulas soubo mostrar un mundo infinito, cheo de posibilidades, como é a literatura.
Porque formou parte do ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE PARA TODOS E TODAS E EN GALEGO e nestes tempos de "reforma" ten que servirnos de inspiración.
Imáxe dinamizacióncarballeira.blogspot.com








Porque non esquecendo que ademais dunha grande escritora con recoñecemento, adicou grande parte da súa vida ás aulas, o eixe vertebrador do seu discurso de ingreso na Real Academia Galega é a importancia dos nenos e nenas, mozos e mozas lectores, de ahí o título que empregou "VIAXE Á SEMENTE". Aquí vos deixamos unha mostra chea de emocións:
"Unha viaxe á semente da literatura será sempre unha peregrinación posto que a vida enteira cabe na memoria da nenez. É nela onde están representadas as cousas onde habita a nosa capacidade fabuladora, ese xerme...".
 
E non esquezamos que con ela son CINCO as         mulleres que forman parte desta institución.Esperamos de corazón que pronto o número medre, xa que hai escritoras e investigadoras con meritos dabondo para que esto aconteza. O enlace que vos deixamos a continuación é para que analicedes o título desta nova: 
http://galicia24horas.es/2013/01/a-escritora-fina-casalderey-nova-academica-da-galega/ 


        PARA SABER MAIS DESTA AUTORA
http://culturagalega.org/buscassemana.php?termo=casal 
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2013/11/22/fina-casalderrey-os-pequenos-lectores-mais-novos-ca-nos-non-listos/0003_201311G22P52993.htm 
http://www.realacademiagalega.org/novas/



17 nov 2013

Un conto para comprender UN BO TRATO É...

Estes contos son para todos e todas: pequenos, maiores, altos, baixos, loiros, morenos...porque NO MUNDO CABEMOS TODOS E O BO TRATO COMEZA E APRENDESE DENDE PEQUENIÑOS E PEQUENIÑAS:

         TODOS E TODAS SOMOS DIFERENTES PERO IGUAIS
 TODOS E TODAS AS DIFERENCIAS DEBEMOS RESPECTAR
                     E NUNCA A NINGUEN DESPRECIAR
PARA NUN MUNDO CHEO DE AMOR MEDRAR
E SABER E COMPRENDER QUE O BO TRATO NON TEN XÉNERO NIN NÚMERO, QUE PODE SER MASCULINO, FEMININO, SINGULAR, PLURAL...QUE SI É BO TRATO DE VERDADE, NON ME PODE FACER SENTIR MAL
                                          

15 nov 2013

25 de novembro: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Propostas para comprender mellor unha realidade

Durante esta semana queremos aportarvos recursos que vos axuden a comprender mellor esta conmemoración, tan importante para medrar en igualdade de oportunidades.
Hai moitos aspectos sobre os que podedes investigar. Podedes facervos as seguintes preguntas:

Por que foi elixida esta data?
Por que é tan importante (imprescindible) facer visible este día?
Que situación viven as mulleres no mundo?
Que...?
Que...?
Que...? Pfff, hai un monton de cuestións que plantexar, CAL É A TUA?

Estes enlaces poden axudarte:
http://www.un.org/es/events/endviolenceday/

E con estes videos comprenderás moito mellor: ABRE OS OLLOS E ESCOITA CON ATENCIÓN.

                               HISTORIA DUNHA CONMEMORACIÓN
                                         
             A IMPORTANCIA DE VIVIR EN IGUALDADE

14 nov 2013

Contade con nós


O equipo de responsables contan moito e por iso organizan sesións de contacontos na hora de ler.
Aquí vos deixamos unhas imaxes das dúas primeiras sesións.

REPETIMOS?





8 nov 2013

A precursora do e-book

Agora que tanto resona nas bibliotecas e outros espazos educativos e de lecer o nome deste "trebello"...Sabías que a precursora deste aparato tecnolóxico foi unha mestra medio leonesa, medio galega?...Pois si Ángela Ruiz Robles, nada en León, exerceu grande parte da súa carreira docente en Galicia.
Era, pola documentación que se ten dela, unha docente entusiasta e, por este motivo, sempre estaba a inventar e a argallar métodos polos cales o seu alumnado aprendera mellor.
Escribíu moitos libros, pero o máis curioso traballo que realizou foi: A MÁQUINA TAQUIMECANOGRÁFICA que consistía nun mapa e atlas lingüÍstico gramatical e unha enciclopedia mecánica.

Aquí tes unha imaxe de como era:

Imáxe procedente do xornal "El País"

Imáxe procedente de http://grupolipo.blogspot.com.es

Bueno, agora esperamos que vos pille o gusanillo e vos apeteza buscar mais información interesante. Aquí vos deixamos un enlace que vos axudará nas vosas pesquisas. Si sodes observadores e observadoras...TAMÉN PODEDES EMPREGAR OS ENLACES DE PE DE FOTO.


                               http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=87

Para aprender a buscar mellor sobre o noso proxecto documental: WIKIMUJERES


Si, non vos confundíchedes ó ler o título da entrada. Non...non é a wikipedia coa que xa ídes estando familiarizados, trátase doutra, dunha "especializada" en mulleres. Por que?...Porque son tantas ó longo da historia que fixeron todo tipo de cousas ou que o intentaron pese ó recelo da sociedade na que lles tocou vivir...que é unha lástima que non nos dé para coñecer a todas, pero si ás que por calquera razón nos apeteza investigar.
WIKIMUJERES, encárgase de darnos información sobre mulleres que fixeron historia, pero tamén de facer visibles a aquelas que no seu tempo non o conseguiron, pero que non se rendiron.
É interesante que unha vez que estades dentro da páxina, vos levará a distinos recunchos. Un deles adicado ós e ás máis novos e novas: DIDÁCTICA WIKIMUJERES.
Como esta semana o día 10 está adicado á ciencia, aquí vos deixamos unha proposta sobre este tema para traballar diferentes tipos de textos.

               AGNÓDICE E TRÓTULA
                                 
http://www.pedrostrukelj.com/2011/05/temas-griegos_3039.html (Blog do autor da imáxe de Agnódice.









http://wikimujeres.net/sites/default/files/proyecto_escritura_contraste.pdf 

Este primeiro enlace é a proposta de investigación
http://wikimujeres.net/search/node/agn%C3%B3dice    ESTES DOUS SON UNHA AXUDIÑA...
http://wikimujeres.net/search/node/tr%C3%B3tula

Este é o resultado da investigación. Si chegaches aquí é que te rendiste moi pronto. Tamén pode ser que tiveras tanta curiosidade que non pudeches evitalo

E si xa estás empregando o enlace de abaixo...XA NOS CONTARÁS TODO O QUE APRENDICHES.
Podedes aportarnos as vosas investigacións e as subiremos ó blog, co voso nome e apelidos, por suposto.

4 nov 2013

MULLERES NA ARTE E A ARTE DAS MULLERES



Como estamos de cheo recompilando información para as nosas investigacións sobre o tema transversal, atopamos este fermoso video que fai un percorrido sobre como foi a muller retratada ó longo da historia e dos diferentes períodos e tendencias artísticas no campo da pintura.
Pero tamén queremos aproveitar esta entrada, para facer visibles ás mulleres como autoras, como creadoras, renovadoras de conceptos e técnicas artísticas, non só coma modelos estéticos ou motivos de obras de arte.
Para que investiguedes mais, vos deixamos este enlace, que ademais de estar moi ben elaborado porque motiva ó descubrimento, fai un percorrido polos distintos campos da creación e de creadoras de diferentes épocas.