Blogging tips

8 nov. 2013

Para aprender a buscar mellor sobre o noso proxecto documental: WIKIMUJERES


Si, non vos confundíchedes ó ler o título da entrada. Non...non é a wikipedia coa que xa ídes estando familiarizados, trátase doutra, dunha "especializada" en mulleres. Por que?...Porque son tantas ó longo da historia que fixeron todo tipo de cousas ou que o intentaron pese ó recelo da sociedade na que lles tocou vivir...que é unha lástima que non nos dé para coñecer a todas, pero si ás que por calquera razón nos apeteza investigar.
WIKIMUJERES, encárgase de darnos información sobre mulleres que fixeron historia, pero tamén de facer visibles a aquelas que no seu tempo non o conseguiron, pero que non se rendiron.
É interesante que unha vez que estades dentro da páxina, vos levará a distinos recunchos. Un deles adicado ós e ás máis novos e novas: DIDÁCTICA WIKIMUJERES.
Como esta semana o día 10 está adicado á ciencia, aquí vos deixamos unha proposta sobre este tema para traballar diferentes tipos de textos.

               AGNÓDICE E TRÓTULA
                                 
http://www.pedrostrukelj.com/2011/05/temas-griegos_3039.html (Blog do autor da imáxe de Agnódice.









http://wikimujeres.net/sites/default/files/proyecto_escritura_contraste.pdf 

Este primeiro enlace é a proposta de investigación
http://wikimujeres.net/search/node/agn%C3%B3dice    ESTES DOUS SON UNHA AXUDIÑA...
http://wikimujeres.net/search/node/tr%C3%B3tula

Este é o resultado da investigación. Si chegaches aquí é que te rendiste moi pronto. Tamén pode ser que tiveras tanta curiosidade que non pudeches evitalo

E si xa estás empregando o enlace de abaixo...XA NOS CONTARÁS TODO O QUE APRENDICHES.
Podedes aportarnos as vosas investigacións e as subiremos ó blog, co voso nome e apelidos, por suposto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario