Blogging tips

26 nov 2013

"Viaxe á semente". Fina Casalderrey mestra e escritora membro da Real Academia da Lingua Galega

Que Fina Casalderrey sexa a nova membro numerario da Real Academia Galega énchenos de ledicia por moitos motivos.
O primeiro, que adicou a súa vida profesional á docencia, dun xeito comprometido, naqueles anos nos que agromaba o ensino en galego para que a nosa lingua e tradicións formaran parte do imaxinario infantil que axudaría a reconstruir a identidade dun pobo.


Tamén o feito de ser desas mestras pioneiras, que dende as experiencias na aula decatáronse do imprescindible dunha literatura infantil e xuvenil de calidade en lingua galega.
Porque forma parte dos escritores en lingua galega que foron galardoados co Premio Nacional de Literatura Infantil, que por certo, todos son mestres e mestras.

Porque foi unha mestra rural, que dende a sinxeleza das súas aulas soubo mostrar un mundo infinito, cheo de posibilidades, como é a literatura.
Porque formou parte do ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE PARA TODOS E TODAS E EN GALEGO e nestes tempos de "reforma" ten que servirnos de inspiración.
Imáxe dinamizacióncarballeira.blogspot.com








Porque non esquecendo que ademais dunha grande escritora con recoñecemento, adicou grande parte da súa vida ás aulas, o eixe vertebrador do seu discurso de ingreso na Real Academia Galega é a importancia dos nenos e nenas, mozos e mozas lectores, de ahí o título que empregou "VIAXE Á SEMENTE". Aquí vos deixamos unha mostra chea de emocións:
"Unha viaxe á semente da literatura será sempre unha peregrinación posto que a vida enteira cabe na memoria da nenez. É nela onde están representadas as cousas onde habita a nosa capacidade fabuladora, ese xerme...".
 
E non esquezamos que con ela son CINCO as         mulleres que forman parte desta institución.Esperamos de corazón que pronto o número medre, xa que hai escritoras e investigadoras con meritos dabondo para que esto aconteza. O enlace que vos deixamos a continuación é para que analicedes o título desta nova: 
http://galicia24horas.es/2013/01/a-escritora-fina-casalderey-nova-academica-da-galega/ 


        PARA SABER MAIS DESTA AUTORA
http://culturagalega.org/buscassemana.php?termo=casal 
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2013/11/22/fina-casalderrey-os-pequenos-lectores-mais-novos-ca-nos-non-listos/0003_201311G22P52993.htm 
http://www.realacademiagalega.org/novas/



No hay comentarios:

Publicar un comentario