Blogging tips

12 dic 2013

Nelson Mandela: Un ser humano excepcional que soubo sementar conciencia colectiva

Nestes días, nos que estamos a traballar nas aulas "OS DEREITOS HUMANOS",tamen estamos a coñecer a historia, a vida e o pensamento de Nelson Mandela. No acto que tivo lugar no colexio o día 10 DE DECEMBRO, ademais de facer visible a conmemoración do "DÍA DOS DEREITOS HUMANOS UNIVERSAIS", tamen homenaxeamos a "MADIVA", xa que faleceu o pasado xoves día 5 de decembro. El personifica os valores que todos temos que perseguir na vida para acadar as nosas metas: ESFORZO, CONSTANCIA, INTEGRIDADE, SINXELEZA...A lista sería tan longa... Vos deixamos estes videos para que o coñezades un pouquiño mais e a partir deles podades investigar.

9 dic 2013

"Todos e todas somos persoas con dereitos"

Canción sobre os dereitos humanos da infancia da banda sonora orixinal da película de animación "EL EXTRAORDINARIO VIAJE DE LUCIUS DUMB". dirixida por Maite Ruiz de Austri e producida por Iñigo Silva. Os autores da canción son Mili Vizcaíno e Pedro Calero, e todos os artistas, músicos, cantantes e técnicos son extremeños.

3 dic 2013

Decembro: ENFIANDO EMOCIÓNS DENDE A BIBLIOTECA. Contos que poden axudar a comprender mellor os dereitos humanos

O día dez de decembro é o escollido no mundo enteiro para facer visibles os dereitos humanos. E cales son estes?...É certo que os temos?...Son respectados en todo o mundo?...Que podemos facer nós para que sexan reais no noso contorno?...
Ó longo destes días iremos colgando entradas para que vaiades investigando e tendo información.
De momento vos mostramos un interesante conto, para facervos pensar sobre cales son "OS DEREITOS QUE TODO SER HUMANO TEN QUE TER".

CONTO 1: "EL PUEBLO QUE NO QUERÍA SER GRIS"

Nun pobo de mil cores cheo de alegría, todos os habitantes falaban de paz, de liberdade...Pero sen saber como nin por que, apareceu alguen que dixo BASTA! e todas as cores comezaron a perderse ata chegar á cor gris... 



E si preferides escoitar o conto...

ARTIGO 1º: Tódolos seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia, débense comportar fraternalmente uns cos outros.

CONTO 2: "EL CAZO DE LORENZO" Todos e todas arrastramos o noso cazo, e que máis da?...É o bo do mundo, que todos e todas somos diferentes.
CONTO 3: "LAMBERT, LEÓN CORDERO" Todos e todas temos dereito a unha familia. Todas as familias son diferentes.

CONTO 4: "LA LÍNEA" Todos e todas somos responsables do que acontece ó noso arredor.

1 dic 2013

O próximo xoves 5 de decembro SESIÓN DE CONTACONTOS DE "AS SEMENTES LECTORAS"

Esta sesión tivemos que retrasala un chisquiño, parece que xa nos tarda ver a biblioteca tan animada como é costume nos contacontos da tarde.

Aquí vos deixamos a información e os horarios. Lembrade que vos esperamos a todos e todas.

E quenes son Beatrice Dourmec e Ayax Barnes?...

Ayax era un ilustrador que entrou no mundo da literatura para nenos e nenas grazas á invitación de Beatriz, a súa compañeira, que escribía historias. Así esta parella publicou moitos libros, entre eles alguns que axudaron a pensar, crear e imaxinar: Una pluma con historia, El pueblo que no quería ser gris, La línea...

Estes libros estimulan o crecemento dos lectores, porque lles plantexan interrogantes, para poder ser activos e curiosos. Aínda que pareza mentira, moi poucos anos despois da creación destes libros (aproximadamente en 1976), Beatriz e Ayax tiveron que marchar do seu país, Arxentina, xa que os seus libros foron prohibidos porque según as autoridades estes textos poderían iniciar ós nenos e nenas no camiño da liberdade, a creatividade e a autonomía. Increíble verdade?...Xusto o que hoxe en día tratamos de facer os mestres e mestras na escola. 



Este é o motivo polo que queremos recuperalos. Beatrice e Ayax, tiveron que percorrer varios países, buscando un novo lugar para vivir, pero sin perder o humor, a imaxinación e a sensibilidade, XUNTOS E IGUAIS. E un día chegaron a Barcelona, e alí quedaron a vivir, como a bolboreta de “Casos y cosas de gusano y mariposa”. Continuaron pintando e escribindo e publicaron moitos libros máis para nós.

                                                    
http://lamemoriayelsol.wordpress.com/2009/08/20/la-linea-de-beatriz-doumerc-y-ayax-barnes/

http://darabuc.wordpress.com/2008/04/13/una-pluma-con-historia-de-beatriz-doumerc-y-ayax-barnes/

http://blog.eternacadencia.com.ar/archives/2009/1784