16 dic 2014
14 dic 2014
Intercambiando historias
O xoves pola tarde visitamos o cole de Pazos de Reis para facer unha sesión de contacontos para as familias. Esta sesión forma parte de un proxecto de colaboración iniciado o curso pasado que consiste no intercambio de historias entre os dous centros. Contaremos coa súa visita no vindeiro trimestre.
O conto: "Aventuras co televisor de Gianni Rodari".
As contacontos: Olalla, maría, Verónica, Yaiza e Carla que xa fixeran esta sesión no noso centro no mes do outubro.
A experiencia foi moi enriquecedora para tod@s.
Compartindo pasámolo moi ben !

13 dic 2014
30 nov 2014
100 anos da publicación de "Platero y yo"
Páxina web da Fundación Zenobia, Juan Ramón Jiménez, onde poderedes atopar máis información.
Visita a casa museo
biografía do autor
material didáctico descargable...
28 nov 2014
20 nov 2014
20 DE NOVEMBRO, DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DOS NEN@S
1. Todo nen@ sen distinción de raza, idioma ou relixión, ten dereito a escoitar os máis fermosos contos da tradición oral dos pobos, especialmente aqueles que estimulen a súa imaxinación e a súa capacidade crítica.
2. Todo nen@ ten dereito a esixir que seus pais lle conten contos a calquera hora do día.
Aqueles pais que sexan sorprendidos negándose a contar un conto a un neno, non só incorren nun grave delito de omisión culpable, senón que se están autocondenando a que seus fillos endexamais lles volvan pedir outro conto.
3. Todo nen@ que por algunha razón non teña a ninguén que lle conte contos, ten absoluto dereito a pedirlle ao adult@ da súa preferencia que llos conte, sempre que este amose que o fai con amor e tenrura, que é como se contan os contos.
4. Todo nen@ ten dereito a escoitar contos no colo dos seus avós e avoas. Aqueles que teñan vivos a seus catro avós poderán cederllos a outros nenos que por diversas razóns non teñan avós que llelos conten. Do mesmo xeito, aqueles avós que carezan de netos están en perfecta liberdade de acudir a escolas, parques e outros lugares de concentración infantil, onde poderán contar cantos contos queiran.
5. Todo nen@ está no dereito de saber quen son os principais autores de contos. As persoas adultas teñen a obriga de poñer ó alcance dos nenos todos os libros, contos e poemas deses autores.
6. Todo nen@ goza en plenitude do dereito de coñecer as fábulas, lendas e mitos da tradición oral do seu país.
7. O nen@ tamén ten dereito a inventar e contar os seus propios contos, así como a modificar os xa existentes, creando a súa propia versión.
8. O nen@ ten dereito a esixir contos novos. Os adultos están na obriga de nutrirse permanentemente de novos e imaxinativos relatos, propios ou alleos, con reis ou sen eles, longos ou curtos. O único obrigatorio é que os contos sexan realmente fermosos.
9. O nen@ sempre ten dereito a pedir outro conto e a pedir que lle conten un milleiro de veces o mesmo conto.
10. Todo nen@, por último, ten dereito a medrar acompañado das aventuras dos Tres Porquiños, dos Tres Osos, daquel cabalo que era tan bonito.... e do inmortal “había unha vez”, fórmula máxica que abre as portas da imaxinación na ruta cara os soños máis fermosos.

13 nov 2014
A radio na escola
Pinchade no enlace para escoitar o programa do CEIP de Pazos, emitido dende a radio municipal de Tui o xoves 6 de novembro ás 11:30, o primeiro deste curso de radio escolar na que alumnado de diferentes escolas fai recomendacións literarias e no que o noso centro está convidado a participar.
Estade moi atentos porque falan dun libro moi interesante que algúns de vós coñecedes ben.
Programa de radio do CEIP de Pazos de Reis
Despois de escoitalo podedes facer comentarios sobre o programa e o libro que nos recomendan.
Lembrade que para facelo tedes que ter unha conta de gmail, así que o mellor será pedir axuda a vosa familia.
Animádevos e participade!!!
Etiquetas:
animación á lectura,
Biblioteca,
colaboracións con outros centros,
ENDL,
Radio escolar,
Tema transversal lecer
10 nov 2014
Novembro, mes da ciencia en galego
No ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Novembro como “Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento”.
Dende a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estase a impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.
Manifesto de Ángel Carracedo en favor da ciencia
A Asesoría de bibliotecas escolares realizou unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia, en galego, que pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogues de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc.
Pincha no enlace para acceder aos recursos
9 nov 2014
GaliciaLe, unha plataforma para o préstamo de libros electrónicos
GaliciaLe é a plataforma do libro electrónico das bibliotecas públicas
galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á
lectura neste formato.
GaliciaLe
proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital
de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras
terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas
as idades o seu lugar.
En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un
que contén o “Catálogo do libro electrónico en galego” e outro que aloxa
o “Catálogo do libro electrónico en castelán”. Os libros incluídos
nestas dúas contornas poderán lerse en dispositivos compatibles:
tabletas, teléfonos móbiles, ordenadores persoais e lectores de libros
electrónicos.
Pinchando AQUÍ atoparedes toda a información que necesitades para acceder a esta páxina e poder rexistrarvos.
BOA LECTURA!!!
6 nov 2014
Taller de KAMISHIBAI
Neste vídeo a artista teatral “Garabato” fala da historia do KAMISHIBAI e tamén nos explica como podemos construir un teatriño de cartón.
2 nov 2014
Un libro que da moito xogo
Nesta enlace poderás atopar unha guía de lectura.
Guía de actividades para traballar o conto "Cuentos para jugar" de Gianni Rodari", unha proposta da editorial Alfaguara, a partir de 10 anos.
Guía de actividades para traballar o conto "Cuentos para jugar" de Gianni Rodari", unha proposta da editorial Alfaguara, a partir de 10 anos.
1 nov 2014
30 oct 2014
Música para espantar o medo
"NO SAMAÍN" é unha das 12 cancións incluídas no libro-cd-dvd "BRINCA VAI!", composto e interpretado por Paco Nogueiras, con ilustracións de David Pintor e vídeos de Sr. Sagüillo. Está publicado por KALANDRAKA.
29 oct 2014
27 oct 2014
SEMENTES LECTORAS no mes de outubro, mes das bibliotecas escolares
O xoves 30 de outubro teremos a primeira sesión de contacontos das "SEMENTES LECTORAS", unha actividade na que participa toda a comunidade educativa.
O lugar, coma é habitual na biblioteca, o horario, de 17:00 a 18:30 h.
Nesta ocasión van ser alumnas de 6º as encargadas de contarnos unha historia do escritor italiano Gianni Rodari.
Podedes ler a información nos carteis que vos deixamos a continuación.

21 oct 2014
Equipo de responsables do primeiro trimestre
Unha imaxe do equipo de axudantes da biblioteca en horario de recreo e tamén , creadores de historias, ilustradores, contacontos, expertos en formación de usuarios, dinamizadores...
20 oct 2014
19 oct 2014
17 oct 2014
As bibliotecas, centros de lectura, información e aprendizaxe
Outubro é o mes das bibliotecas escolares e o día 24 conmemoramos o día da biblioteca.
O lema deste ano é A biblioteca escolar, unha chave para o pasado, o presente e o futuro. Para facer máis visible este día imos realizar unha sesión de contacontos para todo o alumnado. De momento, non imos desvelar nada sobre esta actividade, porque queremos que sexa unha sorpresa. Seguro que o imos pasar moi ben.
Como adianto, aquí vos deixamos un vídeo con imaxes das bibliotecas más importantes do mundo, de antes e de agora, que nos axudarán a entender a importancia destes espazos de cultura.

16 oct 2014
DALLE USO AO GALEGO!
Neste curso, dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, queremos propoñervos esta actividade de fomento e uso do galego. Si vos fixáchedes, nas escaleiras de subida ás aulas, hai un neno "moi falangueiro", con tantas gañas de dicir palabras fermosas que ata ten a lingua de fora.
Por cada aula, tedes que colocar catro palabras con temas relacionados coa época do ano na que estamos, "O OUTONO", para que o rapaz teña vocabulario para falar na nosa fermosa lingua.
O alumnado de Educación Infantil terá como tema "OS FROITOS", 1º e 2º "RECEITAS", 3º e 4º "XOGOS TRADICIONAIS" e 5º e 6º "O BOSQUE".
Para que vos inspiredes un pouquiño e si queredes saber algo mais destes temas, vos deixamos
algunhas suxerencias literarias e enlaces interesantes.
"OS FROITOS"
"AS RECEITAS E CON QUE FACELAS"
"OS XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS NO OUTONO E NA ESCOLA"
"O BOSQUE"
E agora, para rematar
e animarvos a participar,
vos deixamos unha cantiga
sobre a lingua amiga:
A LINGUA É A NOSA VITAMINA,
DALLE USO!
9 oct 2014
Charla de formación de usuarios
O alumnado de 5º e 6º xa está traballando para que a biblioteca funcione mellor.
Na hora de ler, Silvia, Clara e Claudia déronlle unha charla de formación de usuarios ao alumnado de primeiro e segundo.
E fixérono de maravilla, porque todos entenderon e aprenderon como se organizan os libros e como funciona a biblioteca.

24 sept 2014
CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DO LIBRO
Acaba de
presentarse esta campaña de promoción do libro por parte da Federación
de librarías de Galicia e a Asociación Galega de Editores. "Venres nas
librarías" será un encontro cos libros e os seus autores na tarde dos
venres nos meses de outubro e novembro.
CARTEL e lema das BE
Biblioteca escolar... matemático!!! é o lema elixido este ano para o cartel da campaña de comezos de curso nas bibliotecas escolares galegas.
O lema xoga a salientar o papel imprescindible da biblioteca escolar e, ao tempo, quere lembrar a necesidade de espertar o interese polas matemáticas, achegándose a elas de forma natural e incitando a descubrir a súa presenza na natureza e nos obxectos que nos rodean.
O ilustrador David Pintor foi o encargado de poñer imaxe ao lema desta campaña.
22 jun 2014
A biblioteca, memoria en imaxes das actividades realizados ao longo do curso escolar 13/14.
19 may 2014
Obradoiro de dobraxe
Este curso realizamos un obradoiro de dobraxe para conmemorar o días das letras galegas.
Foi unha experiencia moi interesante e novedosa para todos e todas.
Foi unha experiencia moi interesante e novedosa para todos e todas.
Sesión de contacontos das Sementes lectoras: " A fada palavrinha e o gigante das bibliotecas""
11 may 2014
Nova sesión de "As Sementes Lectoras"
Continuando coa nosa actividade, nesta ocasión, para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, teremos un novo Intercambio coa Biblioteca de Vilanova de Cerveira.
Parece que está a convertirse nun costume estupendo, esto de recibir visita do outro lado do río Miño, xa que, o curso pasado, por estas datas, tamén nos contaron unha interesante historia en formato de teatro "A LAGARTA BORBOLETA".
Esperamos que desta vez disfrutedes tanto como na anterior.
No mes de maio, enfiando cores
Este é o derradeiro mes do noso PDI. Comezou no mes de outubro con ENFIANDO FIOS, da man dunha muller que tamen nos falaba de "Penélope" e rematamos no mes de maio a traves da poesía de mulleres que reivindicaron esta personaxe da mitoloxía, mostrandonos as suas visións en ENFIANDO CORES.
Xosé Díaz Castro, empapouse da Penélope Rosalía de Castro, da Galicia Penélope.
A Penélope de Xohana Torres é a da reivindicación, a da acción, amosa que Penélope non espera, ela é a dona do seu destino e pasa a acción.
A de Carmen Blanco, prosegue na súa incansable teima de vivir ... PORQUE ESTÁ VIVA E ACTUA!
A de Olga Novo é a da Igualdade. Cos mesmos dereitos O ÚNICO TECIDO QUE IMPORTA É O DA LIBERDADE.

Que vos parece si facemos un pequeno percorrido?...Vos deixamos uns enlaces por si queredes investigar un chisco
O ÚNICO TECIDO QUE IMPORTA É O DA LIBERDADE
Penélope, o poema mais emblemático do poemario "Nimbos" de Xosé María Díaz Castro
Neste vídeo elaborado polo CEP MARCOS DA PORTELA, poderedes comprender mellor o poema "PENÉLOPE". Con música do grupo "Madredeus" e imaxes que describen a perfección as ideas dos distintos versos do autor.
4 may 2014
LETRAS GALEGAS 2014
Aquí tedes os carteis sobre a vida e obra de Xosé María Díaz Castro.
Debaixo dos carteis tedes un pasapregunta no que poderedes poñer a proba os vosos coñecementos do autor homenaxeado.
27 abr 2014
LETRAS GALEGAS 2014
Xa non queda nada para conmemorar o Día das Letras Galegas deste ano.
Aquí vos deixamos algúns recursos sobre o autor homenaxeado, Xosé María Díaz Castro.
Non vos esquezades de que hai uns enlaces con máis recursos na columna da dereita, arriba.
24 abr 2014
Ilusiónate coa Ciencia
O marcapáxinas agasallo do día do libro foi un reto. Aínda que parece diferente é igual. Algúns seguen a darlle voltas intentando descifrar o misterio. Non é misterio, é ciencia!
Se vos gustan os retos aquí vos deixamos unha páxina con moitos exemplos de ilusións ópticas con explicacións científicas para entendelas mellor.
Seguro que o pasaredes moi ben, mellor en familia!!!
ilusións ópticas

22 abr 2014
Como se fai un libro
Aquí vos deixamos un interesante vídeo que explica o proceso de fabricación dun libro. As imaxes e o texto pertencen ao libro co mesmo título, da editorial "Pintar Pintar".
Esperamos que vos guste!!!
Esperamos que vos guste!!!
21 abr 2014
Os autores do conto" Casos y cosas de gusano y mariposa", unha parella formada por un ilustrador e unha escritora
Ayax era un ilustrador que entrou no mundo da literatura para nenos e nenas grazas á invitación de Beatriz, a súa compañeira, que escribía historias. Así esta parella publicou moitos libros, entre eles alguns que axudaron a pensar, crear e imaxinar: Una pluma con historia, El pueblo que no quería ser gris, La línea...
Estes libros estimulan o crecemento dos lectores, porque lles plantexan interrogantes, para poder ser activos e curiosos. Aínda que pareza mentira, moi poucos anos despois da creación destes libros (aproximadamente en 1976), Beatriz e Ayax tiveron que marchar do seu país, Arxentina, xa que os seus libros foron prohibidos porque según as autoridades estes textos poderían iniciar ós nenos e nenas no camiño da liberdade, a creatividade e a autonomía. Increíble verdade?...Xusto o que hoxe en día tratamos de facer os mestres e mestras na escola.
Este é o motivo polo que queremos recuperalos.
Beatrice e Ayax, tiveron que percorrer varios países, buscando un novo lugar para vivir, pero sin perder o humor, a imaxinación e a sensibilidade, XUNTOS E IGUAIS.
E un día chegaron a Barcelona, e alí quedaron a vivir, como a bolboreta de “Casos y cosas de gusano y mariposa”. Continuaron pintando e escribindo e publicaron moitos libros máis para nós.
http://lamemoriayelsol.wordpress.com/2009/08/20/la-linea-de-beatriz-doumerc-y-ayax-barnes/
http://darabuc.wordpress.com/2008/04/13/una-pluma-con-historia-de-beatriz-doumerc-y-ayax-barnes/
http://blog.eternacadencia.com.ar/archives/2009/1784
Estes libros estimulan o crecemento dos lectores, porque lles plantexan interrogantes, para poder ser activos e curiosos. Aínda que pareza mentira, moi poucos anos despois da creación destes libros (aproximadamente en 1976), Beatriz e Ayax tiveron que marchar do seu país, Arxentina, xa que os seus libros foron prohibidos porque según as autoridades estes textos poderían iniciar ós nenos e nenas no camiño da liberdade, a creatividade e a autonomía. Increíble verdade?...Xusto o que hoxe en día tratamos de facer os mestres e mestras na escola.
http://lamemoriayelsol.wordpress.com/2009/08/20/la-linea-de-beatriz-doumerc-y-ayax-barnes/
http://darabuc.wordpress.com/2008/04/13/una-pluma-con-historia-de-beatriz-doumerc-y-ayax-barnes/
http://blog.eternacadencia.com.ar/archives/2009/1784
Suscribirse a:
Entradas (Atom)