Blogging tips

26 ene 2014

Para saber máis sobre o autor deste mes José Saramago

Resulta difícil explicar quen é este escritor portugués, porque a súa excepcional obra fai difícil facer un breve comentario. Para que saibades da súa humildade, vos deixamos un fragmento do comezo do conto "A MAIOR FLOR DO MUNDO":
"As historias para nenos deben ser escritas con palabras moi simples, porque os nenos, sendo pequenos, saben poucas palabras e non lles gusta usarlas complicadas. Quen me dera saber escribir esas historias, pero nunca fun capaz de aprender e dame pena..."

É interesante ler a súa autobiografía, por eso vos deixamos aquí o enlace da súa fundación, á dun Premio Nobel que tivo a intelixencia de escribir aos nenos e nenas:
http://fjs_espanol.blogs.sapo.pt/14258.html

Para coñecer os libros que escribíu:
http://josesaramago.blogs.sapo.pt/239438.html
Ten dous títulos de literatura infantil e xuvenil: "A maior flor do mundo"(2001, aínda que o tiña escrito dende os anos 70) e "O silencio da auga"(2011).
"A maior flor do mundo" está editado en Portugal, España, Italia, Bangladesh, Brasil, Corea, Grecia, Israel e Turquía. Será porque é moi interesante non?...
"O silencio da auga" foi editado en Portugal, España, Brasil, Grecia, Corea e Turquía.

Sesión das "SEMENTES LECTORAS" de xaneiro



Conmemoramos coas familias "O DÍA DA PAZ", mediante este conto que plasma como cun pequeno esforzo persoal, podemos cambiar moitas cousas.
Pero para o colexio é unha sesión moi, moi, pero que moi especial. CUMPLIMOS 1 ANO!...
Quen nos ía dicir aquel 31 de xaneiro de 2013, día chuvioso e tristón, que a nosa biblioteca se ía iluminar cun montón de persoas que asistían a escoitar unha pequena historia...Non vos podedes imaxinar o importante que foi para todos.
Grazas a vos, podemos continuar con este proxecto, que esperamos que se alongue no tempo todo o posible: contando nos, contando as familias, contando os nenos e nenas...
O escritor deste mes, José Saramago, ten unha frase que encaixa moi ben coas nosas experiencias:

“E si as historias para nenos e nenas  foran lectura obrigada para os adultos?...Seríamos realmente capaces de aprender o que dende fai tanto tempo, vimos ensinando?...”

18 ene 2014

Se ti das un bo paso, sempre haberá quen de mais

Buscando mais información sobre SUMAK KAWSAY (O BO VIVIR), atopamos este fantático video, no que sobran as palabras e hai un montón de bos feitos. A ensinanza?...Lé o título da entrada e a do video.



MOITA XENTE PEQUENA, EN LUGARES PEQUENOS,
FACENDO COUSAS PEQUENAS PODE CAMBIAR O MUNDO

                                                       Eduardo Galeano

16 ene 2014

Que será SUMAK KAWSAY?...Haberá que investigar...


LE CON ATENCIÓN ESTAS PALABRAS E TERÁS MOITAS PISTAS...

Neste esquema tes mais información: PODER, HACER, SABER, QUERER. Por que serán importantes?...

E con este mandala comprenderás a beleza e importancia do SUMAK KAWSAY
E agora, si xa sabes do que falamos, podes enviarnos un comentario. Faremos un concurso coas respostas que acheguedes, xa sabedes que haberá premio.

Si aínda non sabedes nada, seguiremos engadindo información ó longo deste mes.

Algunhas recomendacións literarias para este mes

Tres suxerencias de lecturas que nos parecen interesantes para traballar o tema da paz e a coeducación. Son unha mostra de como con pequenos xestos, podemos chegar a facer mais agradable o mundo no que vivimos.


http://colegiopalaciovaldes.es/index.php/complementarias/555-wangari-y-los-arboles-de-la-paz
LIM do libro WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE LA PAZ

Video do libro WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE LA PAZ en galego e narrado por nenos e nenas.

http://www.youtube.com/watch?v=YzR4M72Wrno
Vídeo coa narración do conto O HOMIÑO DE PAPEL en galego e narrado por nenos e nenas.

http://www.youtube.com/watch?v=QelLxBkPbDU
Video no que unha nena narra o conto LA ESCUELA SECRETA DE NASREEN. A continuación amosa imáxes das nenas nas escolas...interesante reflexión.

14 ene 2014

No mes de xaneiro "ENFIANDO SABERES DA VIDA", un camiño para a paz.

Neste mes, vos propoñemos que vos fixedes na importancia de escoitar os saberes populares, á xente que nos rodea e que ten unha importante experiencia vital...Nela seguramente encontraremos "CAMIÑOS PARA ATOPAR A PAZ".
Os proverbios e refrans son unha explendida fonte de sabiduría.
Aquí vos deixamos dous enlaces, que vos axudarán na procura de proverbios e saberes dos maiores.

http://es.wikipedia.org/wiki/Proverbio


http://www.bancodelasabiduriapopular.com

13 ene 2014

EDUGA, revista galega do ensino

A revista EDUGA  no nº66,  publica un artigo sobre o PDI que desenvolvimos o curso pasado: "Os alimentos na identidade cultural, social e económica de Galicia: treboada no Miño, pan e viño".
Está no apartado de bibliotecas, dentro de boas prácticas.

http://www.edu.xunta.es/eduga/492/boas-practicas/os-alimentos-na-identidade-cultural-social-economica-galicia-treboada-no-mino-pan