Blogging tips

1 abr 2014

Conmemoramos o día do libro infantil e xuvenil

                               


Dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, a IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis xoves.
Cada ano, unha sección nacional da IBBY ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e selecciona un escritor representativo e a un recoñecido ilustrador do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos e nenas do mundo e o cartel que se distribuie por todo o mundo, e se promova a celebración nas bibliotecas, centros escolares, librerías, etc.
Este ano, o país elexido é Irlanda. O diseño do cartel é de Niamh Sharkey, e o texto, da escritora Siobhán Parkinson:

 Para acceder ao texto



Aquí vos deixo un espectáculo musical que recrea personaxes dos contos de ANDERSEN, pero non esquezades que os seus libros están esperándovos na BIBLIOTECA do cole.


Vista previa

No hay comentarios:

Publicar un comentario