Blogging tips

30 oct 2014

Música para espantar o medo

"NO SAMAÍN" é unha das 12 cancións incluídas no libro-cd-dvd "BRINCA VAI!", composto e interpretado por Paco Nogueiras, con ilustracións de David Pintor e vídeos de Sr. Sagüillo. Está publicado por KALANDRAKA.

27 oct 2014

SEMENTES LECTORAS no mes de outubro, mes das bibliotecas escolares

O xoves 30 de outubro teremos a primeira sesión de contacontos das "SEMENTES LECTORAS", unha actividade na que participa toda a comunidade educativa.
O lugar, coma é habitual na biblioteca, o horario, de 17:00 a 18:30 h.
Nesta ocasión van ser alumnas de 6º as encargadas de contarnos unha historia do escritor italiano Gianni Rodari.
Podedes ler a información nos carteis que vos deixamos a continuación.








21 oct 2014

Equipo de responsables do primeiro trimestre

Unha imaxe do equipo de axudantes da biblioteca en horario de recreo e tamén , creadores de historias, ilustradores, contacontos, expertos en formación de usuarios, dinamizadores...

17 oct 2014

As bibliotecas, centros de lectura, información e aprendizaxe

Outubro é o mes das bibliotecas escolares e o día 24 conmemoramos o día da biblioteca.
O lema deste ano é A biblioteca escolar, unha chave para o pasado, o presente e o futuro. Para facer máis visible este día imos realizar unha sesión de contacontos para todo o alumnado. De momento, non imos desvelar nada sobre esta actividade, porque queremos que sexa unha sorpresa. Seguro que o imos pasar moi ben.
Como adianto,  aquí vos deixamos un vídeo con imaxes das bibliotecas más importantes do mundo, de antes e de agora, que nos axudarán a entender a importancia destes espazos de cultura.

 

16 oct 2014

DALLE USO AO GALEGO!

Neste curso, dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, queremos propoñervos esta actividade de fomento e uso do galego. Si vos fixáchedes, nas escaleiras de subida ás aulas, hai un neno "moi falangueiro", con tantas gañas de dicir palabras fermosas que ata ten a lingua de fora.
Por cada aula, tedes que colocar catro palabras con temas relacionados coa época do ano na que estamos, "O OUTONO", para que o rapaz teña vocabulario para falar na nosa fermosa lingua.

O alumnado de Educación Infantil terá como tema "OS FROITOS", 1º e 2º  "RECEITAS", 3º e 4º "XOGOS TRADICIONAIS" e 5º e 6º "O BOSQUE".
Para que vos inspiredes un pouquiño e si queredes saber algo mais destes temas, vos deixamos 
algunhas suxerencias literarias e enlaces interesantes.
"OS FROITOS"
"AS RECEITAS E CON QUE FACELAS"
"OS XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS NO OUTONO E NA ESCOLA"
"O BOSQUE"

E agora, para rematar
e animarvos a participar,
vos deixamos unha cantiga
sobre a lingua amiga:

A LINGUA É A NOSA VITAMINA,
DALLE USO!

9 oct 2014

Charla de formación de usuarios

O alumnado de 5º e 6º xa está traballando para que a biblioteca funcione mellor.
Na hora de ler, Silvia, Clara e Claudia déronlle unha charla de formación de usuarios ao alumnado de primeiro e segundo.
E fixérono de maravilla, porque todos entenderon e aprenderon como se organizan os libros e como funciona a biblioteca.