Blogging tips

15 ene 2015

Programa de radio escolar

O xoves 8 de xaneiro emitiuse o programa de radio que preparou o alumnado de 4º do noso cole.
Visitaron a Radio Municipal de Tui e fixeron a gravación antes das vacacións de Nadal. 
O contido do programa consistiu nunha recomendación literaria.
O libro:" A nai da nai da miña mamá", un conto novo que temos na biblioteca e que xa podedes levar en préstamo.




No estudo de gravación estiveron os que facían de locutores pero todos poideron vivir a experiencia en primeira persoa.
Foi unha actividade moi interesante na que participaron todos.
Así o contaron os protagonistas: 
BORJA "Foi unha experiencia maravillosa porque puiden recomendar a moitas persoas un libro precioso". 
UXÍA G. "Foi unha experiencia inolvidable xa que poidemos compartir este libro con todos".
IVÁN "Gustoume moito porque poidemos recomendar este libro  e estabamos un pouco nerviosos"
MARTA "Foi unha experiencia moi bonita porque poidemos transmitir un conto novo".
LAURA G. "Foi unha experiencia única e inolvidable porque compartimos as mensaxes con todos os que o escoitaron".
NEREA "Gustoume moito ir á radio aínda que me puxen un pouquichiño nerviosa. Cando os meus compañeiros e eu escoitamos a radio sentínme orgullosa do que gravaramos". 
Para os que non o escoitaron e para os que queirades repetir, aquí vos deixamos o enlace.  
                                                
                                                      PROGRAMA
                                    

NORABOA A ESTES "PEQUENOS GRANDES LOCUTORES"  PORQUE O FIXERON MOI BEN !!!
Mirade, mirade...


13 ene 2015

Uso de imaxes da INTERNET e dereitos de autor



Pinchando AQUÍ atoparedes un titorial do CEIP Frián -Teis que explica moi ben como podemos facer un uso adecuado das imaxes que podemos baixar da internet respectando os dereitos de autor.


 BANCOS DE RECURSOS GRATUITOS


10 ene 2015

"O SEÑOR MAGO E A FOLLA" NAS SEMENTES LECTORAS DO MES DE DECEMBRO

Aquí vos deixamos unhas imaxes para lembrar o ben que o pasamos coa sesión de contacontos de mes de decembro.

MOITÍSIMAS GRAZAS  MABEL e BELÉN por adicar o voso tempo e poñer tanta ilusión e bo facer neste proxecto. 

ENCANTOUNOS!!!


ADAPTACIÓN DO CONTO: "O señor mago e a folla" from ceip sobrada on Vimeo.

9 ene 2015

RECURSOS EN GALEGO PARA TODAS AS IDADES E DE DIVERSOS TEMAS

Queremos deixarvos un banco de recursos verdadeiramente interesante realizados por profesionais do ensino e alumnado.
Están tomados do banco de recursos da CGENDL(Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística).
Son LIMs interactivos, prácticos, para escoitar, para falar...Moitos deles poden servir de axuda nas áreas de Coñecemento do Medio, Naturais e Sociais...Pero tamén os hai de matemáticas, de lectura...
Dende o ENDL e Bibliotecas Escolares consideramos que valen a pena. Esperamos que así sexa.

RECURSOS INTERACTIVOS EN LINGUA GALEGA

DALLE USO AO GALEGO: VOCABULARIO DE OUTONO E INVERNO

Igual cun pouquiño de retraso, pero aquí deixamos unhas imaxes do que deu de si esta actividade no primeiro trimestre deste curso. Fermosas palabras as que saíron para aumentar o vocabulario na nosa lingua. Grazas a todos por participar e, si aínda queredes poñer ou sabedes de mais palabras, queda sitio para colocalas nos nosos deslinguados de outono e inverno e...estade atentos porque neste trimestre aínda teremos que buscar mais palabras: do entroido, da primavera...quen sabe por onde aparecerá outro deslinguado ou deslinguada...
VOCABULARIO DO OUTONO: RECEITAS, XOGOS E O BOSQUE
VOCABULARIO DE INVERNO: PRENDAS DE VESTIR, A FAMILIA E O TEMPO ATMOSFÉRICO