Blogging tips

9 feb 2015

RECURSOS PARA O ENTROIDO

No colexio non se para...goma eva por aquí, brillos por alá, pinturas no outro lado...Que si a pancarta, que a bolsa é grande, que as ordes da "MECA" (si meca, é moi chula, noraboa, esperamos de corazón que sexa indultada). STOOOOOOOOOP.
Pensemos: 
Por que celebramos o entroido?, como celebramos o entroido en Galicia?, onde o celebran máis?...
A todas estas preguntas e a outras lle podedes atopar resposta no corcho que está ao lado da biblioteca. Alí tamén está colocado un deslinguado de entroido, onde poñer vocabulario que coñezades sobre esta celebración anual.
Aquí vos deixamos uns enlaces cos que podedes ter máis datos sobre as tradicións do entroido en Galicia:

O CEIP Mestre Valverde de Mos, elaboraron este recurso moi interesante sobre a tradición neste concello de O Baixo Miño. Hai actividades dende E.I ata 6º de E.P

Un Lim do CRA de Bergondo

Aparecen bastantes da provincia de Pontevedra. O enlace está recollido do blog do CEIP Frián-Teis

Un recurso divertido sobre todo para os máis pequenos. Podedes construir ata unha abella con cabeza de trasno!.

Recollido do repositorio ABALAR. Está moi ben para os maiores.

A Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística aporta moitos enlaces interesantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario