Blogging tips

19 mar 2015

A poesía, máis que palabras


O 21 de marzo conmemórase o DÍA MUNDIAL DA POESÍA e nós no cole queremos celebralo cun recitado de poesías, unhas escritas por todo o alumnado de xeito colaborativo e outras de autores recoñecidos.

Se queredes saber máis sobre este día podedes ir ao enlace que aparece a continuación:

Mensaxe de Irina Bukova, Directora Xeral da UNESCO, co gallo do Día Mundial da Poesía, 2012

Un enlace con suxerencias literarias en galego:
Poesía infantil

Para os que vos gusten as mates e a poesía esta páxina:
Poesía y números

Unha selección de poemas en galego de diferentes autores:
Pequenos poemas en galego

Música e poesía:  
Antoloxía da poesía galega musicada

Poesía e vídeo de  ARTPOÉTICA, un proxecto educativo que trata de achegar a poesía a través da animación e as novas tecnoloxías. 
Aquí vos deixamos unha delas, a ver se vos gusta....

Los insectos, unha poesía de Rubén Darío





4 mar 2015

Escoita o programa de radio

ATENCIÓN, ATENCIÓN!!!
Mañán xoves 5 de marzo emítese ás 11.30, dende a RADIO MUNICIPAL DE TUI o programa de radio que gravou o alumnado de 5º e 6º. Cal será a recomendación literaria que farán?
Estade moi atentos!!!

Resultado de imagen de estudio radio tui Resultado de imagen de estudio radio tuiResultado de imagen de estudio radio tui


Pinchar no enlace a RMT que hai na parte superior dereita do blog para escoitar o programa. 

3 mar 2015

Editorial WEEBLE

UN PROXECTO EDITORIAL INTERESANTE E ALTERNATIVO.

“Nuestro proyecto es la creación de libros infantiles educativos gratuitos que sean útiles y divertidos para los niños del siglo XXI”.

PÁXINA WEB DA EDITORIAL




2 mar 2015

Sesión de TEATRO nas SEMENTES LECTORAS do mes de febreiro

Aquí vos deixamos unhas imaxes da representación teatral que fixo o alumnado do CEIP DE PAZOS DE REIS o xoves 26 de febreiro na biblioteca.
NORABOA a todos os que participaron porque o fixeron moi ben.!!! 
MOITÍSIMAS GRAZAS POR COMPARTIR!!!


MAMASIÑA QUE MEDO! de Chus Pereiro. from ceip sobrada on Vimeo.