Blogging tips

27 abr 2015

Xogamos cos contos no DÍA DO LIBRO

Unhas imaxes para lembrar a sesión de contacontos que fixemos o xoves 23 de abril, DÍA DO LIBRO na biblioteca.
"Aventura co televisor", para o alumnado de primaria, contado por: Verónica, Olalla, María, Yaiza Carla e Paula que se ocupou da parte técnica.
Para o alumnado de educación infantil foi unha sorpresa ir a biblioteca coa mascota do cole. A profe Lucía fixo de contacontos e descubriron un libro novo: " Boca pechada", o poder dos contos.
AXEXO regaloulles a todos un marcapáxinas coa súa nova imaxe para lembrar o DÍA DO LIBRO.
NORABOA a todas!!! porque  o fixeron moi ben e conseguiron espertar a nosa imaxinación facendo unha verdadeira sesión de ANIMACIÓN Á LECTURA cun conto para xogar.




18 abr 2015

ABRIL MES DO LIBRO

Neste mes no que todo comeza a agromar, o libro vólvese coma unha planta máis, que por flores mostra historias, poemas, lembranzas...NOVAS! Libros que saen do prelo sen parar para as nosas vidas encher de risas, aventuras, tristuras, segredos, viaxes...
Durante todo o ano existimos, pero todos e todas temos un día especial, de aniversario. Nesa data, incluso as persoas que están lonxe, lémbranse de nós.

Eso é o que lle acontece ao libro no mes de abril, aínda que sexa o noso compañeiro todo o ano, nestas datas, vólvese, si esto pode ser, aínda máis especial.

Queremos deixarvos aquí, a suxerencia da GALIX (asociación galega do libro infantil e xuvenil), unha fermosa mensaxe que mostra que o libro e as historias non teñen fronteiras.


7 abr 2015

Conmemoramos o DÍA DA POESÍA

O luns 23 de marzo fixemos un recitado de poesías colaborativas que elaboramos ao longo do curso e outras máis coñecidas que aprendemos de memoria.
Elena e Jorge de 6º fixeron a presentación e por cursos fomos recitando...
Aquí vos deixamos unhas fotos de ese día.
Noraboa a todos porque o fixestes moi ben!!!