Blogging tips

22 oct 2015

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Este venres 24 de outubro celébrase o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, e para celebralo que mellor que ir á biblioteca a gozar ca lectura dun conto e ver algún video.

Este ano o eixe transversal é o MEDIO AMBIENTE, polo que aunaremos Biblioteca e Medio Ambiente. Leremos o conto "O claro do bosque" e cada aula por roldas poderá ver algúns vídeos sobre ecoloxía; a auga, os bosques, residuos... segundo a idade dos cativos

Dende a Biblioteca a mascota AXEXO vos anima a que visitedes a nosa biblioteca e desfrutedes dela.

 

HORARIO DE APERTURA DA BIBLIOTECA

Dende a Biblioteca Axexo convidámosvos a visitarnos no seguinte horario:

                              - Luns, de 16:00 a 19:00
                              - Xoves, de 16:00 a 18:30

Informarvos tamén de que se queredes sacar libros ou cd's da biblioteca podedes facervos o carné da biblioteca.

O equipo da Biblioteca Axexo

No hay comentarios:

Publicar un comentario