Blogging tips

9 feb. 2016

Recomendacións literarias para tempos de agarimos.


CHUZOS DE PUNTA RAQUEL SAIZ  

OQO EDITORA, 2008

Resumen do libro

O señor Manolo ergueuse como todos os días; lavou a cara, vestiuse… e ao saír á rúa… caeulle unha princesa na cabeza! E é que hai días en que as leis da natureza non funcionan: hai días en que o amor cae do ceo. Con lirismo, ironía e normalidade absoluta, alén dun gran sentido do humor, revisa Raquel Saiz o tó pico da princesa dos contos tradicionais que coñece a un príncipe e namora del para toda a vida. A autora aproveita así, un lugar común para facernos reflexionar acerca dos valores e sentimentos humanos e descubrirnos o valor da convivencia entre diferentes, aínda que no fondo non tan distintos. A ilustradora croata Maja Celija, que se achega por primeira vez ao público galego, preséntanos un estilo expresionista e contundente, cun evidente sentido do humor. Asemade, as ilustracións de gran forza expresiva reflicten e enriquecen o carácter irónico e humorístico do texto de Raquel Saiz. Texto de Raquel Saiz Ilustracións de Maja Celija Tradución do castelán de Marisa Núñez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario