“Por nos mesmas” é o lema co que a asociación Adavas Baixo Miño, ofrecerá este martes, 8 de marzo, ás cinco da tarde na Praza do Seixo, un acto conmemorativo do Día  Internacional dos Dereitos da Muller.

Coa colaboración de Adeixa Dance School e do Concello de Tomiño, a asociación ofrecerá danza da man de Mariana Mota e a continuación, lectura pública dun poema.