Blogging tips

7 mar 2016

Carmela Silva presidirá os actos do Día da Muller organizados polo Concello de Tomiño

Mañán martes 8 de marzo ás 12:00 terá lugar no Mercado de Tomiño a Inauguración da exposición "Mulleres en acción. Violencia zero". Anímate e participa!





A inauguración das actividades, entre as que figuran unha exposición multimedia e un acto conmemorativo, terá lugar o día martes 8 de marzo ás 12 horas no Mercado Municipal


O Concello de Tomiño organiza, co gallo do Día da Muller, a exposición MULLERES EN ACCIÓN: VIOLENCIA ZERO, que terá lugar no Mercado Municipal de Tomiño, o vindeiro martes 8 de marzo ás 12h.

Ao acto de inauguración da mostra asistirán a presidenta a Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; a deputada de Igualdade, Isaura Abelairas Rodríguez, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

Logo das intervencións mulleres tomiñesas participarán nun acto conmemorativo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario