Blogging tips

28 sept 2016

OS BOLECHAS FAN O CAMIÑO


A pandilla dos bolechas fan o camiño é un xogo para que poidas aprender o mesmo tempo que vos divertides.

Fai clic no seguinte enlace: http://osbolechas.gal/peregrinos/

CHARLA DE FORMACIÓN DE USUARIAS E USUARIOS DA BIBLIOTECA


O luns 19 de setembro fixemos unha charla de formación de usuarias e usuarios da Biblioteca Axexo destinada ao alumnado de 5º e 6º de primaria, e que tiña como obxectivo, por unha banda, convocar a aquelas nenas e nenos que quixeran formar parte do equipo de responsables da biblioteca en horario de recreo para o presente curso, e por outra, darlles as pautas necesarias para poder desenvolver con responsabilidade esta tarefa.

A afluencia foi masiva.

14 sept 2016

O Camiño de Santiago

Benqueridas lectoras e lectores. Este curso que vimos de inaugurar adicarémolo a coñecer a nosa contorna paisaxística, histórica e patrimonial. Tomaremos conciencia do noso patrimonio cultural vinculándoo ao Camiño de Santiago e aos seus roteiros.

Déixovos algúns enlaces nos que poderedes mergullarvos neste tema.

Repositorio Abalar "Mirando polo camiño": https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1447236385/contido/index.html

Cultura Galega: http://www.cultura.gal/gl/mirando-polo-camino

Museos de Galicia: http://museos.xunta.gal/

Patrimonio Cultural: http://www.cultura.gal/gl/patrimonio-cultural

Bibliografía sobre Patrimonio Cultural (documento en PDF): http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2015/09/09/126fdc4ac4cd625216e90196bdf3c096.pdf

Camiños de Santiago: http://www.cultura.gal/gl/caminos-santiago

Camiño de Santiago: http://www.caminodesantiago.gal/es/inicio

Peregrino de Leirado: http://peregrinodeleirado.blogspot.com.es/

6 sept 2016

Biblioteca Escolar

"Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017  con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual.
A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.  
Nos últimos anos, as bibliotecas escolares demostraron que é posible integrar as ciencias e as humanidades nas actividades de lectura e de acceso e construción do coñecemento. Os materiais de divulgación científica, os xogos matemáticos, a xeografía ou as aventuras da exploración física ou simbólica foron temática de traballo e son xa parte esencial das programacións e dos proxectos coordinados desde as bibliotecas. Cómpre agora facer visible esa parte do coñecemento humano que conecta directamente coa creatividade: as Artes todas teñen cabida na biblioteca escolar e así o demostran as múltiples actividades programadas anualmente con está temática.