Esta semana, como non podía ser doutro xeito, celebramos o día das bibliotecas escolares.
Hoxe comezamos co conto «Que será o que ten?». A mestra e compañeira
Esperanza agasallou con este conto ás nenas e nenos de 4°, 5° e 6° de
primaria. Un conto que ten por protagonista a Roberta, unha nena capaz
de trocar ás persoas e cousas do seu entorno dun xeito moi creativo e
artístico.
Os nenos e nenas de infantil, 1°, 2°e 3° recibirán os
seus respectivos agasallos polo día das bibliotecas, mañá martes, o
mércores e o xoves, respectivamente. Neste caso, será da man de tres
nenas de 5° e 6°, que lles contarán o conto da «Galiña Azul», de Carlos
Casares.
24 oct 2016
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Este ano para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares, puxemos en marcha un obradoiro para nenas e nenos de 5º e 6º de primaria que quixeran participar posteriormente de irlles contar contos ós nenos e nenas de infantil e primeiros cursos de primaria.
Así pois, tres rapazas son as que se presentaron para participar deste obradoiro que levamos a cabo durante catro tardes do mes de outubro e algúns recreos.
6 oct 2016
Outono Cultural no Auditorio de Goián
Chega con teatro e música o Outono Cultural 2016 en Tomiño
Todos
os eventos celebraranse, coma é habitual no Auditorio de Goián, sendo
posible mercar as entradas unha hora antes da función.
1 oct 2016
Xornal Escolar O Papagaio
Estamos de noraboa. Edicións Moito Conto ven de publicar o número 1 dun novo Xornal Escolar en Galego; O Papagaio.
Ahí vai un pequeno agasallo como aperitivo para que vos vaiades facendo unha idea.
https://www.flipsnack.com/opapagaio/o-papagaio.html
Ahí vai un pequeno agasallo como aperitivo para que vos vaiades facendo unha idea.
https://www.flipsnack.com/opapagaio/o-papagaio.html
Suscribirse a:
Entradas (Atom)