Blogging tips

23 nov 2016

EDUCAR NA IGUALDADE

Na web Educar en igualdade hai infinidade de recursos e materiais para traballar a igualdade de xénero. Coeducación, dereitos humanos, diversificación profesional, violencia de xénero...


FALADOIROS DE EDUCACIÓN



Este xoves, 24 de novembro,  terá lugar o segundo “Faladoiro en Educación” organizado polo Concello de Tui e o Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres.
A cita será ás 18h Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica baixo o título “Igualmente diferentes” a cargo da tudense Mercedes Oliveira Malvar, doutora en filosofía e licenciada en pedagoxía é un dos maiores referentes no campo da educación sexual. Actualmente é catedrática de no Instituto Alexandre Bóveda de Vigo. Foi fundadora do Grupo “Enxergo de Didáctica da Filosofía”, e presidenta da ONG de Derechos Sexuales Federación de Planificación Familiar de España. No seu haber conta diversos libros e publicacións como “Aprendendo a ver a desigualdade”, “Eros: Materiais para pensar o amor”, ou “¿Quen somos?”. En 2011 foi galardoa co premio Irene La Paz empieza en casa do Ministerio de Educación pola coordinación do “Proyecto Bata” realizado por alumnos e profesores para visibilizar o traballo non recoñecido e non valorado que realizan as mulleres. En 2010 foi recoñecida a súa traxectoria innovadora no programa de Educación Sexual que leva  a cabo con adolescentes de 4º da ESO co premio especial Irene, e en 1995  obtivo o premio Nacional Educación y Sociedad a materiais didácticos de innovación educativa do Ministerio de Educación e Cultural polos libros "O animal Humano" e "Eros: Materiais para pensar o amor".
Na súa charla deste xoves, e ante a celebración o venres, 25 de novembro do Día Internacional contra a Violencia de xénero, reflexionará sobre qué estamos a facer mañ para que non consigamos paliar a lacra da violenca de xénero, que se pode facer dende a educación, e como traballar cos mozos neste tema.
As próximas sesións dos Faladoiros de Educación serán o 15 de decembro co tema “Uso reflexivo e seguro de internet e redes sociais”,  o 12 de xaneiro celebrarase o obradoiro “Autocontrol  a través da relaxación”, o 2 de febreiro “Educando en positivo” e o último o 2 de marzo “Na procura dunha proposta creativa de deberes”.
Todas charlas serán ás 18h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica con entrada libre ata completar o aforamento.

22 nov 2016

O PAPAGAIO, Novembro 2016







As señais de circulación


EDUCACIÓN VIAL



Divertidas cancións para aprender as normas de educación e seguridade vial.

TOMIÑO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O Concello de Tomiño pon en marcha unhas xornadas cas que visibilizar o Día internacional contra a violencia de xénero.







 
25 de Novembro

- 12:00 Bolboretas. Símbolo das mulleres asasinadas. Praza do Seixo. Traballo feito polo IES Tomiño.

- 20:30 Lectura de poemas. A cargo de mulleres de Tomiño. Mercado de Tomiño.

- 21:00 As lavandeiras. Obra de teatro a cargo de Vero Rilo (Daboapipa). Mercado de Tomiño.

- 22:00 Concerto de Checho. Concerto organizado por ADAVAS Baixo Miño. Soportales do Mercado.


30 de Novembro

19:00 Charla presentación da Oficina de Igualdade. Información sobre recursos e servizos de asesoramento e asistencia a mulleres. Casa da Cultura de Tomiño.

1 - 2 de Decembro

19:00 Obradoiro: Acción social fronte a violencia de xénero a cargo de ADAVAS Baixo Miño. Casa da Cultura de Tomiño.

14 nov 2016

XVII XORNADAS DE EXPRESIÓN ORAL "TÍRALLE DA LINGUA"


Tíralle da língua é un proxecto da AS-PG, dirixido ao alumnado e profesorado de todo o país, co obxectivo de normalizar o uso oral da nosa lingua, converter o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación de historias... de lingua de uso do noso sistema educativo, en definitiva, de devolverlle ao galego o espazo que lle corresponde.
O proxecto "TÍRALLE DA LINGUA" consta de dúas fases:
 - Estas xornadas de expresión oral, dirixidas ao profesorado, nas que se intenta proporcionar técnicas para traballar a oralidade na aula.
 - E un concurso de relato oral, dirixido ao alumnado de toda Galiza cunha fase final que se celebra no mes de maio en Compostela.  

XVII CONCURSO DE RELATO ORAL: TÍRALLE DA LINGUA
BASES DO CONCURSO
1ª As historias poderán ser de base popular, de base literaria ou creación propia.

2ª As historias contaranse en galego.

3ª Nas historias valorarase a calidade lingüística e o seu carácter construtivo e pedagóxico (linguaxe non discriminatoria, linguaxe non sexista...)

4ª As/os participantes concursarán individualmente ou en grupo, pero sempre respectando o tempo máximo por actuación que será de 5 minutos. A superación dese tempo pode supor a descualificación. Poderán participar cun máximo dunha historia.

5ª O concurso vai destinado a tres niveis académicos:
1) Primaria
 2) 1º Ciclo de ESO.
 3) 2º Ciclo de ESO e ensino postobrigatorio.

6ª O concurso farase en dúas fases con carácter selectivo:
1) A nivel de centro de ensino.
2) A nivel nacional.

7ª Na primeira fase será o propio centro o que determine e se responsabilice dos posíbeis premios aos concursantes. O número de concursantes que pasarán da primeira á segunda fase determinarase en función da participación, o que se comunicará aos centros.

8ª A formalización da inscrición no concurso por parte dos centros realizarase antes do día 19 de abril enviando un e-mail a: informacion@as-pg.com, recibirán confirmación da inscrición e dos datos que deben completar.

9ª A fase final celebrarase a finais de abril en Santiago, en dous grupos diferentes: un para primaria e primeiro ciclo de secundaria e outro para segundo ciclo de secundaria e ensino postobrigatorio.

10ª Na fase final concederase un primeiro premio por nivel cun valor de 250 euros e un segundo, se o xurado así o estima por valor de 150 euros. Os centros de ensino dos participantes gañadores recibirán un premio do mesmo importe.

Para máis información: http://www.as-pg.gal/ViewActivity.do?activityId=69

10 nov 2016

SEMANA DA CIENCIA NO RECREO

Hoxe xoves, poidemos ver e facer un experimento que consistiu en crear una batería electrica con limóns.




Déixovos o seguinte enlace, no que poderedes aprender todo o que precise sobre este experimento e  e a súa explicación científica e outros experimentos relacionados ca electricidade.

EDERNORCHICOS

ROBÓTICA NA ESCOLA NA SEMANA DA CIENCIA

Na semana da ciencia na nosa escola, as alumnas e alumnos da aula de 5º de primaria tiveron a gran sorte esta semana de disfrutar dunha sesión de robótica.

Poderon aprender as bases nas que se fundamenta a linguaxe de programación da robótica.


Que é a robótica?

A robótica é a rama da tecnoloxía que se adica ao diseño, construción, operación, disposición estructural, manufactura e aplicación dos robots. A robótica combina diversas disciplinas como son: mecánica, electrónica, informática, inteligencia artificial, ingeniería de control e a física. Outras áreas importantes na robótica son a álxebra, os autómatas programables, a animatrónica e as máquinas de estados.



9 nov 2016

EXPERIMENTOS NA HORA DO RECREO

Hoxe mércores a mestra Carmela deleitou a un numeroso grupo de rapaces e rapazas cun experimento, que máis que experimento, ben parecía que estaba a facer máxia.





No seguinte video podedes coñecer a explicación científica.


EXPERIMENTOS NA HORA DO PATIO

O martes puidemos ver o efecto que produce o xabón en contacto ca auga ou outros líquidos como o leite.

Para este experimento utilizamos os seguintes elementos:

- Leite
- Colorante alimentario líquido
- Xabón

Deste xeito:

  •    Observamos como funciona a tensión superficial.
  •    E observamos como ciertas sustancias poden romper a tensión superficial dun líquido


No seguinte video podedes velo. Esperamos que vos guste e que vos animedes a probalo por vos mesmos.


7 nov 2016

GOTAS HUIDIZAS


Para mañá martes, "Gotas que fuxen".



Esperámosvos!!!



NOVEMBRO, MES DA CIENCIA

Esta semana puxemos en marcha unha semana da ciencia durante a hora do recreo.

Hoxe a mestra Isabel levou a cabo un mini obradoiro no que as nenas e nenos que así o desexaron puideron participar experimentando coas cores.

O experimento de hoxe foi sobre a CROMATOGRAFÍA con rotuladores.

1º Fixeron os seus debuxos con rotuladores sobre filtros de café.

2º Introduciron os filtros en vasos con un pouco de auga.

Así poderon ver como as cores se descompoñen.












6 nov 2016

AS NENAS E NENOS DE INFANTIL CA SÚA GALIÑA AZUL


CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Para celebrar o día das bibliotecas escolares, nada mellor que facelo con sesións de contacontos na nosa biblioteca.

Para chegar a isto, previamente, leváronse a cabo catro obradoiros de formación de contacontos polas tardes e algúns recreos, nos que participaron tres rapazas (Maira, Uxía e Laura) de 5º e 6º.

Nestes obradoiros elaboraron as láminas e prepararon o conto de "A Galiña azul" de Carlos Casares, para contalo ca técnica do Kamishibai.

Fixeron tres sesións, a primeira para as nenas e nenos de infantil, a segunda para os rapaces e rapazas de 1º e 2º curso e a última sesión para os nenos e nenas de 3º curso.

Despois de contar o conto contestaron a tódalas preguntas que lles fixeron espectadores, e por último agasalláronos cuns oviños de cores, e unha galiña azul ca que poder facer un pequeno e sinxelo títere.




























AS PROTAGONISTAS