Blogging tips

20 oct 2017

FESTA DA BIBLIOTECA AXEXO

Para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares a Biblioteca Axexo organiza unha mostra de libros escritos noutras linguas ou libros doutros países xa que este ano temos como eixe transversal a paz e a tolerancia e que estarán expostos dende o martes 24 ata o venres 27 de outubro.

Resultado de imagen de lenguas de galiciaImagen relacionada

Por outra banda, a nosa mascota da biblioteca, o Axexo, quere facer unha festa cunha sesión de contacontos para todo alumnado do centro en diferentes sesións ó longo da mañá.

O conto elixido é o Biblioburro, co que poderán coñecer outras bibliotecas do mundo.

Resultado de imagen de biblioburro          Resultado de imagen de biblioburro

No hay comentarios:

Publicar un comentario