Blogging tips

20 abr 2018

X FEIRA DO LIBRO USADO

Por décimo ano consecutivo, o vindeiro martes 24 de abril inauguramos a nosa Feira do Libro Usado. Nesta feira sacamos todos aqueles libros que xa están descatalogados, para que nenas e nenos poidan velos e levalos para casa.

E tamén coma en anos anteriores, nenas e nenos poderán facer intercambio de libros persoais que traian á escola para cambiar por outros.


Un día con tempos de lectura, sempre será un día mellor!
Resultado de imagen de citas de lectura en galego 
 

Felices lecturas!!

Eli Ríos visitará a nosa escola

Resultado de imagen de eli ríos

Eli Ríos, escritora de éxito visitará a nosa escola o vindeiro luns 23 de abril.

Resultado de imagen de mulleres bravas da nosa historia maría victoria moreno márquezTodas as nenas e nenos dende 3 anos ata 6º de primaria poderán disfrutar por tandas nos obradoiros que nos ten preparados.

Estes talleres estarán centrados na súa obra sobre a figura de María Victoria Moreno Márquez, un dos títulos da colección de Mulleres Bravas da Nosa Historia.

Sen dúbida, será unha experiencia inesquecibel.

Agardamos impacientes a túa visita!!

DÍA DO LIBRO!!!!


Resultado de imagen de LITERATURA GALEGA

Para celebrar o vindeiro 23 de abril o Día Internacional do Libro, que mellor que facelo LENDO; tamén en GALEGO!!

BIBLIOTECA VIRTUAL GALEGA

CONSTRUÍNDO APRENDIZAXES

No Ceip Ponte dos Brozos, poñen a disposición de todxs un traballo excepcional para a educación dixital e tecnolóxica.

Premede no enlace para acceder: PDB-MAKERS





18 abr 2018

PRIMAVERA DAS LETRAS CON MARÍA VICTORIA MORENO MÁRQUEZ

A Real Academia da Lingua Galega (RAG) pon a disposición de todos os escolares a web "PRIMAVERA DAS LETRAS" con información, bibliografía, e fichas didácticas sobre a autora a quen se lle adica este ano, o Día Das Letras Galegas: 


María Victoria Moreno Márquez



"Por isto penso que a situación do galego non se pode ver con indiferenza. Se estou coa xente que amasa o meu pan e mais colle no mar os peixes da miña mesa, tamén quero falar con eles, falar a súa fala."