Blogging tips

24 mar 2017

MARUJA MALLO

 


Maruja Mallo

A máis recoñecida das artistas galegas do século XX










Viveiro 1902 - Madrid 1995  

Cando ingresa na Academia de Belas Artes empeza a relacionarse coa nova xuventude de poetas e artistas que irrompen na escena española, algúns deles conformarían a Xeración do 27. Coñece a Salvador Dalí e á poetisa Concha Méndez, que a introducen no círculo da Residencia de Estudiantes, onde estreita lazos de amizade e camaradaría con Lorca, Buñuel e en especial con Rafael Alberti.



Concha Méndez e Maruja pasearon por Madrid como mulleres modernas e emancipadas, manexando bicicletas, facendo deporte, asistindo aos cafés, a eventos literarios ou a verbenas populares.  


X PREMIOS COMPOSTELA

CONVOCATORIA X PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DE ÁLBUM ILUSTRADO

O Concello de Santiago e Kalandraka convocan o X Premio Internacional Compostela dotado con 9.000 euros ao mellor álbum ilustrado.

O prazo de recepción dos traballos remata o 12 de maio e o fallo do xurado darase a coñecer na última quincena de xuño.


Para máis información visita a páxina: www.kalandraka.com

CONCURSO DE RELATOS "BALBINO"

O concurso "Balbinos" nace coa intención de promocionar a nosa língua, a nosa literatura, aos escritores máis novos e aos xa consagrados.

Pretende ser un estímulo para todas as persoas interesadas en promocionar Galicia e a nosa cultura.

A temática do concurso é "o rural galego"

A data de participación remata o 30 de xuño.

Para máis información visita:

Concurso Balbino 

22 mar 2017

Día das Artes Galegas





 http://www.symbaloo.com/home/mix/13eP291id7

O 1 de abril celébrase o Día das Artes Galegas. Nesta convocatoria adicarase a figura dunha das artistas máis importantes do S. XX. Maruja Mallo. Aquí vos deixamos algúns enlaces nos que poderedes atopar videos, e páxinas nas que poder ahondar na vida e obra desta muller galega sin igual.