Blogging tips

17 dic 2018

O PUNTO.

A xente, non lle da importancia aos puntos, pero un punto pode ser moitas cousas: un ollo, un mandala, o buraco do nariz...

Nesta  historia contan como una nena á que non lle gustaba debuxar acabou sendo unha artista. Todo comezou na clase de arte, a Vashti non se lle ocurrira nada para debuxar...

No cole si que atopamos moita imaxinación, polo DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, fixemos unha exposición dos nosos puntos. Fixádevos que marabillas!

                                         Entrada feita por: Noa, Irene e Adrián.







11 dic 2018

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O NADAL 2018-2019

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA NADAL 2017-2018 de Biblioteca Axexo

TALLER DE ILUSTRACION EN 5º Y 6º

Este curso en educación plástica e visual, estamos poñendo imaxes a textos.

Para facer o primeiro traballo utilizamos o texto dun poemario titulado: "POEMAS BIROLLOS PARA LER COS OLLOS" de Fran Alonso.

Para elaborar as ilustracións, nos inspiramos en Eric Carle e o seu libro "O CAMALEÓN CAMALEÓNICO".

Eses libros tratan dun tema moi importante, A IMPORTANCIA DE QUERERSE A UN MESMO E NON DESEXAR SER COMO SON OS DEMAIS.

O MATERIAL EMPREGADO FOI PAPEL DE SEDA, PEGAMENTO, ACUARELAS E CERAS BRANDAS.

OS RESULTADOS FORON UNHAS IMAXES CON TEXTURA COMO DE TECIDO
E MOI COLORISTAS. AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS PARA QUE AS VEXADES.                            

Texto de NOÉ e fotos de LARA