Blogging tips

16 dic 2020

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS PARA ESTE NADAL 2020

Para este tempo tan amargo non hai nada mellor que deixarse arroupar cunha boa historia traída por un bo libro nas nosas mans. Se te deixas, poderás viaxar a onde te leven as palabras e poderás despistar a este virus que nos mantén lonxe dos nosos seres queridos.

Dende a Biblioteca do Ceip de Sobrada, o AXEXO vos invita a que escollades un título destes que vos propoñemos no seguinte catálogo que fixemos con moito cariño para todxs vos.

Podedes deixar nos comentarios outras recomendacións literarias que nos fagades vos ou contarnos que vos pareceron as nosas recomendacións.




QUE PASEDES UNHAS BOAS FESTAS!!

A árbore dos desexos

Informámosvos de que...

                                             Árbol non, ÁRBORE. – Galego sen bozas!

En Tomiño vaise colocar unha árbore onde cada neno ou nena poderá colgar os seus desexos para Ano Novo.

 

Debaixo haberá agasallos e cada persoa que colla un deixará outro que xa non lle guste ou que lle apeteza cambialo por outro. (Os agasallos que se deixan teñen que estar en bo estado para que lle poida gustar a outra persoa).

3 dic 2020

MÁIS CURTAMETRAXES SOBRE A DIVERSIDADE

 

 







DISFRUTADE DA FUNCIÓN E DEIXADE OS VOSOS COMENTARIOS SOBRE QUE CHE PARECERON, CAL VOS GUSTOU MÁIS, QUE FARÍAS TÍ PARA CAMBIAR AS COUSAS...











DÍA DA VISIBILIZACIÓN DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

No Día Internacional das Persoas con Discapacidade quérese visibilizar as capacidades e reivindicar as necesidades do colectivo.

Queremos compartir con vós varias curtas de animación que permitirán poder falar despois do seu visionado sobre a invisibilidade ca que vive a persoa con discapacidade. 

Colle palomitas e disfruta dunha sesión, ou varias, de cine.

































2 dic 2020

Entrada na radio do ceip de Randufe

Lembramos que na radio municipal de Tui sairá unha recomendación lectora do c.e.i.p de Randufe. Mañá xoves 3/12/2020 as 11:30 H. no díal 107.4. Non esquecervos de escoitalo!!!

25 nov 2020

Nova recomendación literaria na Radio Municipal de Tui

 Mañá xoves 26 de novembro poderedes escoitar ás 11:30hs na Radio Municipal de Tui as recomendacións literarias do alumnado do Ceip de Sobrada.

Esperamos que vos gusten.

18 nov 2020

SESIÓN DE RADIO MAÑÁ XOVES 19

Lembrámosvos que mañá xoves 19 poderedes escoitar ás suxerencias lectoras ás 11:30 do CEIP DE MEAÑO na radio municipal de Tui.

17 nov 2020

Homenaxe a Ricardo Carvalho!

 

Dende o EDLG e o equipo de bibliteca fixemos unha pequena homenaxe ao autor Ricardo Carvalho Calero, xa que a conmemoración se trasladou ao 31 de outubro do 2020 debido á crise da COVID-19.

 

MAGOSTOS 2020

 

Dende o Ceip de Sobrada, o EDLG e equipo de biblioteca, recopilamos diversas fotos que nos madáchedes, das cales xa podedes disfrutar no seguinte vídeo.

11 nov 2020

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

 OS MINIMORTOS. BENVIDO AO OUTRO BARRIO | LEDICIA COSTAS | Comprar libro  9788491216971

Comezamos as recomendacións de libros na radio de Tui. A Biblioteca Axexo participa xunto con outros coles no programa de Radio Escolar da Radio Municipal de Tui. Cada xoves poderás escoitar as recomendacións lectoras dun cole participante.

O primeiro programa emitirase mañá xoves 12 de novembro ás 11:30.

O primeiro libro que queremos recomendarvos dende a Biblioteca Axexo do Colexio de Sobrada é "OS MINIMORTOS", de Ledicia Costas. A nosa proposta na radio de Tui poderedes escoitala o Xoves 26 de novembro ás 11:30hs.

 

23 oct 2020

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas. 

A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2020. "A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia." Trátase de poñer en valor a capacidade de seguir ofertando servizos en circunstancias tan complexas como as que estamos a vivir.

As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que están sempre ao noso carón. 

A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS. 

Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR , quere poñer o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construciónn da  persoa lectora  a través de distintas actividades de distintas actividades que programa e dos recursos que pon a disposición da comunidade educativa, que a ten sempre ao seu carón. Este lema é aproveitado por algunhas das bibliotecas para esta celebración.





8 oct 2020

NORMAS PARA PODER FACER USO DA BIBLIOTECA AXEXO

 


Estas son as normas que deberemos respetar para poder facer uso da Biblioteca Axexo de xeito seguro. É responsabilidade de todas e todos coidarnos.

Podedes facer reservas de títulos que sexan do voso interese no seguinte enlace:

23 abr 2020

Sesión de contacontos do MARCO de Vigo

Sesión de contacontos online, con María Xosé Martínez “As luces que se acenden e se apagan”, baseado no libro de Ramón Trigo (Editorial Kalandraka) Unha iniciativa da Biblioteca-Centro de documentación do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo para público familiar.


Maria Xosé Martínez, membro do equipo de didáctica do MARCO e autora con amplia experiencia en actividades educativas para público infantil e familiar, ofreceranos en primicia unha sesión de contacontos teatralizada, baseada na historia do artista, ilustrador e escritor Ramón Trigo, no seu libro As luces que se acenden e se apagan (Editorial Kalandraka). A actividade será accesible a través da web do MARCO, o seu perfil en redes e o seu canle de Youtube. Unha excelente oportunidade para compartir en familia esta experiencia dirixida a públicos de todas as idades!


Cada quen ten unha luz que se ilumina na súa cabeza cando xorden boas ideas… Quen non desexa que os seus soños se fagan realidade cando menos unha vez na vida??? Esta historia convídanos a reflexionar sobre a nosa percepción de nós mesmos no mundo, sobre os nosos desexos, a forza da vontade, o tesón e a superación dos nosos propios medos. Isto e moito máis podemos aprender a través desta sinxela e fermosa narración que permite adentrarse no universo creativo dos artistas…


22 abr 2020

23 de abril, Día do Libro 2020

Queridas familias, alumnas e alumnos, profesorado e todxs cantos gozamos da lectura;

Temos o pracer de compartir con todas e todos vos o vídeo co que queremos ensalzar o tan importantes que son os libros nas nos vidas, hoxe e sempre.

Queremos conmemorar o Día do Libro 2020 agradecendo a todas e todos aqueles que se adican ao mundo do libro: escritoras e escritores,  ilustradoras e ilustradores, editoriais, traductoras/es, librerías,  bibliotecas e un longo etcétera, por achegarnos á cultura,  á historia, compartir as súas verbas,  e por abrirnos as portas ao mundo da imaxinación.

Grazas tamén a todas e todos vos por facer as vosas aportacións e facer posible este vídeo.

Desexamos que estedes ben a pesares desta situación que estamos a vivir e que aproveitedes para disfrutar dos libros cada día.

Esperamos que vos guste.


FELIZ DÍA DO LIBRO 2020



16 abr 2020

Día do Libro 2020


FESTA DO LIBRO

Estimadas Familias,
                                                                                            
O vindeiro xoves 23 de abril, conmemoramos o Día Internacional do Libro. E para celebralo queremos facervos partícipes desta festa convidándovos a que nos fagades chegar unha foto na que se vos vexa lendo sen que se vos vexa o rostro. Pode ser individualmente ou en familia, co voso libro favorito, co libro que esteades lendo actualmente ou o libro que estades desexando comezar a ler.

Así que ánimo!!
Podedes envialas ao seguinte enderezo: biblioteca.ceipdesobrada@gmail.com ata o 20 de abril ás 22:00 horas.

Cas fotos enviadas elaboraremos un vídeo que colgaremos no blog da biblioteca o xoves 23 de abril.


30 mar 2020

29 mar 2020

OS NENOS E NENAS DE 1º CICLO INVESTIGAN E PINTAN DINOSAURIOS. OUTRO TRABALLO SOBRE O NOSO PROXECTO: AS PEGADAS DO PASADO.

Hoxe traemos aquí os creativos traballos do alumnado de 1º ciclo. Os levaron a cabo nun dos talleres que teñen lugar os mércores.
Investigaron sobre os tipos de dinosaurios, as formas e tamaños...
Primeiro fixeron a silueta en plano, despois os pintaron e finalmente déronlles volume.
Fixádevos ben nestas obras de arte, porque cada dinosaurio ten a súa paisaxe, a súa contorna. Pegáronlles ata pedriñas de verdade. Cobraron tanta vida que a exposición é un parque xurásico, ata falan entre eles!

Agradecerlles ás nenas e nenos voluntarios da biblioteca e ao alumnado de 4º de E.P que elaborou a chulada de cartel que anuncia a exposición. Tamén ás familias que realizaron as maquetas da exposición de inverno que continua a ambientar as nosas instalacións.


17 mar 2020

HOXE TOCA...DINOSAURIOS!

GRAZAS POLA VOSA VISITA, ESTAMOS ENCANTADOS E ENCANTADAS DE QUE TEÑADES ACUDIDO Á CITA.

Xa que no blog do cole, a entrada de hoxe é do traballo sobre os dinosaurios dos máis peques, adicamos o HOXE TOCA...Pois claro!...

A eses: inmensos, inconmensurables, enormes, megalíticos, xigantescos...DINOSAAAAUUUURIIIIOOOOOS!

Deixámosvos enlaces para que fagades o que vos apeteza: investigar, cantar, ler, ver, contar un conto...

SABER MÁIS SOBRE OS DINOSAURIOS

PARA LER CONTOS

PARA VER E CANTAR

PARA DEBUXAR
PARA FACER

Bueno, esperamos estar outra vez con vós mañá. Se non é así, non vos impacientedes, o faremos o máis pronto posible. Ás veces estamos a buscar cousas que pensamos que poden gustarvos e tardamos un pouquiño. De todos os xeitos...A NOSA ARMA MÁIS PODEROSA É A IMAXINACIÓN!

AS INVESTIGACIÓNS DOS MÁIS PEQUES DO COLEXIO

Nas aulas de Educación Infantil, ademáis duns excelentes arqueólogos tamén son PALEONTÓLOGOS. Intentan coñecer como eran os DINOSAURIOS, eses increíbles animais prehistóricos.

Neste caso achegámosvos as actividades da aula de E.I de 3 anos. Estes nenos e nenas, xunto coa profe Mabel: CONTARON, AGRUPARON, CLASIFICARON...E iniciáronse na ACTIVIDADE CIENTÍFICA traballando cos ovos de xeo e os ovos de auga.

Unha aprendizaxe baseada na manipulación e a experiencia, que é a que realmente lémbrase sempre.




15 mar 2020

SOLIDARIEDADE ENTRE AS EDITORIAIS.


Son bastantes as editoriais que están a aportar recursos educativos para axudar neste momento en que os nenos e nenas están na casa. Pouco a pouco iremos dándoas a coñecer.
Hoxe deixámosvos a do grupo S.M, que ofrece de xeito gratuíto acceso á súa plataforma con libros e xogos da súa aula virtual de aprendizaxe, M.A.R.S, durante o período de corentena.

Son recursos de distintas áreas que abranguen dende Educación Infantil ata Secundaria.

Deixámosvos o enlace desta interesante proposta:
M.A.R.S

E SE VISITAMOS MUSEOS DENDE A CASA?

 "A arte é un instrumento de instrucción masiva", esperta a imaxinación, agudiza o inxenio, remove a nosa sensibilidade e agudiza os sentidos.
Toda unha receita que vai sentar ben a toda a familia e en especial aos máis pequechos e pequechas. Aquí deixámosvos algúns enlaces e fermosas e suxerentes imaxes que convidan a colarse sen entrada:)
 

 

                                               LOUVRE-PARIGI (París)           
                                 BRITISH MUSEUM LONDON (Londres)

Son moitos máis, pouco a pouco iremos convidándovos. Non o perdades!

UNHA INTERESANTE INICIATIVA EDUCATIVA DENDE RTVE DURANTE O PECHE PREVENTIVO DOS CENTROS EDUCATIVOS.

Dende este luns día 16 de marzo, nos medios dixitais do canal infantil CLAN (web, apps e televisións conectadas), estarán dispoñibles contidos audiovisuais para nenos e nenas dende os 4 aos 10 anos.
Esta iniciativa lévase a cabo de xeito coordinado, entre o Ministerio de Educación e Formación Profesional a través  do INTEF (Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado)e coa colaboración desinteresada de editoriais educativas.

Os contidos estarán agrupados en tres canais:

EduClan 3 a 5 anos

EduClan 6 a 8 anos.

EduClan 9 a 10 anos.

As familias poderedes atopar vídeos sobre as principais áreas curriculares: Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Lengua Castellana, Lóxica e Matemáticas, Educación Artística, Idiomas, Educación Física, Tecnoloxías e Convivencia.

Para máis información deixámosvos o seguinte enlace:
EduClan unha ferramenta educativa.

A MULLER NA HISTORIA.

Un día coma hoxe, queremos compartir con vós, esta excelente cantiga que "visibiliza a invisibilidade" á que a muller foi sometida nos distintos períodos da historia, sen deixar un momento de seguir adiante, de loitar polo que lle corresponde por dereito. Non somentes somos a metade...SOMOS TODO!

ELABORACIÓN DE DISFRACES NO 2ºCICLO.

Aproveitando o tempo dos talleres, o colexio é un fervedoiro de ideas.

Os nenos e nenas de 3º e 4º, empregámonos a fondo investigando como era a vestimenta de castrexos e romanos.
Cun pouquiño de información e unha pizca de imaxinación, tratamos de elaborar uns traxes que serviran para poñernos na pel dos habitantes dos castros e dos invasores romanos.

Xa víchedes no vídeo que tomamos moi en serio a nosa ambientación, aquí deixamos imaxes dos detalles dos traxes.
No taller de danza e nas clases de Educación Física, co axuda da profe Rosa e da profe Carmen, elaboramos a representación e coreografía tan coidadas que puidéchedes ver. Grazas pola vosa paciencia! 


CONTINUAMOS A INVESTIGAR SOBRE O NOSO PASADO.

Nos talleres de 3o e 4o, seguimos na procura de información sobre o pasado. Nos distintos talleres traballamos sobre: os fósiles, como era o xeito de escribir na antigüidade, as vidrieras, o renacemento, os coches nos anos 20 do S.XX...Madre mía, menuda viaxe no tempo que levamos dada!