Blogging tips

23 abr 2020

Sesión de contacontos do MARCO de Vigo

Sesión de contacontos online, con María Xosé Martínez “As luces que se acenden e se apagan”, baseado no libro de Ramón Trigo (Editorial Kalandraka) Unha iniciativa da Biblioteca-Centro de documentación do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo para público familiar.


Maria Xosé Martínez, membro do equipo de didáctica do MARCO e autora con amplia experiencia en actividades educativas para público infantil e familiar, ofreceranos en primicia unha sesión de contacontos teatralizada, baseada na historia do artista, ilustrador e escritor Ramón Trigo, no seu libro As luces que se acenden e se apagan (Editorial Kalandraka). A actividade será accesible a través da web do MARCO, o seu perfil en redes e o seu canle de Youtube. Unha excelente oportunidade para compartir en familia esta experiencia dirixida a públicos de todas as idades!


Cada quen ten unha luz que se ilumina na súa cabeza cando xorden boas ideas… Quen non desexa que os seus soños se fagan realidade cando menos unha vez na vida??? Esta historia convídanos a reflexionar sobre a nosa percepción de nós mesmos no mundo, sobre os nosos desexos, a forza da vontade, o tesón e a superación dos nosos propios medos. Isto e moito máis podemos aprender a través desta sinxela e fermosa narración que permite adentrarse no universo creativo dos artistas…


22 abr 2020

23 de abril, Día do Libro 2020

Queridas familias, alumnas e alumnos, profesorado e todxs cantos gozamos da lectura;

Temos o pracer de compartir con todas e todos vos o vídeo co que queremos ensalzar o tan importantes que son os libros nas nos vidas, hoxe e sempre.

Queremos conmemorar o Día do Libro 2020 agradecendo a todas e todos aqueles que se adican ao mundo do libro: escritoras e escritores,  ilustradoras e ilustradores, editoriais, traductoras/es, librerías,  bibliotecas e un longo etcétera, por achegarnos á cultura,  á historia, compartir as súas verbas,  e por abrirnos as portas ao mundo da imaxinación.

Grazas tamén a todas e todos vos por facer as vosas aportacións e facer posible este vídeo.

Desexamos que estedes ben a pesares desta situación que estamos a vivir e que aproveitedes para disfrutar dos libros cada día.

Esperamos que vos guste.


FELIZ DÍA DO LIBRO 2020



16 abr 2020

Día do Libro 2020


FESTA DO LIBRO

Estimadas Familias,
                                                                                            
O vindeiro xoves 23 de abril, conmemoramos o Día Internacional do Libro. E para celebralo queremos facervos partícipes desta festa convidándovos a que nos fagades chegar unha foto na que se vos vexa lendo sen que se vos vexa o rostro. Pode ser individualmente ou en familia, co voso libro favorito, co libro que esteades lendo actualmente ou o libro que estades desexando comezar a ler.

Así que ánimo!!
Podedes envialas ao seguinte enderezo: biblioteca.ceipdesobrada@gmail.com ata o 20 de abril ás 22:00 horas.

Cas fotos enviadas elaboraremos un vídeo que colgaremos no blog da biblioteca o xoves 23 de abril.