Blogging tips

5 jun. 2011

LIBERAMOS LIBROS!

Unha das actividades levadas a cabo no cole durante a semana das XORNADAS CULTURAIS relacionadas coas Letras Galegas foi a LIBERACIÓN DE LIBROS, tamén chamado "BOOKCROSSING".
Cada aula do centro tiña adxudicado un libro que, o neno/a encargado de levalo, debía deixalo nalgún lugar onde outro neno/a ou persoa o puidera atopar e disfrutar del. Non se trataba de que os contos regresasen ao noso cole, senón de que puidesen viaxar de man e man fomentando así o interese pola lectura máis aló dos nosos muros.
Os nenos/as encargados de levalo estaban moi ilusionados e á espera de que poidamos ter novas deles e do seu paradeiro, xa que deixamos unha notiña co correo electrónico do colexio por se alguén quere contarnos as súas impresións acerca do conto que atopou.

No hay comentarios:

Publicar un comentario