Blogging tips
Mostrando entradas con la etiqueta Hora de ler. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Hora de ler. Mostrar todas las entradas

16 nov 2018

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Dende o 19 de novembro ata o 6 de decembro ímos levar a cabo actividades científicas para os nenos e nenas de todo o colexio.

Os encargados e encargadas de impartilas, serán os alumnos e alumnas de 6º de E.P. Esta tempada están moi concienciados da importancia da ciencia nas nosas vidas. Van ensinarnos o que aprenderon na semana que estiveron en Santiago de Compostela nun campamento STEM (ciencia,tecnoloxía,enxeñería e matemáticas).

Comezamos a próxima semana con electricidade, explicando: Electróns, os circuítos...Non vos contamos máis.

As actividades as faremos na hora de ler na biblioteca:

- Luns: EDUCACIÓN INFANTIL.
- Martes: 1º e 2º.
- Mércores: 3º e 4º.
- Xoves: 5º.

VAI SER MOI CHULO! Bloggers Rubén, Laura e Estela.


10 mar 2016

Contando contos

Na aula de nenas e nenos de 3 anos, tivemos a gran sorte de contar ca visita de dous compañeiros de 5° de primaria.

Na hora de lectura viñeron o irmán dun neno de tres anos acompañado dunha amiga e nos deleitaron ca lectura dun conto que contaron moi ben xa que conseguiron manter a súa atención de todos os peques.

Gracias chic@s!!

9 ene 2015

RECURSOS EN GALEGO PARA TODAS AS IDADES E DE DIVERSOS TEMAS

Queremos deixarvos un banco de recursos verdadeiramente interesante realizados por profesionais do ensino e alumnado.
Están tomados do banco de recursos da CGENDL(Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística).
Son LIMs interactivos, prácticos, para escoitar, para falar...Moitos deles poden servir de axuda nas áreas de Coñecemento do Medio, Naturais e Sociais...Pero tamén os hai de matemáticas, de lectura...
Dende o ENDL e Bibliotecas Escolares consideramos que valen a pena. Esperamos que así sexa.

RECURSOS INTERACTIVOS EN LINGUA GALEGA

16 mar 2014

As "Sementes Lectoras" agroman nas xornadas culturais

A partir do próximo luns , darán comezo "As  xornadas culturais" . Estarán cheas de actividades relacionadas co tema transversal deste ano académico.
Dende a biblioteca escolar , queremos colaborar cunhas cantas Historias de extraordimulleres . Esta montaxe xa foi representada o pasado día 7 de marzo na sesión de contacontos de "AS SEMENTES LECTORAS", pero nesta ocasión cremos que vai ser mais interesante, porque se encargarán de representala dous equipos de responsables da biblioteca: Yesenia, Paula, Clara, Carla, María, Yaiza, Verónica e Olalla.

Nenas interesadas na narración oral contando historias de mulleres pioneiras. Unha auténtica oportunidade de escoitar "Palabras en feminino".




28 nov 2013

Os nen@s de 3º cóntanlles contos aos de 5 anos na HORA DE LER!

Neste trimestre, os nenos e nenas de 3º, por grupos, contárolles contos aos nenos e nenas de 5 anos na HORA DE LER! Unhas veces na biblioteca, outras na aula de cociña e outras na aula de 5 anos. Aos pequenos gústanlles moito estes contacontos porque o fan FENOMENAL!A súa posta en escena e a súa boísima disposición son inmellorables! Aquí tedes algunhas fotos das súas visitas!
GRACIÑAS, NEN@S POR PREPARAR ESTES CONTOS PARA NÓS!
MOITÍSIMAS GRAZAS POR FACERNOS ESTE AGASALLO, CHICAS!
PASÁMOLO PIPA COA VOSA VISITA!!!

14 nov 2013

Contade con nós


O equipo de responsables contan moito e por iso organizan sesións de contacontos na hora de ler.
Aquí vos deixamos unhas imaxes das dúas primeiras sesións.

REPETIMOS?