Sobrada nas ondas. Primeiro programa de Radio Escolar
Pincha no enlace e poderás escoitar o noso primeiro programa de radio escolar deste curso 2018-2019.
Programa de recomendacións literarias para que vos somerxades no mundo das boas lecturas.
Mostrando entradas con la etiqueta oralidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta oralidade. Mostrar todas las entradas
26 nov 2018
27 nov 2017
PROGRAMA DE RADIO ESCOLAR
A Biblioteca Axexo do C.E.I.P. de Sobrada, quere informarvos de que dende a Radio Municipal de Tui se emite un programa escolar no cal participa o noso colexio recomendando libros.
Animámosvos a escoitar estes programas que se emitirán todos os xoves en horario de 11:30 h. e 14:45 h. (redifusión).
O noso colexio fará os programas dos días:
- 30 de novembro de 2017.
- 1 de marzo de 2018.
- 10 de maio de 2018.
- 31 de maio de 2018 (este último será un programa conxunto de todos os colexios participantes)
Animámosvos a escoitar estes programas que se emitirán todos os xoves en horario de 11:30 h. e 14:45 h. (redifusión).
O noso colexio fará os programas dos días:
- 30 de novembro de 2017.
- 1 de marzo de 2018.
- 10 de maio de 2018.
- 31 de maio de 2018 (este último será un programa conxunto de todos os colexios participantes)
14 nov 2016
XVII XORNADAS DE EXPRESIÓN ORAL "TÍRALLE DA LINGUA"
Tíralle da língua é un proxecto da AS-PG, dirixido ao alumnado e profesorado de todo o país, co obxectivo de normalizar o uso oral da nosa lingua, converter o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación de historias... de lingua de uso do noso sistema educativo, en definitiva, de devolverlle ao galego o espazo que lle corresponde.O proxecto "TÍRALLE DA LINGUA" consta de dúas fases:
- Estas xornadas de expresión oral, dirixidas ao profesorado, nas que se intenta proporcionar técnicas para traballar a oralidade na aula.
- E un concurso de relato oral, dirixido ao alumnado de toda Galiza cunha fase final que se celebra no mes de maio en Compostela.
XVII CONCURSO DE RELATO ORAL: TÍRALLE DA LINGUA
BASES DO CONCURSO
1ª As historias poderán ser de base popular, de base literaria ou creación propia.
2ª As historias contaranse en galego.
3ª Nas historias valorarase a calidade lingüística e o seu carácter construtivo e pedagóxico (linguaxe non discriminatoria, linguaxe non sexista...)
4ª As/os participantes concursarán individualmente ou en grupo, pero sempre respectando o tempo máximo por actuación que será de 5 minutos. A superación dese tempo pode supor a descualificación. Poderán participar cun máximo dunha historia.
5ª O concurso vai destinado a tres niveis académicos:
1) Primaria
2) 1º Ciclo de ESO.
3) 2º Ciclo de ESO e ensino postobrigatorio.
6ª O concurso farase en dúas fases con carácter selectivo:
1) A nivel de centro de ensino.
2) A nivel nacional.
7ª Na primeira fase será o propio centro o que determine e se responsabilice dos posíbeis premios aos concursantes. O número de concursantes que pasarán da primeira á segunda fase determinarase en función da participación, o que se comunicará aos centros.
8ª A formalización da inscrición no concurso por parte dos centros realizarase antes do día 19 de abril enviando un e-mail a: informacion@as-pg.com, recibirán confirmación da inscrición e dos datos que deben completar.
9ª A fase final celebrarase a finais de abril en Santiago, en dous grupos diferentes: un para primaria e primeiro ciclo de secundaria e outro para segundo ciclo de secundaria e ensino postobrigatorio.
10ª Na fase final concederase un primeiro premio por nivel cun valor de 250 euros e un segundo, se o xurado así o estima por valor de 150 euros. Os centros de ensino dos participantes gañadores recibirán un premio do mesmo importe.
Para máis información: http://www.as-pg.gal/ViewActivity.do?activityId=69
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
