Mostrando entradas con la etiqueta Día das Letras Galegas 2016. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día das Letras Galegas 2016. Mostrar todas las entradas
17 mar 2016
LIÑA DO TEMPO DE MANUEL MARÍA
Liña do tempo de Manuel María. Un traballo moi interesante e moi completo realizado por Quini Freixeiro do Ceip Condesa Fenosa.
Etiquetas:
actividades culturais,
animación á lectura,
anuncios,
Autores imprescindibles,
Biblioteca,
Día das Letras Galegas 2016,
Noticias
6 oct 2015
Manuel María, autor das Letras Galegas para o ano 2016
A noticia de que o
escritor Manuel María será o autor homenaxeado o próximo 17 de maio foi
moi ben recibida polo conxunto da sociedade galega. Poucas veces un
autor recibe este aplauso unánime dos lectores. A RAG acertou na súa
elección.
Manuel María, ademais de poeta para o público xeral e a infancia, foi narrador e autor teatral.
Un creador atento
ás necesidades do sistema literario galego, da escola e da sociedade.
Cando publicou Os soños na gaiola declaraba que era o libro que tivera
gustado ler cando cativo. E os pequenos e pequenas do país déronlle
cumprida resposta. Os soños saíron da gaiola para voar e ser cantados
por Suso Vaamonde, e con el, polos galegos dun tempo.
As Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela, foi
unhas desas obras de teatro que encheron os escenarios dos centros de
ensino. teatro para ler, para representar, para falar... porque ten
mensaxe.
E outros libros
para a infancia e a xuventude, para confirmar que nas bibliotecas
escolares haberá moito que dicir deste autor da Terra Cha.
Un autor que conta cunha Fundación que achega moita información e
recursos para traballalo. Un autor que recibiu o I premio Leixaprén de
centros de ensino pola súa contribución ao galego.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

