Blogging tips
Mostrando entradas con la etiqueta conmemoracións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta conmemoracións. Mostrar todas las entradas

22 abr 2021

23 de Abril, Día do Libro

Para conmemorar o Día Internacional do Libro 2021, todas as aulas do noso cole fixeron unha banderola na que se debuxou a portada dun libro. As portadas que se expoñen son as dos libros escollidos en cada aula polo alumnado por ser o libro que máis lles gusta.


Aquí vos deixamos unha fotos para que vexades que bonita queda o fronte do noso cole.






Sexan con estes ou con outros, dende a Biblioteca Axexo desexámosvos que disfrutedes moito do Día do Libro, acompañadxs dunha boa lectura.


18 feb 2021

Descubrindo a Rosalía de Castro

O próximo mércores 24 de febreiro conmemoramos o día do nacemento da gran Rosalía de Castro. Deixámosvos o enlace dun traballo co que poderedes descubrir todo o que xa sabedes e o que descoñecedes da vida e obra desta gran muller.

Descubrindo a Rosalía de Castro




17 nov 2020

Homenaxe a Ricardo Carvalho!

 

Dende o EDLG e o equipo de bibliteca fixemos unha pequena homenaxe ao autor Ricardo Carvalho Calero, xa que a conmemoración se trasladou ao 31 de outubro do 2020 debido á crise da COVID-19.

 

MAGOSTOS 2020

 

Dende o Ceip de Sobrada, o EDLG e equipo de biblioteca, recopilamos diversas fotos que nos madáchedes, das cales xa podedes disfrutar no seguinte vídeo.

22 abr 2020

23 de abril, Día do Libro 2020

Queridas familias, alumnas e alumnos, profesorado e todxs cantos gozamos da lectura;

Temos o pracer de compartir con todas e todos vos o vídeo co que queremos ensalzar o tan importantes que son os libros nas nos vidas, hoxe e sempre.

Queremos conmemorar o Día do Libro 2020 agradecendo a todas e todos aqueles que se adican ao mundo do libro: escritoras e escritores,  ilustradoras e ilustradores, editoriais, traductoras/es, librerías,  bibliotecas e un longo etcétera, por achegarnos á cultura,  á historia, compartir as súas verbas,  e por abrirnos as portas ao mundo da imaxinación.

Grazas tamén a todas e todos vos por facer as vosas aportacións e facer posible este vídeo.

Desexamos que estedes ben a pesares desta situación que estamos a vivir e que aproveitedes para disfrutar dos libros cada día.

Esperamos que vos guste.


FELIZ DÍA DO LIBRO 2020



16 abr 2020

Día do Libro 2020


FESTA DO LIBRO

Estimadas Familias,
                                                                                            
O vindeiro xoves 23 de abril, conmemoramos o Día Internacional do Libro. E para celebralo queremos facervos partícipes desta festa convidándovos a que nos fagades chegar unha foto na que se vos vexa lendo sen que se vos vexa o rostro. Pode ser individualmente ou en familia, co voso libro favorito, co libro que esteades lendo actualmente ou o libro que estades desexando comezar a ler.

Así que ánimo!!
Podedes envialas ao seguinte enderezo: biblioteca.ceipdesobrada@gmail.com ata o 20 de abril ás 22:00 horas.

Cas fotos enviadas elaboraremos un vídeo que colgaremos no blog da biblioteca o xoves 23 de abril.


26 nov 2019

MES DA CIENCIA EN GALEGO


Estamos no "Mes da Ciencia en Galego". Durante a última semana de novembro, na hora do recreo, o alumnado terá a oportunidade de levar a cabo diversos experimentos.
Hoxe, a profe Mabel (Ed.Infantil 3 anos), amosounos como romper a tensión superficial da auga. Foi...ALUCINANTE!

20 nov 2019

MAÑÁ TEMOS VISITA NA BIBLIOTECA AXEXO!

Xa estamos outra vez quentando motores, na nosa biblioteca, para recibir a visita dun novo experto que nos axude a coñecer algúns datos máis sobre o noso PDI.

Neste caso trátase do avó dun neno e unhas nenas do colexio: Ángel Acuña Piñeiro. El é un profesional da arqueoloxía, con moitos anos de experiencia e que dirixe a empresa ADRO ARQUEOLÓXICA.

Investigando, investigando...Averiguamos que, un dos traballos que realizou, foi a excavación dunha SALINAE (espazo para a salgadura) de orixe romana, que está localizada en Vigo, concretamente na rúa Rosalía de Castro. Tamén soubemos que ten realizado moitas investigacións noutros lugares de Galicia.

Mañá todos os nenos e nenas, tamén o profesorado, teredes ocasión de escoitar todo o que nos conta sobre o seu apaixonante traballo. Vémonos!


17 nov 2019

ESTA SEMANA CELEBRAMOS O DÍA DO PATRIMONIO

O día 16 de novembro do ano 1972 asinábase en París a Convención sobre patrimonio Mundial Cultural e Natural, a cal sentaba as bases para levar a cabo este tipo de protección sobre os bens culturais e naturais.

Pero...Que é o patrimonio? É o noso legado, a historia que ten chegado ata nós representada en edificios, obras de arte, oficios, historias, lugares fermosos...Todo aquelo que nos arrodea e fainos saber quenes somos e que temos a obriga de coidar e pasalo a outras persoas que vivirán despois de nós.

En total son 167 países de todo o mundo, os que teñen algún ben cultural ou natural declarado Patrimonio da Humanidade. Sabes que lugar ocupa España?...O TERCEIRO. O primeiro é Italia e o segundo China. Deixámosvos o seguinte enlace para que poidades ler un interesante artigo.

Patrimonio da Humanidade en España.

Por suposto, en Galicia temos algúns destes monumentos e lugares.

CATEDRAL DE SANTIAGO E CASCO HISTÓRICO.
Resultado de imagen de Catedral de Santiago en casco histórico"
A MURALLA DE LUGO.
  Resultado de imagen de muralla de lugo tour galicia"
A TORRE DE HÉRCULES.                         
 Resultado de imagen de torre de hércules tour galicia"
O CAMIÑO DE SANTIAGO
Resultado de imagen de o camiño de santiago"     Imaxes Turismo de Galicia e ViajescaminodeSantiago.

Nestes enlaces, podes realizar algunha visita dende o teu ordenador.

Museo virtual Torre de Hércules.

Visita virtual á Catedral de Santiago de Compostela.   

Pero non fai falta que os monumentos e lugares fermosos esten en "ningunha importante lista" para que teñamos que respectalos. Non esquezas que cada lugar que pisas garda unha historia e que, moitas persoas antes ca ti, estiveron alí.

Resultado de imagen de técnica estratigráfica para niños"

26 oct 2019

E POR FÍN CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS!

O venres día 25 de outubro, todos e todas celebramos que temos unha biblioteca no colexio na que convivir, aprender, investigar...E GOZAR! E así foi como o pasamos xenial con Alberto Romero "Romer".

Deunos unha gran sorpresa cando apareceu co seu traxe de arqueólogo e contounos as súas andanzas para entrar nas covas co grupo de arqueoloxía "MAÚSO". Decatámonos de que hai que estar moi preparados e preparadas para realizar este traballo, pero tamén hai que ter o entusiasmo que desborda Alberto que, coma sempre, conectou moi ben con nós. Achegounos a súa experiencia, pero contada dun xeito que puidésemos comprender.
Tamén trouxo a Silvana, unha serpe moi lambona que gozaba bebendo o leite das vacas do Monte Aloia. Quixemos que este réptil tan "amistoso" quedara no noso cole así que, en cada clase, fixemos un trociño de serpe: uns pintamos, outros enrugamos papel...Quedou chulísima! Mirade!
Seguro que nos vai facer compaña nas nosas investigacións deste curso.

21 nov 2018

OBRADOIRO DE ELECTRICIDADE CON 1º E 2º DE PRIMARIA




Segunda xornada de Ciencia en Galego. As nenas e nenos de 6º de primaria ensináronlle as nenas e nenos de primeiro e segundo de primaria como funciona a electricidade. Unha sesión interciclos moi satisfactoria.

Son todos uns expertos.

16 nov 2018

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Dende o 19 de novembro ata o 6 de decembro ímos levar a cabo actividades científicas para os nenos e nenas de todo o colexio.

Os encargados e encargadas de impartilas, serán os alumnos e alumnas de 6º de E.P. Esta tempada están moi concienciados da importancia da ciencia nas nosas vidas. Van ensinarnos o que aprenderon na semana que estiveron en Santiago de Compostela nun campamento STEM (ciencia,tecnoloxía,enxeñería e matemáticas).

Comezamos a próxima semana con electricidade, explicando: Electróns, os circuítos...Non vos contamos máis.

As actividades as faremos na hora de ler na biblioteca:

- Luns: EDUCACIÓN INFANTIL.
- Martes: 1º e 2º.
- Mércores: 3º e 4º.
- Xoves: 5º.

VAI SER MOI CHULO! Bloggers Rubén, Laura e Estela.


20 abr 2018

X FEIRA DO LIBRO USADO

Por décimo ano consecutivo, o vindeiro martes 24 de abril inauguramos a nosa Feira do Libro Usado. Nesta feira sacamos todos aqueles libros que xa están descatalogados, para que nenas e nenos poidan velos e levalos para casa.

E tamén coma en anos anteriores, nenas e nenos poderán facer intercambio de libros persoais que traian á escola para cambiar por outros.


Un día con tempos de lectura, sempre será un día mellor!
Resultado de imagen de citas de lectura en galego 
 

Felices lecturas!!

Eli Ríos visitará a nosa escola

Resultado de imagen de eli ríos

Eli Ríos, escritora de éxito visitará a nosa escola o vindeiro luns 23 de abril.

Resultado de imagen de mulleres bravas da nosa historia maría victoria moreno márquezTodas as nenas e nenos dende 3 anos ata 6º de primaria poderán disfrutar por tandas nos obradoiros que nos ten preparados.

Estes talleres estarán centrados na súa obra sobre a figura de María Victoria Moreno Márquez, un dos títulos da colección de Mulleres Bravas da Nosa Historia.

Sen dúbida, será unha experiencia inesquecibel.

Agardamos impacientes a túa visita!!

20 oct 2017

O BIBLIOBURRO E OUTRAS BIBLIOTECAS PECULIARES





OUTRAS BIBLIOTECAS PECULIARES




https://soybibliotecario.blogspot.com.es/2017/10/bibliolancha-delta.html


https://soybibliotecario.blogspot.com.es/2017/10/la-biblioteca-movil-de-tokio.html




Onde estaba ubicada a primeira biblioteca do mundo???

Envíanos a túa resposta.

Coñeces algunha biblioteca que consideres especial? Compárteo con todxs.


FESTA DA BIBLIOTECA AXEXO

Para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares a Biblioteca Axexo organiza unha mostra de libros escritos noutras linguas ou libros doutros países xa que este ano temos como eixe transversal a paz e a tolerancia e que estarán expostos dende o martes 24 ata o venres 27 de outubro.

Resultado de imagen de lenguas de galiciaImagen relacionada

Por outra banda, a nosa mascota da biblioteca, o Axexo, quere facer unha festa cunha sesión de contacontos para todo alumnado do centro en diferentes sesións ó longo da mañá.

O conto elixido é o Biblioburro, co que poderán coñecer outras bibliotecas do mundo.

Resultado de imagen de biblioburro          Resultado de imagen de biblioburro

22 mar 2017

Día das Artes Galegas





 http://www.symbaloo.com/home/mix/13eP291id7

O 1 de abril celébrase o Día das Artes Galegas. Nesta convocatoria adicarase a figura dunha das artistas máis importantes do S. XX. Maruja Mallo. Aquí vos deixamos algúns enlaces nos que poderedes atopar videos, e páxinas nas que poder ahondar na vida e obra desta muller galega sin igual.