Blogging tips

8 nov. 2013

A precursora do e-book

Agora que tanto resona nas bibliotecas e outros espazos educativos e de lecer o nome deste "trebello"...Sabías que a precursora deste aparato tecnolóxico foi unha mestra medio leonesa, medio galega?...Pois si Ángela Ruiz Robles, nada en León, exerceu grande parte da súa carreira docente en Galicia.
Era, pola documentación que se ten dela, unha docente entusiasta e, por este motivo, sempre estaba a inventar e a argallar métodos polos cales o seu alumnado aprendera mellor.
Escribíu moitos libros, pero o máis curioso traballo que realizou foi: A MÁQUINA TAQUIMECANOGRÁFICA que consistía nun mapa e atlas lingüÍstico gramatical e unha enciclopedia mecánica.

Aquí tes unha imaxe de como era:

Imáxe procedente do xornal "El País"

Imáxe procedente de http://grupolipo.blogspot.com.es

Bueno, agora esperamos que vos pille o gusanillo e vos apeteza buscar mais información interesante. Aquí vos deixamos un enlace que vos axudará nas vosas pesquisas. Si sodes observadores e observadoras...TAMÉN PODEDES EMPREGAR OS ENLACES DE PE DE FOTO.


                               http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=87

No hay comentarios:

Publicar un comentario