Blogging tips

3 oct. 2015

MOCHILAS VIAXEIRAS


Un ano máis poñemos en marcha dende a biblioteca as Mochilas Viaxeiras. Unha ou dúas mochilas por aula viaxarán de fogar en fogar achegando as vosas familias un pack de libros (infantís e de adultos), música, cine, xogos, libros de manualidades, libros de receitas...

Esperamos sexan do voso agrado e que disfrutedes dun gozoso tempo de lecer que sempre proporciona unha boa lectura.

Podedes aportar as vosas opinións, sempre constructivas, nas libretas que acompañan a cada mochila viaxeira.

O equipo da Biblioteca Axexo

No hay comentarios:

Publicar un comentario