23 feb 2015
24 de febreiro, día de Rosalía
Mañán 24 de febreiro conmemórase o día de Rosalía de Castro, a poetisa galega máis universal.
Aquí vos deixamos un enlace a páxina oficial da fundación para que poidades investigar aspectos da súa vida e obra.
BIOGRAFÍA, OBRA E IMAXES DE ROSALÍA
E un LIM do CEIP Alexandre Bóveda co que poderedes realizar actividades lúdicas para coñecela un pouco mellor.
ROSALÍA DE CASTRO . ACTIVIDADES LIM
E como estamos de celebración, un pouco de música...
No seguinte enlace atoparedes máis poemas de Rosalía cantados por Amancio Prada
AMANCIO PRADA CANTA A ROSALÍA
Aquí vos deixamos un enlace a páxina oficial da fundación para que poidades investigar aspectos da súa vida e obra.
BIOGRAFÍA, OBRA E IMAXES DE ROSALÍA
E un LIM do CEIP Alexandre Bóveda co que poderedes realizar actividades lúdicas para coñecela un pouco mellor.
ROSALÍA DE CASTRO . ACTIVIDADES LIM
E como estamos de celebración, un pouco de música...
No seguinte enlace atoparedes máis poemas de Rosalía cantados por Amancio Prada
AMANCIO PRADA CANTA A ROSALÍA
12 feb 2015
13 de febreiro, DÍA MUNDIAL DA RADIO
Mañán 13 de febreiro celebramos o Entroido no cole pero ademáis das comparsas e tódalas actividades que imos realizar relacionadas con esta conmemoración é importante lembrar que o día 13 de febreiro é o DÍA MUNDIAL DA RADIO.
Fixádevos no baúl da biblioteca " Un baul cheo de..."e veredes que A RADIO é unha das actividades que aparece dentro...Xa que estamos de celebración quero lembrarvos que este curso participamos nunha actividade de radio escolar con outros centros do entorno e que podemos escoitalos todos os xoves ás 11.30 a través da emisora de Radio Tui. Arriba nas pestanas tedes un enlace para escoitar os programas emitidos, entre eles o que fixeron os nenos e nenas de 4º do noso cole: " A nai da nai da miña mamá", foi o conto que escolleron para recomendar a todos os ouvintes.
Moi pronto poderemos escoitar dende Radio Tui ao alumnado de 5º e 6º, estade atentos para ver cando se emite e que non esquezades que
"Un blog aliméntase dos teus comentarios". Cóntanos que te pareceron os programas !!!
E si vos gusta a radio e a lectura aquí vos deixamos uns enlaces a programa culturais de Radio 5 de RNE para disfrutar en familia.
LA ESTACIÓN AZUL DE LOS NIÑOS
CONTANDO CUENTOS EN R5
9 feb 2015
RECURSOS PARA O ENTROIDO
No colexio non se para...goma eva por aquí, brillos por alá, pinturas no outro lado...Que si a pancarta, que a bolsa é grande, que as ordes da "MECA" (si meca, é moi chula, noraboa, esperamos de corazón que sexa indultada). STOOOOOOOOOP.
Pensemos:
Por que celebramos o entroido?, como celebramos o entroido en Galicia?, onde o celebran máis?...
A todas estas preguntas e a outras lle podedes atopar resposta no corcho que está ao lado da biblioteca. Alí tamén está colocado un deslinguado de entroido, onde poñer vocabulario que coñezades sobre esta celebración anual.
Aquí vos deixamos uns enlaces cos que podedes ter máis datos sobre as tradicións do entroido en Galicia:
O CEIP Mestre Valverde de Mos, elaboraron este recurso moi interesante sobre a tradición neste concello de O Baixo Miño. Hai actividades dende E.I ata 6º de E.P
Un Lim do CRA de Bergondo
Aparecen bastantes da provincia de Pontevedra. O enlace está recollido do blog do CEIP Frián-Teis
Un recurso divertido sobre todo para os máis pequenos. Podedes construir ata unha abella con cabeza de trasno!.
Recollido do repositorio ABALAR. Está moi ben para os maiores.
A Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística aporta moitos enlaces interesantes.
5 feb 2015
Sesión audiovisual nas "Sementes lectoras" para conmemorar o DÍA DA PAZ
Algunhas imaxes para lembrar a sesión audiovisual das "Sementes lectoras": CURTAMETRAXES QUE EDUCAN EN VALORES
Sesión das "Sementes lectoras do mes de xaneiro"
RESPECTO
EMPATÍA
TRABALLO EN EQUIPO
AMIZADE
COLABORACIÓN TOLERANCIA
EMPATÍA
TRABALLO EN EQUIPO
AMIZADE
COLABORACIÓN TOLERANCIA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)