Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia, en galego,
que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades
didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións,
museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos,
convocatorias e propostas, blogues de ciencia dos centros educativos,
experiencias de bibliotecas escolares, etc.
29 oct 2015
NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO
24 oct 2015
CONTO. O CLARO DO BOSQUE
O
CLARO DO BOSQUE
- Este carreiro parece interesante -dixo unha nena- Non podo imaxinar o que hai
nave espacial, vendo como o sistema solar se facía máis pequeno, a
medida que a nave avanzaba cara ao centro da galaxia.
—Eu quero atopar unha
espada máxica coa que vencer ao xigante malvado que nos tivo tanto
tempo prisioneiros— exclamou un neno.
—Eu tamén —e ambos
tomaron outro carreiro, pensando dar batalla ao malvado xigante.
—Gustaríame ver o mundo
enteiro, coñecer todos os países e todos os seus pobos, escoitar os
seus idiomas e xogar cos seus nenos.
—E eu necesito saber como
funciona o mundo. Por que caen as follas ao chan mentres que as
estrelas permanecen no ceo. Quero sabelo todo.
Pronto se foran todos os
nenos, excepto unha nena pequena. Mirou ao redor do claro soleado e
aos diferentes carreiros, uns agora explorados e outros, esperando
que alguén atope o que se oculta detrás dos seus recodos.
Puxo a súa man sobre a suave
cortiza dunha árbore, dicindo en voz alta:
—Este lugar é máxico.
Desexo saber como se chama.
OUTRO VIDEO NO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES EN SOBRADA
NATUREZA GALEGA. O BOSQUE
Etiquetas:
animación á lectura,
anuncios,
Biblioteca,
conmemoracións,
Día das Bibliotecas Escolares,
Tema transversal medio ambiente
23 oct 2015
NATUREZA GALEGA BIBLIOTECAS ESCOLARES
Estes son algúns dos videos que puidemos ver celebrando o Día das Bibliotecas Escolares e o Medio Ambiente na nosa escola.
22 oct 2015
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Este venres 24 de outubro celébrase o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, e para celebralo que mellor que ir á biblioteca a gozar ca lectura dun conto e ver algún video.
Este ano o eixe transversal é o MEDIO AMBIENTE, polo que aunaremos Biblioteca e Medio Ambiente. Leremos o conto "O claro do bosque" e cada aula por roldas poderá ver algúns vídeos sobre ecoloxía; a auga, os bosques, residuos... segundo a idade dos cativos
Dende a Biblioteca a mascota AXEXO vos anima a que visitedes a nosa biblioteca e desfrutedes dela.
Dende a Biblioteca Axexo convidámosvos a visitarnos no seguinte horario:
- Luns, de 16:00 a 19:00
- Xoves, de 16:00 a 18:30
Informarvos tamén de que se queredes sacar libros ou cd's da biblioteca podedes facervos o carné da biblioteca.
O equipo da Biblioteca Axexo
Este ano o eixe transversal é o MEDIO AMBIENTE, polo que aunaremos Biblioteca e Medio Ambiente. Leremos o conto "O claro do bosque" e cada aula por roldas poderá ver algúns vídeos sobre ecoloxía; a auga, os bosques, residuos... segundo a idade dos cativos
Dende a Biblioteca a mascota AXEXO vos anima a que visitedes a nosa biblioteca e desfrutedes dela.
HORARIO DE APERTURA DA BIBLIOTECA
- Luns, de 16:00 a 19:00
- Xoves, de 16:00 a 18:30
Informarvos tamén de que se queredes sacar libros ou cd's da biblioteca podedes facervos o carné da biblioteca.
O equipo da Biblioteca Axexo
CONCURSO DE MARCAPÁXINAS
CONCURSO DE MARCAPÁXINAS
Co gallo da conmemoración do DÍA DAS BIBLIOTECAS, o 24 de outubro, Axexo invítavos a participar nun concurso de marcapáxinas no que teredes que inventar un LEMA ILUSTRADO que trate sobre o MEDIO AMBIENTE.
Prazo de entrega: ata o 3 de novembro
Animádevos, podedes empregar todo tipo de materiais;
Mellor reciclados!!!
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
