Blogging tips

19 dic 2019

TALLERES EN 3º e 4º de EDUCACIÓN PRIMARIA

Durante este trimestre, o alumnado do 2º ciclo de E.P, aproximouse ao mundo da arte dende diferentes técnicas artísticas. O contido xirou en torno ao tema transversal deste ano académico, abordando cuestións que abarcaron diversas áreas: a orixe do universo e a vida no planeta Terra, os rastros que deixan os seres vivos, elementos do espazo, a vida e a arte dos primeiros seres humanos, como decoraban na Idade Antiga, como bailaban, como facían música...É un auténtico torbellino de ideas que en ocasións fainos voar...Pero merece a pena!

Deixámosvos algunhas imaxes do que deron de si. Faltan moitos traballos, pero á volta de vacacións prometemos completar esta publicación. Esperamos que vos guste!

Un neno de 4º dixo un día unha frase ben interesante: A IMAXINACIÓN É A NOSA INSPIRACIÓN! Podémonos aplicar o conto!

28 nov 2019

A SEMANA DE EXPERIMENTOS É TODO UN ÉXITO!

Estamos moi felices de comprobar como ao noso alumnado lle rechiflan os experimentos. Estes días, o recibidor do cole está a ser un fervedoiro de nenos e nenas que queren...FACER, MANIPULAR, OBSERVAR! PORQUE A EXPERIENCIA, O VIVIDO É A MELLOR DAS APRENDIZAXES!

Se o martes comezou a profe Mabel (E.I de 3 anos) cun experimento, do que podedes ver a entrada neste blog, onte, a encargada foi a profe Isa (2º de E.P). Alucinamos, porque fixo que un globo medrase soíño...Si, si, como o escoitades e informarvos de que esta mañá continuaba ben cheo!
O truco...Pois: bicarbonato e vinagre. Maxia, maxia!
Hoxe, as monitoras foron a profe Carolina (Audición e Linguaxe) e a profe Míriam (E.I de 4 anos).
Carolina fixo un experimento con xeo e sal, despois tivemos que pescar cun fío un cubiño de xeo. Moi curiosa foi a cousa!
Míriam ensinounos a facer unha lámpada de lava e tamén fixo maxia coas cores e o aceite. Precioso.
Bueno, mañá máis. Esperámosvos na entrada do colexio. Vémonos!

CANTO APRENDIMOS SOBRE ARQUEOLOXÍA!


A visita de Ángel Acuña Piñeiro foi increíble. Involucrouse con nós un montón, amosando ser un gran comunicador. Nótase que o seu traballo apaixónalle.
Mostrounos as ferramentas que emprega, a roupa que se ten que poñer, pezas de algunhas excavacións...

Tivo tanta paciencia que ata creou unha pequena excavación para que víramos o coidado e delicadeza coa que estes e estas profesionais, teñen que levar a cabo o seu traballo.

Todo o alumnado e profesorado quedamos impresionados e...Non é por nada! Pero agardamos volver a verte pronto.

26 nov 2019

MES DA CIENCIA EN GALEGO


Estamos no "Mes da Ciencia en Galego". Durante a última semana de novembro, na hora do recreo, o alumnado terá a oportunidade de levar a cabo diversos experimentos.
Hoxe, a profe Mabel (Ed.Infantil 3 anos), amosounos como romper a tensión superficial da auga. Foi...ALUCINANTE!

20 nov 2019

MAÑÁ TEMOS VISITA NA BIBLIOTECA AXEXO!

Xa estamos outra vez quentando motores, na nosa biblioteca, para recibir a visita dun novo experto que nos axude a coñecer algúns datos máis sobre o noso PDI.

Neste caso trátase do avó dun neno e unhas nenas do colexio: Ángel Acuña Piñeiro. El é un profesional da arqueoloxía, con moitos anos de experiencia e que dirixe a empresa ADRO ARQUEOLÓXICA.

Investigando, investigando...Averiguamos que, un dos traballos que realizou, foi a excavación dunha SALINAE (espazo para a salgadura) de orixe romana, que está localizada en Vigo, concretamente na rúa Rosalía de Castro. Tamén soubemos que ten realizado moitas investigacións noutros lugares de Galicia.

Mañá todos os nenos e nenas, tamén o profesorado, teredes ocasión de escoitar todo o que nos conta sobre o seu apaixonante traballo. Vémonos!


17 nov 2019

ESTA SEMANA CELEBRAMOS O DÍA DO PATRIMONIO

O día 16 de novembro do ano 1972 asinábase en París a Convención sobre patrimonio Mundial Cultural e Natural, a cal sentaba as bases para levar a cabo este tipo de protección sobre os bens culturais e naturais.

Pero...Que é o patrimonio? É o noso legado, a historia que ten chegado ata nós representada en edificios, obras de arte, oficios, historias, lugares fermosos...Todo aquelo que nos arrodea e fainos saber quenes somos e que temos a obriga de coidar e pasalo a outras persoas que vivirán despois de nós.

En total son 167 países de todo o mundo, os que teñen algún ben cultural ou natural declarado Patrimonio da Humanidade. Sabes que lugar ocupa España?...O TERCEIRO. O primeiro é Italia e o segundo China. Deixámosvos o seguinte enlace para que poidades ler un interesante artigo.

Patrimonio da Humanidade en España.

Por suposto, en Galicia temos algúns destes monumentos e lugares.

CATEDRAL DE SANTIAGO E CASCO HISTÓRICO.
Resultado de imagen de Catedral de Santiago en casco histórico"
A MURALLA DE LUGO.
  Resultado de imagen de muralla de lugo tour galicia"
A TORRE DE HÉRCULES.                         
 Resultado de imagen de torre de hércules tour galicia"
O CAMIÑO DE SANTIAGO
Resultado de imagen de o camiño de santiago"     Imaxes Turismo de Galicia e ViajescaminodeSantiago.

Nestes enlaces, podes realizar algunha visita dende o teu ordenador.

Museo virtual Torre de Hércules.

Visita virtual á Catedral de Santiago de Compostela.   

Pero non fai falta que os monumentos e lugares fermosos esten en "ningunha importante lista" para que teñamos que respectalos. Non esquezas que cada lugar que pisas garda unha historia e que, moitas persoas antes ca ti, estiveron alí.

Resultado de imagen de técnica estratigráfica para niños"

26 oct 2019

E POR FÍN CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS!

O venres día 25 de outubro, todos e todas celebramos que temos unha biblioteca no colexio na que convivir, aprender, investigar...E GOZAR! E así foi como o pasamos xenial con Alberto Romero "Romer".

Deunos unha gran sorpresa cando apareceu co seu traxe de arqueólogo e contounos as súas andanzas para entrar nas covas co grupo de arqueoloxía "MAÚSO". Decatámonos de que hai que estar moi preparados e preparadas para realizar este traballo, pero tamén hai que ter o entusiasmo que desborda Alberto que, coma sempre, conectou moi ben con nós. Achegounos a súa experiencia, pero contada dun xeito que puidésemos comprender.
Tamén trouxo a Silvana, unha serpe moi lambona que gozaba bebendo o leite das vacas do Monte Aloia. Quixemos que este réptil tan "amistoso" quedara no noso cole así que, en cada clase, fixemos un trociño de serpe: uns pintamos, outros enrugamos papel...Quedou chulísima! Mirade!
Seguro que nos vai facer compaña nas nosas investigacións deste curso.

23 oct 2019

DE COVAS E SERPES.

As lendas forman parte do noso patrimonio e moitas son as que acompañan a...A persoaxe da historia que teremos a ocasión de coñecer o próximo venres!

Para ter máis pistas da protagonista, deixamos un par de refráns.
Anque non me piquen,/ eu hei de picar,/ como son filla do demo/ todos me han de matar.

Unha señora deitada nun prado,/ vestida de pano labrado;/ nin era pano, nin era seda,/ e, o que a ve, pasmado se queda.

A nosa serpe ten nome propio, chámase "Silvana" e a trae na cabeza e no corazón o noso primeiro padriño, Alberto Romero "Romer".

El xa é un amigo para o noso colexio, achégase por cuarta vez (cursos 2014/2015-2015/2016-2018-2019), coa xenerosidade que o caracteriza, para amosarnos os seus coñecementos e amor polo patrimonio, a natureza, o saber popular, os libros...Será unha xornada ben fermosa na que tamén falará da súa experiencia persoal á hora de meterse nunha cova, co gupo de arqueoloxía "MAÚSO".

Non o esquezades, temos unha cita este venres na biblioteca con Romer e Silvana.
Alberto Romero Rodríguez, coñedido co alcume de Romer, é un home sabedor e "facedor" de moitas cousas. É un escultor (talla madera e pedra), pintor, guía e recuperador dos muíños do río Tripes, escritor de dous libros "Dende o Monte Aloia" e "Aloianos". Tamén é músico e ten feito de actor amateur e guionista. Sobre todo é humilde e amigo da rapazada. Tedes unha boa oportunidade de coñecelo.
Aquí deixamos un vídeo da Asociación dos Muíños do río Tripes, na que podedes ver a faceta de divulgador e conservador do patrimonio do noso convidado.

20 oct 2019

SEMANA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES: BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIDADANÍA



O próximo 24 de outubro, os colexios do PLAMBE somos un "fervedoiro". Na Biblioteca Axexo tamén estamos a prepararnos. 

Teremos unha visita moi especial, recibiremos ao "NOSO PRIMEIRO PADRIÑO DE PROXECTO". 

Na nosa escola vai aparecer un "SER" moi especial do que aprenderemos moitas cousas relacionadas coa cultura, a tradición, o patrimonio e a evolución.

Ah! Que estades intrigados e intrigadas?...Pois teredes que esperar algúns días máis. Non esquezades mirar as "paredes da cova de saída ao patio". Alí haberá algunha pista!Sssssssssssss!

De momento, aquí deixamos o "espírito de biblioteca" que é a proposta deste ano académico:

"A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, seguindo a súa dinámica de difusión das posibilidades que ofrece a biblioteca escolar ao conxunto da comunidade educativa, dá a coñecer o lema que propón ás bibliotecas escolares galegas para o presente curso 2019/2020: "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía". Nesta ocasión é o ilustrador Óscar Villán quen interpreta o lema e nos ofrece unha imaxe múltiple e evocadora de diversas situacións que unha biblioteca escolar pode facilitar. 
Intervir na biblioteca escolar (nos seus espazos, nos seus tempos, nos seus recursos e actividades) ten consecuencias para o alumnado e para a comunidade educativa. Das características e dos enfoques desa intervención dependen os usos e as oportunidades que a biblioteca pode ofrecer. Cómpre unha reflexión sobre a distribución dos espazos, a organización dos tempos, a selección dos recursos e, moi especialmente, sobre o enfoque das actividades, co fin de que a biblioteca escolar poida facilitar o diálogo, a lectura crítica, a reflexión, o acceso ao coñecemento, o pensamento, a investigación, a experimentación, a creación, a comunicación, a adquisición de competencias útiles para a vida e para a convivencia, para o desenvolvemento académico e persoal, para unha participación activa nunha sociedade máis xusta e igualitaria.
Nada disto é doado nin se consegue nun curso escolar. Cómpre sementar, crear ese hábitat axeitado para que os pequenos e as pequenas, os mozos e mozas vaian desenvolvendo a estima por si mesmos e polos recursos naturais e culturais á súa disposición, aprendan a convivir cos outros, adquiran paulatinamente os valores democráticos, o respecto polos Dereitos Humanos e a Cultura de Paz imprescindible para unha convivencia xusta, pacífica e enriquecedora para todos e todas. 

A biblioteca escolar pode chegar a ser ese "viveiro de cidadanía" no que medren en confianza as xeracións novas e poidamos forxar esperanza fronte aos retos que o mundo actual nos presenta." 

RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDO DO PASADO DENDE A ÁREA DE CIENCIAS NATURAIS.

Ao estudar a HISTORIA e a ARQUEOLOXÍA, o alumnado vai realizando preguntas que teñen máis que ver co que aconteceu antes DA APARICIÓN DOS PRIMEIROS HOMÍNIDOS.

A orixe do UNIVERSO, como apareceu O PLANETA TERRA, as primeiras FORMAS DE VIDA, a evolución dos ANIMAIS...

En resumo: QUENES SOMOS, DE ONDE VIMOS E ONDE IREMOS A PARAR...

Isto aos máis pequenos lles encantará!
Para coñecer a evolución do ser humano, isto para máis grandiños!
Este curso, para traballar a evolución, teremos un compañeiro inseparable. Sabedes de quen se trata?...


PDI 2019/2020: A ARQUEOLOXÍA.

O tema que vai guiar as investigacións das aulas neste curso será o da ARQUEOLOXÍA. No blog do colexio, podedes ver con máis detalle como realizamos a selección do tema a finais do curso anterior.

Deixamos algúns enlaces que atopamos de interese e que poden servir de motivación para comezar a nosa andaina:

Vídeo 1 Explicación sobre o que é a historia e as ciencias implicadas na mesma.
Vídeo 2 Primeira etapa da historia: A PREHISTORIA.
Vídeo 3 Segunda etapa da historia: IDADE ANTIGA.

COMEZO DO CURSO 2019-2020

Todos os cursos escolares, co inicio da actividade na nosa biblioteca, teñen lugar as charlas de formación para os nenos e nenas que queren colaborar no funcionamento deste espazo tan importante para todos e todas.
Na primeira semana deste mes houbo xuntanza do alumnado de 4º, 5º e 6º de E.P. A organización correu a cargo da profe Isa, que foi explicando as responsabilidades que teñen que asumir os nenos e nenas que, voluntariamente, traballen cos libros.
Deixamos unhas imaxes destas sesións.

6 may 2019

DÍA DO LIBRO 2019: OS NOSOS LIBROS FAVORITOS

O día 23 de abril conmemoramos no colexio o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO.

Tivemos algunha visita sorpresa...Xa o contaremos noutra entrada!

Tamén fixemos uns traballos moi chulos. Debuxamos o noso retrato nun libro e escribimos e debuxamos sobre as nosas lecturas favoritas. Nin imaxinades a cantidade de libros que nos gustan!

Estades convidados a dar un paseo polos corredores do centro e ver as nosas obras de arte. Como adianto, deixamos algunhas imaxes do que fixemos os nenos e nenas de E.I e E.P.


                     EDUCACIÓN PRIMARIA

QUEN CONTA UN CONTO?

Na semana do "DÍA DO LIBRO" en 6º de E.P, na hora de ler, algúns nenos e nenas animáronse a contarlles un conto aos seus compañeiros e compañeiras.

Que mellor xeito de conmemorar esta data que compartindo historias?

Aquí vos deixamos algunhas imaxes para que vos fagades unha idea.



18 feb 2019

DÍA DE ROSALIA

O 24 de febreiro, Rosalía de Castro estaría de aniversario, por iso celébrase o DÍA DE ROSALÍA.
Rosalía de Castro era unha poeta galega, pero para Galicia é moito máis, é un símbolo da sensibilidade cultural do noso país e da reivindicación do papel das mulleres no mundo.

Aqui vos deixamos algunhas imaxes de libros de Rosalía de Castro que podedes atopar na biblioteca.



 
Entrada feita por: Karla, Noa, Alexia, Adrián, Hugo, Lara e Estela.