Blogging tips

28 nov 2019

A SEMANA DE EXPERIMENTOS É TODO UN ÉXITO!

Estamos moi felices de comprobar como ao noso alumnado lle rechiflan os experimentos. Estes días, o recibidor do cole está a ser un fervedoiro de nenos e nenas que queren...FACER, MANIPULAR, OBSERVAR! PORQUE A EXPERIENCIA, O VIVIDO É A MELLOR DAS APRENDIZAXES!

Se o martes comezou a profe Mabel (E.I de 3 anos) cun experimento, do que podedes ver a entrada neste blog, onte, a encargada foi a profe Isa (2º de E.P). Alucinamos, porque fixo que un globo medrase soíño...Si, si, como o escoitades e informarvos de que esta mañá continuaba ben cheo!
O truco...Pois: bicarbonato e vinagre. Maxia, maxia!
Hoxe, as monitoras foron a profe Carolina (Audición e Linguaxe) e a profe Míriam (E.I de 4 anos).
Carolina fixo un experimento con xeo e sal, despois tivemos que pescar cun fío un cubiño de xeo. Moi curiosa foi a cousa!
Míriam ensinounos a facer unha lámpada de lava e tamén fixo maxia coas cores e o aceite. Precioso.
Bueno, mañá máis. Esperámosvos na entrada do colexio. Vémonos!

CANTO APRENDIMOS SOBRE ARQUEOLOXÍA!


A visita de Ángel Acuña Piñeiro foi increíble. Involucrouse con nós un montón, amosando ser un gran comunicador. Nótase que o seu traballo apaixónalle.
Mostrounos as ferramentas que emprega, a roupa que se ten que poñer, pezas de algunhas excavacións...

Tivo tanta paciencia que ata creou unha pequena excavación para que víramos o coidado e delicadeza coa que estes e estas profesionais, teñen que levar a cabo o seu traballo.

Todo o alumnado e profesorado quedamos impresionados e...Non é por nada! Pero agardamos volver a verte pronto.

26 nov 2019

MES DA CIENCIA EN GALEGO


Estamos no "Mes da Ciencia en Galego". Durante a última semana de novembro, na hora do recreo, o alumnado terá a oportunidade de levar a cabo diversos experimentos.
Hoxe, a profe Mabel (Ed.Infantil 3 anos), amosounos como romper a tensión superficial da auga. Foi...ALUCINANTE!

20 nov 2019

MAÑÁ TEMOS VISITA NA BIBLIOTECA AXEXO!

Xa estamos outra vez quentando motores, na nosa biblioteca, para recibir a visita dun novo experto que nos axude a coñecer algúns datos máis sobre o noso PDI.

Neste caso trátase do avó dun neno e unhas nenas do colexio: Ángel Acuña Piñeiro. El é un profesional da arqueoloxía, con moitos anos de experiencia e que dirixe a empresa ADRO ARQUEOLÓXICA.

Investigando, investigando...Averiguamos que, un dos traballos que realizou, foi a excavación dunha SALINAE (espazo para a salgadura) de orixe romana, que está localizada en Vigo, concretamente na rúa Rosalía de Castro. Tamén soubemos que ten realizado moitas investigacións noutros lugares de Galicia.

Mañá todos os nenos e nenas, tamén o profesorado, teredes ocasión de escoitar todo o que nos conta sobre o seu apaixonante traballo. Vémonos!


17 nov 2019

ESTA SEMANA CELEBRAMOS O DÍA DO PATRIMONIO

O día 16 de novembro do ano 1972 asinábase en París a Convención sobre patrimonio Mundial Cultural e Natural, a cal sentaba as bases para levar a cabo este tipo de protección sobre os bens culturais e naturais.

Pero...Que é o patrimonio? É o noso legado, a historia que ten chegado ata nós representada en edificios, obras de arte, oficios, historias, lugares fermosos...Todo aquelo que nos arrodea e fainos saber quenes somos e que temos a obriga de coidar e pasalo a outras persoas que vivirán despois de nós.

En total son 167 países de todo o mundo, os que teñen algún ben cultural ou natural declarado Patrimonio da Humanidade. Sabes que lugar ocupa España?...O TERCEIRO. O primeiro é Italia e o segundo China. Deixámosvos o seguinte enlace para que poidades ler un interesante artigo.

Patrimonio da Humanidade en España.

Por suposto, en Galicia temos algúns destes monumentos e lugares.

CATEDRAL DE SANTIAGO E CASCO HISTÓRICO.
Resultado de imagen de Catedral de Santiago en casco histórico"
A MURALLA DE LUGO.
  Resultado de imagen de muralla de lugo tour galicia"
A TORRE DE HÉRCULES.                         
 Resultado de imagen de torre de hércules tour galicia"
O CAMIÑO DE SANTIAGO
Resultado de imagen de o camiño de santiago"     Imaxes Turismo de Galicia e ViajescaminodeSantiago.

Nestes enlaces, podes realizar algunha visita dende o teu ordenador.

Museo virtual Torre de Hércules.

Visita virtual á Catedral de Santiago de Compostela.   

Pero non fai falta que os monumentos e lugares fermosos esten en "ningunha importante lista" para que teñamos que respectalos. Non esquezas que cada lugar que pisas garda unha historia e que, moitas persoas antes ca ti, estiveron alí.

Resultado de imagen de técnica estratigráfica para niños"